Cartel

EMPRESAS AMIGAS:

Cartel

PREVISIÓN DE ONDAS

Mapa de Ondas

Cartel

Novidades Surfmarket.org

Vendo tabla de surf NSP 6'4 tipo fish por no...
FCS PETER DANIELS Talla M, en perfecto estado, sin ningun...
Traje de surf marca Billabong para chico grosor 3.2 mm,...
Vendo Quicksilver chyper verde 4.3mm taya ms muy muy nuevo,lo...
Tabla Full Cas 16 May 2012
Tabla Full&Cas 6´1 x 18 1/4 x 2 1/4 nueva...

DIRECTORIO DE EMPRESAS:

SOLIDARIEDADE SURFEIRA!

Cartel


O TEMPO


Meteogalicia.es




Quen está conectado?

Temos 406 convidados en liña

Fai unha Doazón!

Novas alegacións contra a Escola de Surf en Doniños
Xoves, 11 Marzo 2010 01:00

Verdegaia e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) rexeitan o edificio de socorrismo e escola de surf previsto nas dunas de Doniños por afectar a hábitats e especies protexidos (entre outras especies, a dous endemismos exclusivos da costa de A Coruña).

Costas de Galicia e o Concello de Ferrol presentaron o pasado luns ó Consello Sectorial de Medio Ambiente os cambios introducidos no proxecto da nova caseta de socorrismo e escola de surf que Costas construirá en Doniños e escola de Surf (Proxecto publicado na revista Plataforma Arquitectura o 27 de xaneiro co título: Proyecto Instalaciones Actividades Nauticas Playa Doniños / Manuel Fonseca Gallego).

SGHN e Verdegaia rexeitan o proxecto nos seus actuais termos porque, tanto o emprazamento previsto para o edificio de salvamento e escola municipal de surf como a rexeneración dunar proxectada, resultan inaxeitados desde o punto de vista ambiental, ao vérense directamente afectados diversos hábitats naturais e especies de interese comunitario, legalmente protexidos, presentes no espazo dunar afectado polo proxecto. Entre as especies botánicas de relevancia, cómpre destacar os endemismos Omphalodes littoralis subsp. gallaecica e Linaria poligalifolia susp. aguillonensis, catalogadas en perigo de extinción (Decreto 88/2007, de 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de Especies Ameazadas). De feito, no apartado 2.1.6.3.3. do Estudo de Impacto Ambiental (en diante E.I.A.), recoñécese que "(...) también se ha constatado su presencia en la zona donde se proyecta la construcción de las instalaciones, incluida en la unidad paisajística denominada ambiente dunar alterado".

Estas dúas especies botánicas son endemismos exclusivos da costa coruñesa, están catalogados pola UICN "En perigo" e están incluídas no "Atlas y libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España". Esta publicación informa que as últimas poboacións de Omphalodes littoralis viven nalgúns dos sistemas dunares coruñeses mellor conservados cunha área de ocupación reducida e cita expresamente á Praia de Doniños como un dos lugares nos que a súa presenza se rarificou.

O "Atlas y libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España" menciona como ameazas a adecuación das praias con fins turísticos, o pisoteo e os deportes motorizados e propón como medidas de protección, entre outras, impedir a urbanización ou establecemento de infraestruturas sobre as súas poboacións

Por outra banda, débese considerar ademais que o edificio proxectado sobre o espazo dunar de Doniños, destinado a salvamento e escola municipal de surf , é unha instalación auxiliar para vestiarios, oficina e almacén que non ten por que situarse necesariamente nun lugar onde se teña que divisar a beiramar, como se afirma no proxecto, dado que o persoal de salvamento debe percorrer a praia ou vixiar desde as cadeiras de observación instaladas ao longo da mesma, quedando garantido de forma efectiva o servizo de vixiancia. Hai que resaltar ademais, que o Concello de Ferrol ofrece servizo de salvamento só durante os meses de xullo e agosto, polo que sería máis recomendable utilizar instalacións provisionais durante eses dous meses e non ocupar permanentemente un lugar tan sensible.

Co pretexto de ter que situar o devandito edificio nun lugar desde o que se poda divisar a beiramar, o que realmente se persegue é dispoñer dunha tribuna para presidir as competicións de surf e outras actividades náuticas; o que resulta inadmisi ble cando iso conleva a degradación e/ou destrución de hábitats naturais e de especies legalmente protexidos que motivaron a inclusión deste espazo dunar na Rede Natura 2000 (estaríamos facendo todo o contrario do que o "Atlas y libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España" propón).

Verdegaia e SGHN queren deixar claro que non teñen nengunha xenreira contra o surf, considerado como un deporte náutico non agresivo coa contorna natural. Pola contra, as competicións deste deporte si ocasionan un importante impacto ambiental cando numerosas persoas se concentran no sistema dunar para observar aos/as surfistas degradando, como consecuencia, a vexetación psamófila. A situación agrávase cando se pretende construír un edificio auxiliar como o que nos ocupa en hábitats dunares protexidos legalmente.

Despois de que a Demarcación de Costas en Galicia procedese á demolición de varias edificacións no sistema dunar de Doniños polo seu impacto ambiental e por vulnerar a legalidade, resulta incongruente que agora promova no mesmo espazo (independentemente de que se efectúe fóra do Dominio Público Marítimo-Terrestre) a construción dunha nova edificación que, ademais de degradar e/ou eliminar hábitats naturais e especies legalmente protexidos, perpetuaría a antropización deste ecosistema. De feito, no apartado 3.4.1.3. do E.I.A., recoñécese que "La ubicación de la edificación proyectada, en un sector de dunas remontantes (...) supone una alteración de la morfología dunar y su dinámica sedimentaria, patente ya en la fase de obras (...)".

Ademais, a suposta integración do edificio no espazo dunar semella estar abocada ao fracaso, tal e como se pon de manifesto no apartado 5.3. do Estudo Florístico do E.I.A., no que se afírma que "El problema principal está en el recubrimiento de la parte superior del edificio, supuestamente con vegetación del entorno. Las condiciones físicas del terreno con suelos arenosos hacen imposible la fijación de este material (...). El uso de Floradrain (...) es válido para unas determinadas especies, que no coinciden con las especies dunares. Otro problema de la construcción es su orientación y forma, se encuentra formando unha barrera contra los vientos dominantes que evitan el remonte de la arena provocando probablemente acumulaciones sobre el edificio, que serán más evidentes en invierno (...)".

Máis fracaso semella resultar aínda a pretensión de facer xermolar sementes do endemismo botánico denominado Omphalodes littoralis, catalogado en perigo de extinción, sobre a cuberta do devandito edificio co obxecto de "conservar" esta especie. De feito, no apartado 5 do E.I.A. (páxina 111), recoñécese que "Esta opción resulta a priori innovadora, ya que no se han encontrado experiencias similares para conservación de especies anuales. (...) desde el punto de vista técnico, cuenta con ciertas dificultades: - El substrato arenoso hace delicadas las operaciones de decapado y conservación de la muestra (...). - Esta técnica de manejo supone (...) un cierto riesgo de introducción de especies invasoras. - No existen experiencias previas que garanticen el éxito de la medida". Ademais, tal e como se recolle no "Atlas y libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España" descoñécese a bioloxía reproductiva desta especie e debería iniciarse un estudo da mesma.

Sobre este último punto, destacamos a contradición que hai en que por un lado se fale de conservar un banco de sementes na cuberta do edificio e, por outro, nas infografías da presentación do proxecto se coloque a figuras humanas disfrutando das excelentes vistas sobre a praia que ofrece. Contradición que se mantén nas declaracións da Concelleira de Medio Ambiente publicadas polo Diario de Ferrol o pasado 23 de febreiro

En canto á "restauración" dunar prevista, todo parece indicar que non se vai facer distinción algunha entre a duna móvil e a duna fixa, nen tampouco ter en conta a disposición natural dos diferentes hábitats e comunidades botánicas presentes (ou o que quede deles, de levarse a cabo o proxecto nos seus actuais termos), procedéndose á sustitución dos hábitats e especies orixinais do ámbito afectado polas obras pola especie Ammophila arenaria; máis propia de dunas móviles.

Segundo se desprende do plano nº 10 do E.I.A., titulado "fauna", as infraestruturas proxectadas localizaríanse nunha área considerada como relevante para a avifauna, alén de ser unha zona de paso desta. No apartado 3.4.1.9. do E.I.A. recoñécese que "La fauna sufrirá el impacto asociado a la construcción de las instalaciones proyectadas (...) de forma directa sobre la avifauna (...) e indirectamente por la modificación de hábitats y biotopos". A instalación dun cercado perimetral durante a fase de execución das obras ou o cesamento das mesmas durante o período de nidificación das especies, como medida correctora, non resolverían o problema, dado que unha vez postas en funcionamento as instalacións o impacto sería permanente pola presenza humana tanto no edificio como nas pasarelas peonís proxectadas.

Pese a que no E.I.A. recoñécese o impacto negativo das obras sobre os hábitats naturais e a flora e fauna legalmente protexidas, dubidándose incluso a viabilidade das medidas correctoras propostas, no mesmo atrévense, non obstante, a valorar o impacto do proxecto como compatíbel; o que resulta carente de todo rigor e obxectividade. O feito de existiren na zona dunar afectada hábitats naturais de interese comunitario e especies endémicas en perigo de extinción xa debería ser motivo máis que suficiente para descartar a execución do proxecto nese lugar.

Artigo orixinal: http://www.verdegaia.org/content/view/1037/140/

Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
 
1 Vote

0 Comentarios

Engadir comentario

 

O Noso Twitter

Cartel

Empresas Amigas:

Surf&Rock School - Carballo
Surf&Rock School - Carballo
Descripción: Si tienes ganas de escapar de su rutina diaria, en la Escuela Surf & Rock te ofrecemos la gran experiencia del Surf: - Surf Camp para principiantes y avanzados en Galicia, España. - Clases ...
SilfoCamps - Escola de Surf...
SilfoCamps - Escola de Surf - Malpica
Descripción: Clases e cursos: A escola de surf e campamentos Silfocamps, está dirixida para que todos aqueles que queiran iniciarse neste apaixoante deporte, o fagan do xeito máis rápido, fácil e divertido. Ade ...
Patos Surf Escola - Praia...
Patos Surf Escola - Praia de Patos - Nigrán
Descripción: Esta escola de surf leva dando clases dende o ano 1993. As clases de surf, bodyboard e longboard son na Praia de Patos no Concello de Nigrán. Teñen dous niveis de cursos: Iniciación ou perfeccio ...
Cartel

EMPRESAS AMIGAS:

Kalufa Surf School - Lanzarote
Kalufa Surf School - Lanzarote
Categoría: Surfaris - Viaxes de Surf
Descripción: O surf está ao alcance de todos, pero é un deporte extremo. Remar no océano sen a experiencia de quen o coñece é perigoso. Tentar a surfear sós é perigoso. Os monitores Kalufa levan a vida enteira nas ...
Concello: La Santa
Teléfono: 0034 661 050966
Páxina Web: www.kalufasurfschool.com
Visitas: 255
Prado Surf Escola - Praia de Patos - Nigrán
Prado Surf Escola - Praia de Patos - Nigrán
Categoría: Escolas de Surf - Surfcamps Galicia
Descripción: As clases de surf, bodyboard e longboard impartense ó longo de todo o ano na Praia de Patos (Nigrán) lugar onde se ubica a sede da escola. Trátase dun precioso areal que conta con bandeira azul e que ...
Concello: Nigrán
Teléfono: 636 024 702 / 653 929 347
Páxina Web: www.pradosurfescola.com
Visitas: 206
Cartel

Máis votadas!

  1. Surf no Inverno - FUGAS [PDF]

    5.0 of 5 stars from 17 votes.
  2. WS-Xtreme Novo Clube nas Rías Baixas

    5.0 of 5 stars from 16 votes.
  3. Line Up Primaveral e Secuencia de Pablo Irisarri

    5.0 of 5 stars from 14 votes.
  4. Óscar Prieto e Erika Franco vencen no Open de Surf Concello de Nigrán 2011

    5.0 of 5 stars from 13 votes.
  5. Superbank Galego - Occy

    5.0 of 5 stars from 10 votes.
  6. Ata Sempre Queima!

    5.0 of 5 stars from 10 votes.

Últimos comentarios

  1. Re: Crónica e resultados da 2ª proba do Circuíto Galego Junior e Infantil en Patos

    Posted on Martes 24 Abril, 2012 by SurfGZ.

    Nome corrixido. Gracias pola axuda.

  2. Re: Crónica e resultados da 2ª proba do Circuíto Galego Junior e Infantil en Patos

    Posted on Martes 24 Abril, 2012 by Raquel Dopazo.

    Por favor corrijan el nombre de...

  3. Re: Olas e Raiolas [VIDEO]

    Posted on Sábado 21 Abril, 2012 by mendi.

    muy guapo el plano d la ola en el...

RSS WEBPORTIO

Google PageRank Checker