EMPRESAS AMIGAS:
As Novas da Costa
- Fotos da Limpeza de Praia en Doniños
- Colabora nas Iniciativas Océanicas 2012
- Aberta a lagoa da Frouxeira - Valdovino.net
- Denuncian o estado pésimo da praia de Nemiña
- Salmón nas rías NON!
- Bandeiras Negras 2011
- 5ª Marcha a Pé: Ferrol > Mugardos - 22 de Xullo
- Defende as Nosas Rías - 5 de Xuño en Muros
- 864 puntos de verquidos nas nosas Rías
- Crónica da Limpeza de Doniños
O máis visitado este mes
- 3ª Proba do Circuíto Galego Open de Bodyboard 2012 [- Oxígeno Pizzbur Contest VIDEO]
- A quen madruga... Bruno Novoa
- Inscríbete no Oxígeno Pizzbur Contest
- Crónica e resultados da 2ª proba do Circuíto Galego Junior e Infantil en Patos
- Bo resultado da Armada Galega Surfeira en Hossegor
- Nova tenda de Vazva en Santiago!
- Lembrando o Surfusion DK 2011 - Lodofilms
- Entrevista a Diego Álvarez - Kike Aradas
- 2ª Proba do CG Open de Longboard e Paddle surf na praia de Nemiña
- Xente de Ancoradoiro [VIDEO]
Novidades Surfmarket.org
|
Tabla de surf NSP 6'4 epoxi 22 May 2012 Vendo tabla de surf NSP 6'4 tipo fish por no... |
|
Quillas FCS PETER DANIELS - 45€ 18 May 2012 FCS PETER DANIELS Talla M, en perfecto estado, sin ningun... |
|
Traje de Surf 3.2 Billabong 17 May 2012 Traje de surf marca Billabong para chico grosor 3.2 mm,... |
|
Vendo Quicksilver chyper verde 4.3mm taya ms muy muy nuevo,lo... |
|
Tabla Full Cas 16 May 2012 Tabla Full&Cas 6´1 x 18 1/4 x 2 1/4 nueva... |
DIRECTORIO DE EMPRESAS:
SOLIDARIEDADE SURFEIRA!
As novas da FGS:
|
Formacion Jueces Nacional 11 May 2012 |
Quen está conectado?
Temos 399 convidados en liñaFai unha Doazón!
SurfGZ.com somos uns 4.000 lectores habituais e realizamos unhas 9.000 visitas e 18.000 páxinas visitadas cada mes. Mante-la web actualizada leva horas de traballo e ti podes axudar co que queiras, mesmo con 1,2,3 ou 5 euros.
SurfGZ.com vive dos anunciantes, sponsors e dos seus lectores. Se che gusta e podes, contribue a manter esta web en marcha. Graciñas!
| Verdegaia demanda a paralización das obras levadas a cabo por Costas en praias de Ferrol |
| Sábado, 29 Xaneiro 2011 00:00 | |||
|
Verdegaia ven de denunciar ante o Servizo de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia o impacto ambiental que están a ocasionar as obras do proxecto de “Restauración Ambiental das praias da Coviña, O Vilar, A Fragata e Esmelle” no Concello de Ferrol (L.I.C. Costa Ártabra e Z.E.P.A. Costa de Ferrolterra-Valdoviño), vulnerando a legalidade.
En primeiro lugar, estase a construir un muro de contención de formigón nunha das marxes da estrada C.P. 3606, nas inmediacións do camping existente, de máis de 3 metros de altura nalgúns pontos, afectando ao espazo dunar incluido tanto no Dominio Público Marítimo-Terrestre (D.P.M-T.) como nos devanditos L.I.C. e Z.E.P.A., supostamente para construir unha beirarrua ou paseo peonil. Non se adoptou outra solución menos agresiva como a instalación dunha pasarela de madeira para salvar o desnivel existente, por exemplo ou, de ser absolutamente necesario o muro de contención para reforzar o firme da estrada, sustituilo por unha escolleira de pedra recuberta con sustrato da zona, por poñer outro exemplo. En segundo lugar, procedeuse ao desmonte e ao movimento de area dunha ampla superficie dunar inmediata ao aparcadoiro proxectado na marxe da devandita estrada C.P. 3606, supostamente como ampliación do mesmo, destruindo toda a coberta vexetal. Esta zona dunar forma parte da proposta de ampliación da Rede Natura 2000 que fai a Xunta de Galicia, ao posuir hábitats e especies de interese comunitario. De feito, esta suposta ampliación do aparcadoiro, non contemplada no proxecto inicial, ademáis de poñer en perigo un dos catro matos de Camariña (Corema album) que, milagrosamente, sobreviven na zona afectada (sendo as poboacións máis setentrionais da península ibérica xunto coas de Pantín -Valdoviño), destrueu parte das poboacións de Omphalodes littoralis subsp. gallaecica localizadas nesta zona, catalogada como En Perigo de Extinción. Outras especies vexetais como Iberis procumbens (endemismo ibérico) ou Silene scabriflora subsp. gallaecica (endemismo galaico) comparten o mesmo hábitat, resultando tamén afectadas polas obras. Ademáis, os materias extraidos nesta parte do sistema dunar estanse depositando sobre as dunas móviles da primeira liña de costa co obxecto de "rexenerar" as partes erosionadas polo tránsito de veículos, carecendo de todo rigor científico. Como dí o dito popular, desvisten a un santo para vestir outro. Fonte da noticia: http://www.verdegaia.org/content/view/1218/140/
|
Engadir comentario
O Noso Twitter
Outras noticias que tamén che poden interesar:
Empresas Amigas:
Tartaruga Surf Center - O...![]() Descripción: Clases e cursos: Tartaruga Surf Center é o primeiro e único Centro Multiactividad de Deportes Náuticos de Deslizamiento das Rías Baixas, está situado en primeira liña da Praia da Lanzada (Parking C ... |
Oxígeno Surf School -...![]() Descripción: Oxigeno Surf School&Camp é unha escola campamento de Surf, KiteSurf e Sup (PaddleSurf) que actúa na zona de A Mariña e Ortegal. Nace en 2009 da colaboración entre Glass Surf Clube e a Federación Galeg ... |
Africa Extrem Surf Camps -...![]() Descripción: Na mítica vila de Taghazout, Marrocos, esta a nosa surf house: Africa Extrem Surf Camps O noso surfcamp atópase nunha vila en fronte do pico de Anchor point, unha das ondas mais famosas do pais. ... |



















0 Comentarios