EMPRESAS AMIGAS:
As Novas da Costa
- Fotos da Limpeza de Praia en Doniños
- Colabora nas Iniciativas Océanicas 2012
- Aberta a lagoa da Frouxeira - Valdovino.net
- Denuncian o estado pésimo da praia de Nemiña
- Salmón nas rías NON!
- Bandeiras Negras 2011
- 5ª Marcha a Pé: Ferrol > Mugardos - 22 de Xullo
- Defende as Nosas Rías - 5 de Xuño en Muros
- 864 puntos de verquidos nas nosas Rías
- Crónica da Limpeza de Doniños
O máis visitado este mes
- 3ª Proba do Circuíto Galego Open de Bodyboard 2012 [- Oxígeno Pizzbur Contest VIDEO]
- A quen madruga... Bruno Novoa
- Inscríbete no Oxígeno Pizzbur Contest
- Crónica e resultados da 2ª proba do Circuíto Galego Junior e Infantil en Patos
- Bo resultado da Armada Galega Surfeira en Hossegor
- Nova tenda de Vazva en Santiago!
- Lembrando o Surfusion DK 2011 - Lodofilms
- Entrevista a Diego Álvarez - Kike Aradas
- 2ª Proba do CG Open de Longboard e Paddle surf na praia de Nemiña
- Xente de Ancoradoiro [VIDEO]
Novidades Surfmarket.org
|
Tabla de surf NSP 6'4 epoxi 22 May 2012 Vendo tabla de surf NSP 6'4 tipo fish por no... |
|
Quillas FCS PETER DANIELS - 45€ 18 May 2012 FCS PETER DANIELS Talla M, en perfecto estado, sin ningun... |
|
Traje de Surf 3.2 Billabong 17 May 2012 Traje de surf marca Billabong para chico grosor 3.2 mm,... |
|
Vendo Quicksilver chyper verde 4.3mm taya ms muy muy nuevo,lo... |
|
Tabla Full Cas 16 May 2012 Tabla Full&Cas 6´1 x 18 1/4 x 2 1/4 nueva... |
DIRECTORIO DE EMPRESAS:
SOLIDARIEDADE SURFEIRA!
As novas da FGS:
|
Formacion Jueces Nacional 11 May 2012 |
Quen está conectado?
Temos 400 convidados en liñaFai unha Doazón!
SurfGZ.com somos uns 4.000 lectores habituais e realizamos unhas 9.000 visitas e 18.000 páxinas visitadas cada mes. Mante-la web actualizada leva horas de traballo e ti podes axudar co que queiras, mesmo con 1,2,3 ou 5 euros.
SurfGZ.com vive dos anunciantes, sponsors e dos seus lectores. Se che gusta e podes, contribue a manter esta web en marcha. Graciñas!
| Concentración contra o recheo nas praias da Coruña |
| Xoves, 11 Marzo 2010 10:11 | |||
|
Máis info en: http://defendendoaspraias.wordpress.com/
Nestes días Dragados pechou a praia do Orzán para comezar os prolegómenos das obras. En varios xornais apareceron longas noticias sobre o asunto e mesmo fotos do responsable de Costas e da concelleira de Medio Ambiente gracilmente acobadados no paseo marítimo. Pero a información que se nos transmitiu non nos chega. Para comezar, parécenos importante falar do xeito como se están a preparar e como se está a informar do desenvolvemento das obras. Segundo a prensa, nin tan siquera o Concello fora informado cando a empresa constructora pechou a praia do Orzán. Porque esta é a praia por onde pretenden comezar, aínda que hai un par de semanas, a prensa informaba de que a primeira praia afectada ía ser Riazor. Nada estraña, unha vez que que hai un mes as obras ía durar 14 meses e en cousa de 10 días descubriron un método revolucionario de transportar os áridos que ía facer todo máis sinxelo e, dese xeito, ter os areais abertos para o comezo do verán (no caso de riazor, orzán e matadero, porque san amaro xa vai quedar para despois do verán). E todos estes cambios de plantexamento, este acurtamento do proceso, non vai modificar o custo da operación que vai seguir sendo de 8.5 millóns de euros, segundo os xornais. Esas son as milagres da economía. Non nos basta a información porque nós o que estamos a reclamar é que se nos dean as razóns que fundamenten unha obra faraónica como esta e, polo momento, non recibimos respostas ás esixencias, aínda que o señor Eimil estivo a falar estes días cos periodistas. Na entrevista o señor Eimil fala de varias cousas que quereríamos precisar: O recheo do ano 1988 non se podería ter feito hoxe en día porque a normativa vixente sobre granulometría impide que a area aportada sexa distinta da orixinal da praia. Agora, os cálculos de granulometría están feitos baseados na area de canteira que xa trouxeran no ano 1988 e, polo tanto, se está a causar de novo o mesmo dano ilexítimo. “la de ahora está lavada y cribada. más fina de la que está actualmente”. Pois, a verdade, pode que estea lavada, dúas, tres ou vinte veces, pode que sexa cousa da lavadora, pero as pedriñas que vimos no Centenario, son máis grandes cá area que hai agora nas praias e deixaba a man brillante de mica e toda cuberta de pó. Facemos invitación pública ao señor Eimil e a todo aquel que lle interese para que vaian comprobalo no peirao do Centenario (incluso, para aqueles que teñan problemas de mobilidade, ofrecémonos a enviar unha mostra por correo postal). Fala de seguridade e parécenos interesante a primeira parte da súa afirmación:”sería una responsabilidad grave no prever que el paseo se defienda de una forma medioambientalmente positiva”, pero lamentantablemente o fastidia cando chega á explicación do que el entende por iso: “es decir, echándole más arena a la playa”. Antes de nada, cómpre que recoñeza que a forza que colle o mar vén causada polo tipo de area que se aportou no ano 88, que é unha consecuencia das obras de recheo nas que participou naquel tempo. Así o indica o proxecto. E a afirmación primeira contradícese coa súa afirmación: “la biodiversidad existente surgió en el arenal en el relleno del 89″. Co que está a indicar que antes non había, ou de xeito implícito, está a confirmar o que tantos ecoloxistas veñen a denunciar desde hai tempo: que os recheos causan daños irreparables á biodiversidade. Por sorte, a vida puxa sempre por saír adiante. O que tememos é que se perda a biodiversidade recuperada nestes vinte anos porque así o quere unha arbitrariedade “medioambiental”. Por último, falar de seguridade e non analizar pormenorizadamente como van afectar as obras ás correntes, cando hai moitos cidadáns que se bañan nas praias durante todo o ano si que pode ser considerado unha irresponsabilidade. O señor Eimil di que o mar non se vai levar a area e iso, no mellor dos casos, só é unha verdade a medias. O propio proxecto fala de incorparar 50 e ata 75 metros de area nas partes das praias onde a dinámica litoral é máis forte, porque se asume que o mar vai levar boa parte dela. Así que boa parte do caolín si que o vai arrastar o mar e probablemente máis aínda cando cheguen as mareas vivas. E daquela, con toda esa area en suspensión, teremos baños de augas brancas- que non paradisíacas. Suban ou non suban este verán a bandeira azul ao alto do mastro, dubidamos da idoneidade da auga con esa area en suspensión. Desde Defendendo as praias consideramos que NON É NECESARIA ESTA OBRA e que AS RAZÓNS QUE SE ESTÁN A ADUCIR NON XUSTIFAN ESTE DANO AO MEDIOAMBIENTE E Á PAISAXE, ESTA LIMITACIÓN AO USO DOS AREAIS, ESTA MODIFICICACIÓN DAS CONDICIÓNS DO BAÑO E ESTE GASTO ABSURDO. Vimos de denunciar estas obras ante as distintas administracións competentes e asimismo presentamos alegacións ao PXOM da cidade. Reclamamos a paralización das obras, que se fagan públicos os informes medioambientais relativos a este recheo e que se considere o abandono deste proxecto. Por iso seguiremos a saír ás rúas a protestar contra esta arbitrariedade. Este venres, 12 de marzo, reunirémonos no Obelisco ás 19.00 horas. As boas palabras non nos chegan.
|
Engadir comentario
O Noso Twitter
Outras noticias que tamén che poden interesar:
Empresas Amigas:
Africa Extrem Surf Camps -...![]() Descripción: Na mítica vila de Taghazout, Marrocos, esta a nosa surf house: Africa Extrem Surf Camps O noso surfcamp atópase nunha vila en fronte do pico de Anchor point, unha das ondas mais famosas do pais. ... |
Club Surfeiros - Nigrán![]() Descripción: Porque nos gusta, porque dedicamos nuestra vida a ello, el Club Surfeiros te anima a participar de la experiencia del surf. Surfeiros nace con la intencion de promocionar el surf y todos sus valor ... |
Riders 73 Surf School -...![]() Descripción: Riders 73 Surf School é un proxecto de Yago Chamorro, surfeiro pontevedrés, para transmitir a súa experiencia aos máis novos e o estilo de vida do surf nas Rías Baixas. |




















0 Comentarios