Cartel

EMPRESAS AMIGAS:

Cartel

PREVISIÓN DE ONDAS

Mapa de Ondas

Cartel

Novidades Surfmarket.org

Vendo tabla de surf NSP 6'4 tipo fish por no...
FCS PETER DANIELS Talla M, en perfecto estado, sin ningun...
Traje de surf marca Billabong para chico grosor 3.2 mm,...
Vendo Quicksilver chyper verde 4.3mm taya ms muy muy nuevo,lo...
Tabla Full Cas 16 May 2012
Tabla Full&Cas 6´1 x 18 1/4 x 2 1/4 nueva...

DIRECTORIO DE EMPRESAS:

SOLIDARIEDADE SURFEIRA!

Cartel


O TEMPO


Meteogalicia.es




Quen está conectado?

Temos 433 convidados en liña

Fai unha Doazón!

A Xunta impón un Plano Acuícola que convertirá a costa nun polígono industrial de cemento e plástico
Venres, 29 Agosto 2008 23:27
mani28b.jpg Confirmouse a vergoña: o consello da Xunta a iniciativa do seu presidente ven de perpetrar o Plano Acuícola, consumando a meirande agresión á costa galega dende o Prestige. As 24 macroplantas de cemento e plástico ocuparán máis de 3 millóns de m2 de litoral virxe, degradando a paisaxe costeira e vertendo millóns de Hm3 de augas contaminadas ao mar. Malia á oposición de amplos sectores sociais, ecoloxistas, concellos, veciños/as, universidades... e ás eivas sinaladas pola propia administración, o Sr. Touriño e a Sra. Gallego cumpriron co seu papel de comisionados da patronal acuícola, como no seu momento fixera o PP, e decretaron a expropiación de emblemáticos espazos da costa para poñer a Galiza líder da produción mundial... de rodaballos dopados.
 
mani28a.jpg
E todo por 2000 postos de traballo, moitos deles ficticios, en precario, de baixa cualificación e sometidos ao capricho de patróns como Stolt e Pescanova cuxas políticas laborais e estratexias produtivas neocolonialistas son ben coñecidas en Chile, centroamérica, Indonesia...
 
O máis grave é que un governo que se dí "progresista" aposte por modelos de desenvolvemento depredadores e insustentábeis, sacrificando o potencial e os recursos endóxenos do litoral a maior gloria das contas de beneficios das transnacionais do peixe de plástico. 
 
Non deixa de ser un paradoxo que Galiza, cun dos ecosistemas mariños máis produtivos e potentes do mundo, aposte por cultivar os peixes en terra dándolle as costas mani28c.jpgao mar e mesmo comprometendo esa riqueza natural da que directa e indirectamente viven milleiros de persoas en todo o país. Centos de millóns de euros en subvencións públicas van ser agasallados ás empresas acuícolas en forma de axudas directas e indirectas (máis do 50% dos investimentos por planta), empresas para as que se vai expropiar a prezo de saldo os millores espazos da costa.
 
No entanto, ADEGA quere mandar unha mensaxe de serenidade e esperanza á cidadanía e de advertencia á Xunta: perdeuse unha batalla mais a loita vai continuar. Quedan aínda moitos recursos e accións que emprender para impedir a consumación da desfeita. ADEGA continuará até esgotar a vía administrativa e mesmo non desbota accións xudiciais da man das plataformas. Para cada unha das localizacións das macroplantas temos preparado unha batería de accións, propostas e iniciativas novidosas que van facer moi difícil levar a termo os proxectos previstos. Boa mostra disto son as cooperativas ecolóxicas de Quilmas e Merexo, hoxe xa funcionando, nos terreos que a Xunta quere expropiar para Stolt. Estes dous proxectos sustentábeis e respectuosos coa costa son exemplo de imaxinación e valentía: vai a o Sr. Touriño e a Sra. Gallego a atreverse a expropiar as terras para cederllas a unha multinacional que degradará a paisaxe e contaminará terras e augas? Que interese público vai predominar, os dos expoliadores ou os da veciñanza organizada? E cais son os intereses que defenden o Sr. Touriño e a Sra. Gallego?
 

Mais o principal factor para impedir a consumación desta desfeita é o compromiso decidido da veciñanza e da cidadanía en xeral coa defensa da nosa costa. A admininistración e os rodaballistas deben saber que van ter enfronte a veciños/as, colectivos sociais e ecoloxistas dispostos a chegar até as últimas consecuencias. Queren o Sr. Touriño e a Sra. Gallego ser lembrados como os políticos que promoveron 24 expropiacións a golpe de culata e garda civil coma nas Encrobas hai 30 anos?

Nova orixinal en ADEGA

Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
 
0 Votes

0 Comentarios

Engadir comentario

 

O Noso Twitter

Cartel

Empresas Amigas:

SilfoCamps - Escola de Surf...
SilfoCamps - Escola de Surf - Malpica
Descripción: Clases e cursos: A escola de surf e campamentos Silfocamps, está dirixida para que todos aqueles que queiran iniciarse neste apaixoante deporte, o fagan do xeito máis rápido, fácil e divertido. Ade ...
Patos Surf Escola - Praia...
Patos Surf Escola - Praia de Patos - Nigrán
Descripción: Esta escola de surf leva dando clases dende o ano 1993. As clases de surf, bodyboard e longboard son na Praia de Patos no Concello de Nigrán. Teñen dous niveis de cursos: Iniciación ou perfeccio ...
Max Surfaris - Axencia de...
Max Surfaris - Axencia de Viaxes
Descripción: Max Surfaris é unha axencia de viaxes especializadas en destinos de alta calidade para a práctica do surf e bodyboard. Os seus principais destinos son Costa Rica, Illas Maldivas, Sri Lanka, Indonesia, ...
Cartel

EMPRESAS AMIGAS:

Iron Mountain Surfboards
Iron Mountain Surfboards
Categoría: Shapers Galicia - Reparacións
Descripción: Shape de pranchas de surf e longboards. Reparación de pranchas no Concello de Nigrán. Iron Mountain Surfboards naceu como unha mistura entre necesidade e curiosidade, foi no ano 2005 cando empezamo ...
Concello: Nigrán
Teléfono: (+34) 620 541 500
Páxina Web: www.ironmountainsurfboards.blogspot.com
Visitas: 207
Oxígeno Surf School - Viveiro - Lugo
Oxígeno Surf School - Viveiro - Lugo
Categoría: Escolas de Surf - Surfcamps Galicia
Descripción: Oxigeno Surf School&Camp é unha escola campamento de Surf, KiteSurf e Sup (PaddleSurf) que actúa na zona de A Mariña e Ortegal. Nace en 2009 da colaboración entre Glass Surf Clube e a Federación Galeg ...
Concello: Viveiro
Teléfono: (+34) 645 873 593 / 636 277 966
Páxina Web: www.oxigenosurfschool.com
Visitas: 255
Cartel

Máis votadas!

  1. Surf no Inverno - FUGAS [PDF]

    5.0 of 5 stars from 17 votes.
  2. WS-Xtreme Novo Clube nas Rías Baixas

    5.0 of 5 stars from 16 votes.
  3. Line Up Primaveral e Secuencia de Pablo Irisarri

    5.0 of 5 stars from 14 votes.
  4. Óscar Prieto e Erika Franco vencen no Open de Surf Concello de Nigrán 2011

    5.0 of 5 stars from 13 votes.
  5. Superbank Galego - Occy

    5.0 of 5 stars from 10 votes.
  6. Ata Sempre Queima!

    5.0 of 5 stars from 10 votes.

Últimos comentarios

  1. Re: Crónica e resultados da 2ª proba do Circuíto Galego Junior e Infantil en Patos

    Posted on Martes 24 Abril, 2012 by SurfGZ.

    Nome corrixido. Gracias pola axuda.

  2. Re: Crónica e resultados da 2ª proba do Circuíto Galego Junior e Infantil en Patos

    Posted on Martes 24 Abril, 2012 by Raquel Dopazo.

    Por favor corrijan el nombre de...

  3. Re: Olas e Raiolas [VIDEO]

    Posted on Sábado 21 Abril, 2012 by mendi.

    muy guapo el plano d la ola en el...

RSS WEBPORTIO

Google PageRank Checker