EMPRESAS AMIGAS:
As Novas da Costa
- Fotos da Limpeza de Praia en Doniños
- Colabora nas Iniciativas Océanicas 2012
- Aberta a lagoa da Frouxeira - Valdovino.net
- Denuncian o estado pésimo da praia de Nemiña
- Salmón nas rías NON!
- Bandeiras Negras 2011
- 5ª Marcha a Pé: Ferrol > Mugardos - 22 de Xullo
- Defende as Nosas Rías - 5 de Xuño en Muros
- 864 puntos de verquidos nas nosas Rías
- Crónica da Limpeza de Doniños
O máis visitado este mes
- 3ª Proba do Circuíto Galego Open de Bodyboard 2012 [- Oxígeno Pizzbur Contest VIDEO]
- A quen madruga... Bruno Novoa
- Inscríbete no Oxígeno Pizzbur Contest
- Crónica e resultados da 2ª proba do Circuíto Galego Junior e Infantil en Patos
- Bo resultado da Armada Galega Surfeira en Hossegor
- Nova tenda de Vazva en Santiago!
- Lembrando o Surfusion DK 2011 - Lodofilms
- Entrevista a Diego Álvarez - Kike Aradas
- 2ª Proba do CG Open de Longboard e Paddle surf na praia de Nemiña
- Xente de Ancoradoiro [VIDEO]
Novidades Surfmarket.org
|
Tabla de surf NSP 6'4 epoxi 22 May 2012 Vendo tabla de surf NSP 6'4 tipo fish por no... |
|
Quillas FCS PETER DANIELS - 45€ 18 May 2012 FCS PETER DANIELS Talla M, en perfecto estado, sin ningun... |
|
Traje de Surf 3.2 Billabong 17 May 2012 Traje de surf marca Billabong para chico grosor 3.2 mm,... |
|
Vendo Quicksilver chyper verde 4.3mm taya ms muy muy nuevo,lo... |
|
Tabla Full Cas 16 May 2012 Tabla Full&Cas 6´1 x 18 1/4 x 2 1/4 nueva... |
DIRECTORIO DE EMPRESAS:
SOLIDARIEDADE SURFEIRA!
As novas da FGS:
|
Formacion Jueces Nacional 11 May 2012 |
Quen está conectado?
Temos 443 convidados en liñaFai unha Doazón!
SurfGZ.com somos uns 4.000 lectores habituais e realizamos unhas 9.000 visitas e 18.000 páxinas visitadas cada mes. Mante-la web actualizada leva horas de traballo e ti podes axudar co que queiras, mesmo con 1,2,3 ou 5 euros.
SurfGZ.com vive dos anunciantes, sponsors e dos seus lectores. Se che gusta e podes, contribue a manter esta web en marcha. Graciñas!
| 500 m de protección da costa galega: Valdoviño fica na Galiza? |
| Xoves, 11 Setembro 2008 16:13 | |||
No concello de Valdoviño, na punta dereita da praia da Frouxeira estase a construir unha urbanización á beira do mar con 69 chalés e un hotel, promovido por "CONSTRUCCIONES RÍAS GALLEGAS, S.A." e asumido pola administración local e autonómica. A parcela linda coa zona Ramsar e ZEPA, e inclúese na súa totalidade no LIC Costa Ártabra, parte da Rede Natura 2000. De que valen as proteccións ambientais, urbanísticas, de Costas e patrimoniais (afecta ao Castro da Frouxeira) se logo ninguén as respecta?![]() A existencia de hábitats catalogados como prioritarios (recoñecido pola administración galega) implica que “só para fins relacionados coa saúde humana e a seguridade pública se podan executar alteracións do contorno, ou por imperioso interese público logo de consultar á Comisión Europea” (Directiva 92/43/CEE, relativa á protección dos hábitats naturais e das especies de flora e fauna silvestres e Real Decreto 1997/1995). Esta consulta á Comisión Europea non se executou. Demandamos, maís unha vez, que a Consellaría de M.A. exerza as súas responsabilidades e poña fin a este despropósito. Polo feito de lindar con zonas Zepa e Ramsar cómpre avaliar o impacto ambiental que tal concentración humana produciría. Esta necesidade foi recoñecida pola propia Consellaría de M.A. máis posteriormente anulouna cun suprendente informe no que asume consideracións como esta: “se puede observar su total inclusión en un ámbito de características urbanas; tanto por la edificación de la práctica totalidad de las parcelas próximas, como por su disposición rodeándola totalmente”. Unha simple ollada á parcela permite desbotar totalmente este argumento. Existen actualmente na parcela unhas enormes gabias (denunciadas por ADEGA xa en agosto do 2006) que non se poden corresponder co permiso dado desde o concello para obras de urbanización. Como non foran autorizadas, a Consellaría de Política Territorial ten que obrigar a repoñer a parcela ás súas anteriores características sen admitir que as pretendan facer pasar por un posterior estudo arqueolóxico de dimensións desproporcionadas (até 84 m). ![]() Asemade, a licenza para o proxecto de urbanización (U.A. 2 na Saiña – Valdoviño), ten un prazo de execución das obras de 1 ano, como estabelece no seu apartado 5 o informe favorábel asinado polo arquitecto municipal o 01/08/2003. Xa que logo, cómpre tramitar novamente a documentación urbanística, o cal se podería facer através da presentación dun Plano Especial, a aprobar pola Xunta, en cumprimento da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galiza, se a parcela estivese catalogada como urbana consolidada, cuestión esta que non cumpre por ser urbana non consolidada. A Consellaría de Política Territorial ten que asumir as súas competencias e facer cumprir a lei. A mesma clasificación da parcela como urbana é contraria á Lei 9/2002, xa que no seu artigo 12 estabelece a necesidade de integración na malla urbana para esta clasificación. Calquera persoa pode corroborar por fotografía aérea ou visitando o entorno a total ausencia desta característica xa que era un entorno natural non degradado até a chegada de CONSTRUCCIONES RIAS GALLEGAS, S.A. ![]() Finalmente, ADEGA pregúntase se acontece isto cun espazo no que se superpoñen múltiplas proteccións e cautelas ambientais, urbanísticas e patrimoniais, que non acontecerá no resto da costa que non goza deste estatus?
|
Engadir comentario
O Noso Twitter
By Sweb design
Outras noticias que tamén che poden interesar:
Empresas Amigas:
Tartaruga Surf Center - O...![]() Descripción: Clases e cursos: Tartaruga Surf Center é o primeiro e único Centro Multiactividad de Deportes Náuticos de Deslizamiento das Rías Baixas, está situado en primeira liña da Praia da Lanzada (Parking C ... |
Chusma Surfboards![]() Descripción: En Chusma surfboards facemos táboas de surf prestando atención a cada factor desde unha boa planificación e un proceso de deseño no que se implica ao surfista ata os últimos detalles. Gústannos tod ... |
Riders 73 Surf School -...![]() Descripción: Riders 73 Surf School é un proxecto de Yago Chamorro, surfeiro pontevedrés, para transmitir a súa experiencia aos máis novos e o estilo de vida do surf nas Rías Baixas. |










No concello de Valdoviño, na punta dereita da praia da Frouxeira estase a construir unha urbanización á beira do mar con 69 chalés e un hotel, promovido por "CONSTRUCCIONES RÍAS GALLEGAS, S.A." e asumido pola administración local e autonómica. A parcela linda coa zona Ramsar e ZEPA, e inclúese na súa totalidade no LIC Costa Ártabra, parte da Rede Natura 2000. De que valen as proteccións ambientais, urbanísticas, de Costas e patrimoniais (afecta ao Castro da Frouxeira) se logo ninguén as respecta?











0 Comentarios