EMPRESAS AMIGAS:
As Novas de Bodyboard
- A quen madruga... Bruno Novoa
- 3ª Proba do Circuíto Galego Open de Bodyboard 2012 [- Oxígeno Pizzbur Contest VIDEO]
- Inscríbete no Oxígeno Pizzbur Contest
- Lembrando o Surfusion DK 2011 - Lodofilms
- Oxígeno Pizzbur Contest
- Trip Surf Galice 2012 [VIDEO]
- Kuko Martín Profile - Liquen Concepts [VIDEO]
- Francisco Ferreiro vence na segunda proba do Circuito BB Galego 2012
- Secret Spot - Bruno Novoa
- 2ª Proba do Circuito Galego Open de Bodyboard - Valcobo - 24 e 25 Marzo
- Gray Day [VIDEO]
- I LOVE BODYBOARD [VIDEO]
O máis visitado este mes
- 3ª Proba do Circuíto Galego Open de Bodyboard 2012 [- Oxígeno Pizzbur Contest VIDEO]
- Inscríbete no Oxígeno Pizzbur Contest
- Crónica e resultados da 2ª proba do Circuíto Galego Junior e Infantil en Patos
- A quen madruga... Bruno Novoa
- Bo resultado da Armada Galega Surfeira en Hossegor
- Lembrando o Surfusion DK 2011 - Lodofilms
- Nova tenda de Vazva en Santiago!
- Xente de Ancoradoiro [VIDEO]
- Back to Galicia [VIDEO]
- 2ª Proba do CG Open de Longboard e Paddle surf na praia de Nemiña
Novidades Surfmarket.org
|
Traje de Surf 3.2 Billabong 17 May 2012 Traje de surf marca Billabong para chico grosor 3.2 mm,... |
|
Vendo Quicksilver chyper verde!!4.3mm TAYA MS 17 May 2012 Vendo Quicksilver chyper verde 4.3mm taya ms muy muy nuevo,lo... |
|
Tabla Full Cas 16 May 2012 Tabla Full&Cas 6´1 x 18 1/4 x 2 1/4 nueva... |
|
kit windsurf 15 May 2012 kit windsurf
vela bic slalom 6.4=100e
mastil carbono=90e
botavara verde=80e
botavara azul=60
arnes= 30e
chaleco=20e
oferta!!! todo... |
|
Tabla wow 12' 15 May 2012 Tabla ideal para realizar travesías e iniciarse en olas. Pad... |
DIRECTORIO DE EMPRESAS:
SOLIDARIEDADE SURFEIRA!
As novas da FGS:
|
Formacion Jueces Nacional 11 May 2012 |
Quen está conectado?
Temos 364 convidados en liñaFai unha Doazón!
SurfGZ.com somos uns 4.000 lectores habituais e realizamos unhas 9.000 visitas e 18.000 páxinas visitadas cada mes. Mante-la web actualizada leva horas de traballo e ti podes axudar co que queiras, mesmo con 1,2,3 ou 5 euros.
SurfGZ.com vive dos anunciantes, sponsors e dos seus lectores. Se che gusta e podes, contribue a manter esta web en marcha. Graciñas!
| Comeza o Deeply Surfusiom 2010!! |
| Mércores, 01 Setembro 2010 21:16 |
|
Aínda coa resaca da Pantín Classic de surf, a costa galega non dá tregua ás ondas e esta mesma semana, do 2 ao 5 de setembro, volve ruxir o mar noutro evento de gran magnitude, a 7ª edición do DEEPLY-SURFUSIOM. Unha proba, se cabe, máis importante que o Pantín Classic polo que supón a nivel internacional no mundo do bodyboard.
Un ano máis, o Clube de Surf e Bodyboard Grosso organiza no ferrolán areal de Doniños un evento que, nesta ocasión, estará dedicado completamente ao bodyboard. Máis de 120 participantes vindos de todos os recunchos surferos do planeta asistirán a unha proba decisiva que contará con varios campións do mundo e cos principais expoñentes nacionais, moitos deles nados en Galicia. Na súa sétima edición, o bodyboard é o único protagonista de DEEPLY-SURFUSIOM 2010, iso si, con dúas modalidades completamente diferentes pero co nexo común da súa espectacularidade. DEEPLY FERROL PRO é a proba reina e mantén o nivel entre os mellores eventos do Circuíto Mundial, grazas ao patrocinio principal do Concello de Ferrol e da marca Deeply pertencente ao grupo Sport Zone, que posúe un dos seus establecementos no centro comercial Odeón de Narón. Os deportistas que participen nesta proba surfearán as ondas tombados nas súas bodyboards, nun estilo internacionalmente coñecido como prone. Por outra banda, a organización de DEEPLY-SURFUSIOM 2010 tampouco quixo deixar de lado o outro estilo imperante no bodyboard, o drop-knee, popularmente coñecido en Galicia como "toureira". O DONIÑOS DROPKNEE SERIES presentado por Ocean´s Network converteuse nun referente a nivel mundial desta modalidade e, do mesmo xeito que o DEEPLY FERROL PRO, contará, outra edición máis, cos mellores especialistas do planeta. A estas alturas do campionato, a proba ferrolá, unha das máis puntuadas do Circuíto Mundial DropKnee, volverá ser decisiva para elixir o campión do mundo, dado o apertada que se atopa a clasificación a estas alturas do circuíto. Non se descarta laurear o flamante campión do mundo na praia de Doniños, se as combinacións numéricas son propicias. Como o trato que se merece unha autoridade na materia, a organización de DEEPLY-SURFUSIOM 2010 e o Concello de Ferrol teñen prevista para mañá, día 1 de setembro, unha recepción oficial ao máis importante 'corchero' de todos os tempos, a lenda viva estadounidense Mike Stewart. Un verdadeiro embaixador do bodyboard internacional que ostenta nove cetros de Campión do Mundo. Ás 12 da mañá, o alcalde de Ferrol, o tamén surfeiro Vicente Irisarri; en compañía de Carlos García, presidente da Federación Española de Surf; recibirán ao deportista hawaiano no consistorio departamental, nunha cerimonia na que Stewart estará acompañado de Terry Mckenna, director do circuíto ÍA World Tour; e representantes da organización de DEEPLY-SURFUSIOM10. Toda a prensa está convidada a participar nesta recepción. Ano a ano, cun esforzo constante, DEEPLY-SURFUSIOM ha ir crecendo en cantidade e calidade. Esta iniciativa naceu alá polo ano 2004, da man do Club de Surf e Bodyboard Grosso de Doniños, grazas ao apoio do Padroado de Deportes do Concello de Ferrol. Na actualidade, a proba segue contando co patrocinio do concello ferrolán, pero ademais ha ir sumando novos patrocinadores con cada edición, como Deeply, Sport Zone e Ocean´s Network. Ademais da nómina de patrocinadores, Leite Pascual, Cabreiroá, Ivo Copy, Pan Nosco, Glassyrede e Refresh colaboran con este evento que en 2008 alcanzou a cúspide do Circuíto Mundial ÍA Tour. Finalmente, toda a organización quedaría inválida sen o grupo de media partners que apoiarán co seu traballo esta edición de DEEPLY-SURFUSIOM. Un cesto con vimbias moi profesionais que inclúe empresas da talla de Ride It, Meduxa.com, Zona Bodyboard, A Remojo ou Factoría de Ondas. Para que todo estea a punto para o espectáculo que terá lugar do 2 ao 5 de setembro no areal de Doniños. Sigan toda a información en directo da DEEPLY-SURFUSIOM 2010 na páxina web www.deeplysurfusiom.com. Toda a competición, as noticias máis relevantes, entrevistas, os resultados actualizados ao instante e os resumos máis destacados de cada xornada. Para máis información, consultade co departamento de prensa de DEEPLY-SURFUSIOM 2010: Silvia Perez Fonte do artigo: http://www.grossoweb.com/ |
2 Comentarios
Engadir comentario
O Noso Twitter
Outras noticias que tamén che poden interesar:
Empresas Amigas:
Oxígeno Surf School -...![]() Descripción: Oxigeno Surf School&Camp é unha escola campamento de Surf, KiteSurf e Sup (PaddleSurf) que actúa na zona de A Mariña e Ortegal. Nace en 2009 da colaboración entre Glass Surf Clube e a Federación Galeg ... |
SilfoCamps - Escola de Surf...![]() Descripción: Clases e cursos: A escola de surf e campamentos Silfocamps, está dirixida para que todos aqueles que queiran iniciarse neste apaixoante deporte, o fagan do xeito máis rápido, fácil e divertido. Ade ... |
Ohana Surfboards![]() Descripción: "Ohana surfboards" é unha marca de táboas de surf feitas en Razo, Galicia. Emerson e Borja son os creadores desta interesantísima proposta que nos ofrece táboas de surf de alta calidade que seguro ... |











Como nas dúas últimas edicións, a competición máis destacable do DEEPLY-SURFUSIOM 2010 será a proba do Circuíto Mundial de Bodyboard ÍA World Tour 2010, puntuable para o Campionato do Mundo de Bodyboard. Por iso, os mellores especialistas en bodyboard do globo teñen cita obrigada nas augas de Doniños, unha das probas máis valoradas do Vello Continente; máis se cabe tras a desaparición de dous eventos europeos na xira mundial.








ana fixo este comentario
Xoves 2 Setembro, 2010
SurfGZ fixo este comentario
Venres 3 Setembro, 2010