Cartel

EMPRESAS AMIGAS:

Cartel

PREVISIÓN DE ONDAS

Mapa de Ondas

Cartel

Novidades Surfmarket.org

Vendo tabla de surf NSP 6'4 tipo fish por no...
FCS PETER DANIELS Talla M, en perfecto estado, sin ningun...
Traje de surf marca Billabong para chico grosor 3.2 mm,...
Vendo Quicksilver chyper verde 4.3mm taya ms muy muy nuevo,lo...
Tabla Full Cas 16 May 2012
Tabla Full&Cas 6´1 x 18 1/4 x 2 1/4 nueva...

DIRECTORIO DE EMPRESAS:

SOLIDARIEDADE SURFEIRA!

Cartel


O TEMPO


Meteogalicia.es




Quen está conectado?

Temos 414 convidados en liña

Fai unha Doazón!

A nova Rede Natura litoral feita á medida das empresas das piscifactorías
Luns, 18 Agosto 2008 12:10
 laxebrava2.gif
Coa lexislatura case esgotada, a prometida ampliación da Rede Natura, ao igual que o Plano de Ordenación do Litoral, vai ter que agardar. Medio Ambiente leva dous anos vendendo unha ampliación da Rede Natura que poría a Galiza ao nível doutras comunidades en territorio protexido. Na proposta oficiosa avanzada, chaman a atención uns "curiosos ocos" no litoral protexido só explicábeis ao superpoñer a planificación eólica e acuícola. En Corrubedo, o "espazo" da piscifatoría da Laxe Brava, 308.000 m2, figuraba en 2007 incluido dentro do LIC para caerse da proposta en 2008. E hai máis "baleiros" en Quilmas, Merexo, Camelle, Ribadeo... MARCHANDO UNHA REDE NATURA Á CARTA! Baixa a presentación REDE NATURA LITORAL.pdf A REDE NATURA LITORAL (3.57 MB)
 
groba.jpgPolo que respeita á ampliación da Rede Natura, ADEGA ven demandando dende hai case 8 anos unha ampliación acorde coa riqueza de hábitats e especies de interese europeo en Galiza. O actual 11,9% do territorio galego protexido baixo esta figura, o máis baixo do estado agás Melilla e lonxe da media española do 25,5%, supón un agravio e unha eiva intolerábel para un país que ten unha das máis ricas biodiversidades de Europa.
 
En opinión de ADEGA e outros colectivos ecoloxistas galegos, subsanar esta eiva debera ter sido unha das primeiras tarefas da actual Consellería de Medio Ambiente. E aparentemente así aconteceu, mais só de xeito virtual e unicamente no papel das notas de prensa da consellería: a ampliación da Rede Natura galega foi “vendida” periódicamente nos medios como un fito polo conselleiro Sr. Vázquez. Mais de aparecer no DOG, o soporte que da conta das iniciativas e compromisos reais dunha administración, nada.
 
A importancia da ampliación da Rede Natura radica en que moitos proxectos e planos sectoriais como o Acuícola, o Eólico, o Hidroeléctrico, de Portos Deportivos e demáis infraestruturas deberían redeseñarse para ter en conta os espazos naturais “ausentes” da cativa Rede Natura actual. Este inxustificado retraso ten moito que ver co peso de determinadas políticas produtivistas e cos intereses de sectores que pretenden sacar proveito da estratexia dos feitos consumados, amplamente promovida na anterior etapa e que a actual consellería semella estar imitando.
 
A día de hoxe, a consellería de Medio Ambiente ten avanzado de xeito oficioso dúas propostas de ampliación, unha en 2007 e outra este mesmo ano, que pretenden alongar a Rede Natura galega até o 18,3% do territorio. Un paso adiante, mais certamente insuficiente e que non vai chegar a tempo para impedir a desfeita de ezpazos naturais con hábitats e especies de interese europeo, nomeadamente na costa.
camelle.jpgE é precisamente no litoral onde a proposta (oficiosa) de ampliación da Rede Natura á que tivo acceso ADEGA amosa significativos “ocos” e esquecementos só explicábeis se superpoñemos a planificación acuícola e eólica. Parques eólicos como o “Albariño I” en Oia ou “Muxía II” esquivan a afección aos novos espazos protexidos aproveitando uns sospeitosos “baleiros” convintemente axeitados para garantir a tan publicitada “afección cero”. No primeiro caso, o novo LIC “Serra da Groba”, que en algúns puntos ten apenas 100 m de ancho, semella facer “slalom” entre os muíños eólicos que, casualmente caen sempre fóra do espazo protexido.
 
Mais as tesoiras da consellería entran en acción cando o que se trata é de protexer os intereses das empresas acuícolas. Dende Oia até Ribadeo, as ampliacións da Rede Natura que propón Medio Ambiente teñen oportunos ocos e estratéxicos baleiros para encaixar os 3 milóns de m2 de cemento das macropiscifatorías. Os casos de Quilmas, Merexo, Arou, Camelle, Ribadeo, e particularmente Corrubedo, son certamente significativos. Na Laxe Brava (Corrubedo) a proposta de ampliación do Parque Natural só pode cualificarse de escandalosa e chafalleira. Escandalosa porque unha macroinstalación industrial, a máis grande do Plano Acuícola con 308.000 m2, vai quedar incrustada no corazón dun Parque Natural. Chafalleira porque nunha primeira proposta avanzada en 2007, o espazo ocupado pola piscifatoría ía incluise na ampliación do parque. Casualmente, na proposta de 2008 Medio Ambiente “descatalogou”, a pedido de Pesca e os rodaballistas, o espazo xusto para encaixar a macropiscifatoría da Laxe Brava.
 
É que este e outros espazos do litoral perderon de repente os seus valores naturais xusto nos lugares nos que van as piscifatorías? Ou é máis ben que o que se perdeu foi a seriedade e a vergoña por parte de Medio Ambiente que non ten reparos utilizar o noso patrimonio natural como instrumento para avalar as políticas insustentábeis doutros departamentos da administración? Lembremos tamén a recente aprobación da Memoria Ambiental do Plano Acuícola, un documento contradictorio que malia a recoñecer os graves impactos e as deficiencias da acuicultura industrial, mira para outro lado e permite que continúe a tramitación desta planificación sectorial.

ADEGA reclama do conselleiro Sr. Vázquez que presente oficialmente unha proposta de ampliación da Rede Natura 2000 coerente e desvencellada dos intereses empresariais e de calquera estratexia político-eleitoral. Unha Rede Natura á altura dos valores naturais do país, patrimonio de todos/as e non deseñada para proveito duns poucos. E que o faga de xeito urxente antes do final da lexislatura para non ser complice da estratexia de saqueo do país que promoveu a anterior administración cando deseñou unha Rede Natura a medida das piscifatorías, eólicas, minicentrais, etc.

Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
 
0 Votes

0 Comentarios

Engadir comentario

 

O Noso Twitter

Cartel

Empresas Amigas:

Max Surfaris - Axencia de...
Max Surfaris - Axencia de Viaxes
Descripción: Max Surfaris é unha axencia de viaxes especializadas en destinos de alta calidade para a práctica do surf e bodyboard. Os seus principais destinos son Costa Rica, Illas Maldivas, Sri Lanka, Indonesia, ...
Africa Extrem Surf Camps -...
Africa Extrem Surf Camps - Marrocos
Descripción: Na mítica vila de Taghazout, Marrocos, esta a nosa surf house: Africa Extrem Surf Camps O noso surfcamp atópase nunha vila en fronte do pico de Anchor point, unha das ondas mais famosas do pais. ...
Riders 73 Surf School -...
Riders 73 Surf School - Pontevedra
Descripción: Riders 73 Surf School é un proxecto de Yago Chamorro, surfeiro pontevedrés, para transmitir a súa experiencia aos máis novos e o estilo de vida do surf nas Rías Baixas.
Cartel

EMPRESAS AMIGAS:

Africa Extrem Surf Camps - Marrocos
Africa Extrem Surf Camps - Marrocos
Categoría: Escolas de Surf - Surfcamps Galicia
Descripción: Na mítica vila de Taghazout, Marrocos, esta a nosa surf house: Africa Extrem Surf Camps O noso surfcamp atópase nunha vila en fronte do pico de Anchor point, unha das ondas mais famosas do pais. ...
Concello: Taghazout
Teléfono: +212678761047
Páxina Web: www.africaextrem.com
Visitas: 303
Kalufa Surf School - Lanzarote
Kalufa Surf School - Lanzarote
Categoría: Surfaris - Viaxes de Surf
Descripción: O surf está ao alcance de todos, pero é un deporte extremo. Remar no océano sen a experiencia de quen o coñece é perigoso. Tentar a surfear sós é perigoso. Os monitores Kalufa levan a vida enteira nas ...
Concello: La Santa
Teléfono: 0034 661 050966
Páxina Web: www.kalufasurfschool.com
Visitas: 255
Cartel

Máis votadas!

  1. Surf no Inverno - FUGAS [PDF]

    5.0 of 5 stars from 17 votes.
  2. WS-Xtreme Novo Clube nas Rías Baixas

    5.0 of 5 stars from 16 votes.
  3. Line Up Primaveral e Secuencia de Pablo Irisarri

    5.0 of 5 stars from 14 votes.
  4. Óscar Prieto e Erika Franco vencen no Open de Surf Concello de Nigrán 2011

    5.0 of 5 stars from 13 votes.
  5. Superbank Galego - Occy

    5.0 of 5 stars from 10 votes.
  6. Ata Sempre Queima!

    5.0 of 5 stars from 10 votes.

Últimos comentarios

  1. Re: Crónica e resultados da 2ª proba do Circuíto Galego Junior e Infantil en Patos

    Posted on Martes 24 Abril, 2012 by SurfGZ.

    Nome corrixido. Gracias pola axuda.

  2. Re: Crónica e resultados da 2ª proba do Circuíto Galego Junior e Infantil en Patos

    Posted on Martes 24 Abril, 2012 by Raquel Dopazo.

    Por favor corrijan el nombre de...

  3. Re: Olas e Raiolas [VIDEO]

    Posted on Sábado 21 Abril, 2012 by mendi.

    muy guapo el plano d la ola en el...

RSS WEBPORTIO

Google PageRank Checker