EMPRESAS AMIGAS:
As Novas da Costa
- Fotos da Limpeza de Praia en Doniños
- Colabora nas Iniciativas Océanicas 2012
- Aberta a lagoa da Frouxeira - Valdovino.net
- Denuncian o estado pésimo da praia de Nemiña
- Salmón nas rías NON!
- Bandeiras Negras 2011
- 5ª Marcha a Pé: Ferrol > Mugardos - 22 de Xullo
- Defende as Nosas Rías - 5 de Xuño en Muros
- 864 puntos de verquidos nas nosas Rías
- Crónica da Limpeza de Doniños
O máis visitado este mes
- 3ª Proba do Circuíto Galego Open de Bodyboard 2012 [- Oxígeno Pizzbur Contest VIDEO]
- A quen madruga... Bruno Novoa
- Inscríbete no Oxígeno Pizzbur Contest
- Crónica e resultados da 2ª proba do Circuíto Galego Junior e Infantil en Patos
- Bo resultado da Armada Galega Surfeira en Hossegor
- Nova tenda de Vazva en Santiago!
- Lembrando o Surfusion DK 2011 - Lodofilms
- Entrevista a Diego Álvarez - Kike Aradas
- 2ª Proba do CG Open de Longboard e Paddle surf na praia de Nemiña
- Xente de Ancoradoiro [VIDEO]
Novidades Surfmarket.org
|
Tabla de surf NSP 6'4 epoxi 22 May 2012 Vendo tabla de surf NSP 6'4 tipo fish por no... |
|
Quillas FCS PETER DANIELS - 45€ 18 May 2012 FCS PETER DANIELS Talla M, en perfecto estado, sin ningun... |
|
Traje de Surf 3.2 Billabong 17 May 2012 Traje de surf marca Billabong para chico grosor 3.2 mm,... |
|
Vendo Quicksilver chyper verde 4.3mm taya ms muy muy nuevo,lo... |
|
Tabla Full Cas 16 May 2012 Tabla Full&Cas 6´1 x 18 1/4 x 2 1/4 nueva... |
DIRECTORIO DE EMPRESAS:
SOLIDARIEDADE SURFEIRA!
As novas da FGS:
|
Formacion Jueces Nacional 11 May 2012 |
Quen está conectado?
Temos 399 convidados en liñaFai unha Doazón!
SurfGZ.com somos uns 4.000 lectores habituais e realizamos unhas 9.000 visitas e 18.000 páxinas visitadas cada mes. Mante-la web actualizada leva horas de traballo e ti podes axudar co que queiras, mesmo con 1,2,3 ou 5 euros.
SurfGZ.com vive dos anunciantes, sponsors e dos seus lectores. Se che gusta e podes, contribue a manter esta web en marcha. Graciñas!
| Oposición ecoloxista ao novo edificio da escola municipal de surf en Doniños |
| Xoves, 23 Outubro 2008 21:05 | |||
Verdegaia denuncia a utilización de falsos argumentos por parte dos promotores do proxecto, con respecto ao estado de conservación das dunas, para xustificar a construción do novo edificio. Demanda a redación dun novo proxecto que respecte íntegramente o espazo dunar. En relación ao "Proxecto de Rexeneración, Restauración Dunar e Dotación de Equipamentos na Praia de Doniños (Ferrol)", promovido polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino, a asociación ecoloxista Verdegaia ven de remitirlle á Dirección General de Calidad y Evaluación Ambiental de dito Ministerio un escrito sobre as consideracións de dita asociación a respeito das diversas actuacións do proxecto, tras someterse a consulta si sería necesario ou non someter o proxecto ao trámite de Avaliación de Impacto Ambiental, dacordo co R.D.L. 1/2008, do 11 de xaneiro. O primeiro que chama a atención deste procedimento de consulta é que se lle remita a documentación do proxecto a entidades ecoloxistas de ámbito estatal que practicamente non teñen actividade na Galiza coa clara intención, neste caso, de esquivar o rexeitamento do proxecto por parte das entidades ecoloxistas galegas, dado que teñen un maior coñecimento do espazo natural que resultaría afectado pois, baixo o falso epígrafe da rexeneración e restauración ambiental, preténdese construir un novo edificio de salvamento (que incluiría unha escola municipal de surf, tamén coñecida como Instalación Municipal de Actividades Náuticas) no espazo dunar de Doniños, ao máis puro estilo californiano, afectando a diferentes hábitats naturais da Rede Natura 2000; nomeadamente, "Dunas móviles con Ammophila arenaria (Código 2120)", "*Dunas fixas con vexetación herbácea (Código 2130)", "Dunas con céspedes de Malcomietalia (Código 2230)" e "Depresións intradunares húmidas (Código 2190)", entre otros hábitats. Tamén se afectarían a comunidades vexetais de grande interese como *Omphalodes littoralis subsp. gallaecica (endemismo galego de interese prioritario incluido no Anexo II da Directiva 92/43/CEE e catalogado como en perigo de extinción), Iberis procumbens (Anexo II da Directiva 92/43/CEE), Silene scabriflora subsp. gallaecica (endemismo galego), entre outras. ![]() Tal é o interese por construir este novo edificio nas dunas remontantes de Doniños que os promotores do proxecto chegan a afirmar cínicamente que "La actuación proyectada no afecta directamente a ninguno de los hábitats mencionados", dando a entender que ditos hábitats dunares só se atopan nas proximidades do lugar no que se pretende levar a cabo as instalacións proxectadas; o que resulta manifestamente falso. Incluso se chega a esaxerar o estado de conservación dos mesmos ao afirmar que se trata de "ambientes bastante degradados" cando en realidade, e apesares da existencia de numerosos carreiros, o estrato vexetativo das dunas afectadas atópase nun estado de conservación óptimo. Desde Verdegaia consideramos inaceptabel que o novo edificio de "salvamento y socorrismo y escuela municipal de surf" se pretenda construir nun espazo dunar da Rede Natura 2000, cando existen outras alternativas de menor impacto ambiental como a instalación dun edificio de madeira, similar ao existente no areal de Pantín (Valdoviño), situado no lugar onde confluen o aparcadoiro e a pasarela peatonal de madeira de Doniños, fóra do Dominio Público Marítimo-Terrestre, para o servizo de salvamento do areal. Ou aproveitar os edificios infrautilizados da derruida galería de tiro no lugar de Outeiro (Doniños) para a escola municipal de Surf, por exemplo. Non achamos motivos razoables para que forzosamente o novo edificio de salvamento deba situarse nun lugar onde "... deberá divisarse la linea de orilla y las sillas de los vigilantes de la playa", cando este tipo de instalacións están destinadas única e exclusivamente a vestiario, oficinas e armacén, dado que o persoal de socorrismo debe estar vixiando a pé de praia, ollando desde as cadeiras instaladas a tal efecto, ou ben percorrendo o areal. Polo que a posibilidade de situar o novo edificio de salvamento no ponto de confluencia dos aparcadoiros e da pasarela de madeira, fóra do D.P.M.T., en absoluto "..., impediría la vigilancia de salvamento ...", como se chega a afirmar no apartado nº 4 da Memoria, relativo ás principais alternativas estudadas. O único motivo que observamos para que as novas instalacións se pretendan executar a costa de sacrificar as dunas remontantes de Doniños é que o novo edificio sirva ao mesmo tempo como tribuna para presidir as competicións de surf ou dotros deportes náuticos. O que resultaría moi grave, tendo en conta que é o proprio Ministerio de Medio Ambiente quen promove dito proxecto agresivo cuxo deber, dacordo coa Directiva 92/43/CEE é "... evitar, nas zonas especiais de conservación, o deterioro dos hábitats naturais e dos hábitats de especies, ...". Por conseguinte, non compartimos a afirmación feita no apartado nº 4. 1. da Memoria, relativo á análise de alternativas, ao afirmar que a alternativa escollida supón "sin duda, la menos impactante ambientalmente...". No proxecto contémplase a demolición de tres edificacións ilegais, dacordo co plano nº 4 da Memoria-resume do proxecto, lembrando que dúas delas xa foron demolidas, ficando todavía en pé a edificación correspondiente ao "chiringuito" denominado "O Alpendre", situado nas inmediacións do aparcadoiro. Aínda que valoramos moi positivamente estas demolicións, resulta incongruente por parte do Ministerio de Medio Ambiente que se proceda á eliminación de varias edificacións ilegais situadas no espazo dunar polo seu impacto ambiental para volver a construir outra nova instalación que, mesmo estando fóra do Dominio Público Marítimo Terrestre, ocuparía igualmente dito espazo dunar co conseguinte impacto ambiental, por moito deseño mimético que se realice. Queremos aclararlles aos promotores deste proxecto que a praia de Doniños non é a de Malibu; areal "surfeiro" do estado norteamericano de California, onde instalacións de socorrismo, bungalows e outros chiringuitos para xente "guai" están situados sobre as dunas, coa conseguinte desfeita ecolóxica. En canto á restauración dunar, demandamos que esta se limíte única e exclusivamente ao cercado do ámbito a rexenerar para impedir o paso de persoas e de veículos ás dunas, que é a principal causa do seu deterioro, e permitir que sexa o proprio medio natural quen recupere o estrato vexetativo afectado, pois débese ter en conta que na zona afectada polo proxecto existen especies vexetais Por conseguinte, Verdegaia transmitiulle ao Ministerio de Medio Ambiente o seu total rexeitamento ao devandito proxecto nos seus actuais termos, demandando a redación dun novo proxecto no que se respecte íntegramente o espazo dunar de Doniños. No caso contrario, o actual proxecto debería, cando menos, someterse a unha Avaliación de Impacto Ambiental. Fonte orixinal: www.verdegaia.org
|
Engadir comentario
O Noso Twitter
Outras noticias que tamén che poden interesar:
Empresas Amigas:
Surf&Rock School - Carballo![]() Descripción: Si tienes ganas de escapar de su rutina diaria, en la Escuela Surf & Rock te ofrecemos la gran experiencia del Surf: - Surf Camp para principiantes y avanzados en Galicia, España. - Clases ... |
Chusma Surfboards![]() Descripción: En Chusma surfboards facemos táboas de surf prestando atención a cada factor desde unha boa planificación e un proceso de deseño no que se implica ao surfista ata os últimos detalles. Gústannos tod ... |
Africa Extrem Surf Camps -...![]() Descripción: Na mítica vila de Taghazout, Marrocos, esta a nosa surf house: Africa Extrem Surf Camps O noso surfcamp atópase nunha vila en fronte do pico de Anchor point, unha das ondas mais famosas do pais. ... |





















0 Comentarios