EMPRESAS AMIGAS:
As Novas da Costa
- Fotos da Limpeza de Praia en Doniños
- Colabora nas Iniciativas Océanicas 2012
- Aberta a lagoa da Frouxeira - Valdovino.net
- Denuncian o estado pésimo da praia de Nemiña
- Salmón nas rías NON!
- Bandeiras Negras 2011
- 5ª Marcha a Pé: Ferrol > Mugardos - 22 de Xullo
- Defende as Nosas Rías - 5 de Xuño en Muros
- 864 puntos de verquidos nas nosas Rías
- Crónica da Limpeza de Doniños
O máis visitado este mes
- 3ª Proba do Circuíto Galego Open de Bodyboard 2012 [- Oxígeno Pizzbur Contest VIDEO]
- A quen madruga... Bruno Novoa
- Inscríbete no Oxígeno Pizzbur Contest
- Crónica e resultados da 2ª proba do Circuíto Galego Junior e Infantil en Patos
- Bo resultado da Armada Galega Surfeira en Hossegor
- Nova tenda de Vazva en Santiago!
- Lembrando o Surfusion DK 2011 - Lodofilms
- Entrevista a Diego Álvarez - Kike Aradas
- 2ª Proba do CG Open de Longboard e Paddle surf na praia de Nemiña
- Xente de Ancoradoiro [VIDEO]
Novidades Surfmarket.org
|
Tabla de surf NSP 6'4 epoxi 22 May 2012 Vendo tabla de surf NSP 6'4 tipo fish por no... |
|
Quillas FCS PETER DANIELS - 45€ 18 May 2012 FCS PETER DANIELS Talla M, en perfecto estado, sin ningun... |
|
Traje de Surf 3.2 Billabong 17 May 2012 Traje de surf marca Billabong para chico grosor 3.2 mm,... |
|
Vendo Quicksilver chyper verde 4.3mm taya ms muy muy nuevo,lo... |
|
Tabla Full Cas 16 May 2012 Tabla Full&Cas 6´1 x 18 1/4 x 2 1/4 nueva... |
DIRECTORIO DE EMPRESAS:
SOLIDARIEDADE SURFEIRA!
As novas da FGS:
Quen está conectado?
Temos 480 convidados en liñaFai unha Doazón!
SurfGZ.com somos uns 4.000 lectores habituais e realizamos unhas 9.000 visitas e 18.000 páxinas visitadas cada mes. Mante-la web actualizada leva horas de traballo e ti podes axudar co que queiras, mesmo con 1,2,3 ou 5 euros.
SurfGZ.com vive dos anunciantes, sponsors e dos seus lectores. Se che gusta e podes, contribue a manter esta web en marcha. Graciñas!
| ADEGA denuncia actividades incompatíbeis coa conservación do humidal de Baldaio |
| Venres, 24 Outubro 2008 16:07 | |||
|
No humidal de Baldaio (concello de Carballo) véñense desenvolvendo prácticas aéreas tanto con motor -“paramotor”- (parapente con motor) e voos de avionetas en prácticas; como sen motor –“kite surfing”-, sobre a superficie da lagoa e da praia. Os paramotores sobrevoan a lagoa e a praia utilizando como punto de despegue o monte das Saíñas. As avionetas en prácticas despegan dende o aeroporto de Alvedro. Alén disto, os practicantes do “kite surfing” fan continuas pasadas no interior da lagoa. Estas actividades realízanse nos días de bo tempo, especialmente durante o verán, causando molestias á fauna e escorrentando ás aves que paran no espazo debido ao ruido dos motores. Cómpre lembrar que a lagoa e praia de Baldaio está incluida na Zona de Especial Protección de Aves (ZEPA) da Costa da Morte. Chama pois a atención que nun espazo natural protexido cuxa principal finalidade é servir como área de cría e invernada ás aves, estéanse a desenvolver actividades manifestamente incompatíbeis co principal obxecto de conservación. Entre a avifauna protexida presente no humidal de Baldaio (anexos da Directiva 79/409/CEE), podemos atopar a gabita (Haematopus ostralegus), diversas especies de pilros (Calidris alba, C. alpina e C. canutus, principalmente), o mazarico rubio (Limosa lapponica), e outros mazaricos (Numenius arquata e N. phaeopus), que acadan importancia estatal polas súas poboacións migrantes ou invernantes. No areal mantéñense uns poucos núcleos reprodutores de píllara das dunas (Charadrius alexandrinus). Nas xunqueiras destaca a presenza de garza pequena (Ixobrychus minutus), e as poboacións de paseriformes reprodutores e migradores, que utilizan as carriceiras e outras formacións de vexetación helofítica: hai núcleos reprodutores da escribenta das canaveiras iberoccidental (Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica), endemismo ibérico cualificado en perigo e de folosa acuática (Acrocephalus paludicola), especie globalmente ameazada segundo os criterios da UICN. Alén disto, no Decreto 127/2008, do 5 de xuño, polo que se desenvolve o réxime xurídico dos humidais protexidos e se crea o Inventario de Humidais de Galiza, inventario actualmente en proceso de ampliación para incluir entre outros ao complexo húmido Razo-Baldaio, recóllese no seu artigo 8.j a prohibición de utilizar “artefactos ou dispositivos que produzan contaminación acústica e incidan negativamente sobre a fauna, salvo aqueles debidamente xustificados”. Por todo isto ADEGA solicita á Dirección Xeral de Conservación da Natureza que garanta a integridade ambiental deste espazo artellando as medidas precisas para eliminar as agresións que son obxecto de denuncia.
|
Engadir comentario
O Noso Twitter
Outras noticias que tamén che poden interesar:
Empresas Amigas:
Africa Extrem Surf Camps -...![]() Descripción: Na mítica vila de Taghazout, Marrocos, esta a nosa surf house: Africa Extrem Surf Camps O noso surfcamp atópase nunha vila en fronte do pico de Anchor point, unha das ondas mais famosas do pais. ... |
Revista Baobab![]() Descripción: Revista de deportes extremos & Freestyle. Edición trimestral, distribución libre e gratuita por Galicia e outros puntos da península. Toda a actualidade dos deportes de acción online en revistabaobab. ... |
Augas Santas SurfCamp -...![]() Descripción: Augassantas Camp e a conxunción de dous surfistas e sobretodo amigos que se dan conta do potencial surfista que ten a Mariña de Lugo. Tratase de Anton Rodriguez responsable de Sensacion Surf Escola e ... |










Parapentes con motor e avionetas en práticas sobrevoan a lagoa de Baldaio sobre a que tamén se pratica "kite-surfing". sen ningún control. Estas actividades, pola forte emisión de ruidos e a intromisión nas áreas de cría causan graves perxuízos ás aves, entre as que se inclúen especies protexidas e amezadas. Até o de agora, a administración fixo caso omiso ás denuncias apesar de tratarse dunha zona ZEPA (Zona de Especial Protección de Aves), parte da Rede Natura 2000, e estar Baldaio en trámites de ser declarado humidal protexido.
Entre a avifauna protexida presente no humidal de Baldaio (anexos da Directiva 79/409/CEE), podemos atopar a gabita (Haematopus ostralegus), diversas especies de pilros (Calidris alba, C. alpina e C. canutus, principalmente), o mazarico rubio (Limosa lapponica), e outros mazaricos (Numenius arquata e N. phaeopus), que acadan importancia estatal polas súas poboacións migrantes ou invernantes. No areal mantéñense uns poucos núcleos reprodutores de píllara das dunas (Charadrius alexandrinus). Nas xunqueiras destaca a presenza de garza pequena (Ixobrychus minutus), e as poboacións de paseriformes reprodutores e migradores, que utilizan as carriceiras e outras formacións de vexetación helofítica: hai núcleos reprodutores da escribenta das canaveiras iberoccidental (Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica), endemismo ibérico cualificado en perigo e de folosa acuática (Acrocephalus paludicola), especie globalmente ameazada segundo os criterios da UICN. 








0 Comentarios