EMPRESAS AMIGAS:
As Novas da Costa
- Fotos da Limpeza de Praia en Doniños
- Colabora nas Iniciativas Océanicas 2012
- Aberta a lagoa da Frouxeira - Valdovino.net
- Denuncian o estado pésimo da praia de Nemiña
- Salmón nas rías NON!
- Bandeiras Negras 2011
- 5ª Marcha a Pé: Ferrol > Mugardos - 22 de Xullo
- Defende as Nosas Rías - 5 de Xuño en Muros
- 864 puntos de verquidos nas nosas Rías
- Crónica da Limpeza de Doniños
O máis visitado este mes
- 3ª Proba do Circuíto Galego Open de Bodyboard 2012 [- Oxígeno Pizzbur Contest VIDEO]
- A quen madruga... Bruno Novoa
- Inscríbete no Oxígeno Pizzbur Contest
- Crónica e resultados da 2ª proba do Circuíto Galego Junior e Infantil en Patos
- Bo resultado da Armada Galega Surfeira en Hossegor
- Nova tenda de Vazva en Santiago!
- Lembrando o Surfusion DK 2011 - Lodofilms
- Entrevista a Diego Álvarez - Kike Aradas
- 2ª Proba do CG Open de Longboard e Paddle surf na praia de Nemiña
- Xente de Ancoradoiro [VIDEO]
Novidades Surfmarket.org
|
Tabla de surf NSP 6'4 epoxi 22 May 2012 Vendo tabla de surf NSP 6'4 tipo fish por no... |
|
Quillas FCS PETER DANIELS - 45€ 18 May 2012 FCS PETER DANIELS Talla M, en perfecto estado, sin ningun... |
|
Traje de Surf 3.2 Billabong 17 May 2012 Traje de surf marca Billabong para chico grosor 3.2 mm,... |
|
Vendo Quicksilver chyper verde 4.3mm taya ms muy muy nuevo,lo... |
|
Tabla Full Cas 16 May 2012 Tabla Full&Cas 6´1 x 18 1/4 x 2 1/4 nueva... |
DIRECTORIO DE EMPRESAS:
SOLIDARIEDADE SURFEIRA!
As novas da FGS:
Quen está conectado?
Temos 482 convidados en liñaFai unha Doazón!
SurfGZ.com somos uns 4.000 lectores habituais e realizamos unhas 9.000 visitas e 18.000 páxinas visitadas cada mes. Mante-la web actualizada leva horas de traballo e ti podes axudar co que queiras, mesmo con 1,2,3 ou 5 euros.
SurfGZ.com vive dos anunciantes, sponsors e dos seus lectores. Se che gusta e podes, contribue a manter esta web en marcha. Graciñas!
| Manifesto por un Litoral Vivo |
| Mércores, 19 Novembro 2008 10:41 | |||
|
Combínanse e coexisten meios de elevada produtividade (rías, lagoas…) con outros de condicións extremas para a vida (areais, acantilados…). O litoral galego conta cunha riqueza paisaxística, biolóxica e etnográfica única no mundo e fai parte imprescindíbel da nosa identidade cultural, das nosas referencias emocionais e do noso futuro colectivo. Porén, esta singularidade non ten sido apoiada dende as administracións nin respectada dende o ámbito privado. O litoral en xeral, e as rías particularmente, atópase suxeito a unha normativa insuficiente para a complexidade de actividades que sobre el se desenvolven (extractivas, transporte, contaminación, obra civil, etc.) quedando a expensas das Autoridades portuarias. O desenvolvemento urbanístico e industrial descontrolado, unhas inexistentes políticas de ordenación do territorio e un errado concepto utilitarista do progreso traduciuse na destrución de grandes partes do noso litoral, proceso acelerado nos últimos anos e con poucas perspectivas de frearse, o que pode supoñer, se non se pon couto, a marea gris definitiva que remate de asolagar a nosa costa. Actualmente, froito da entrada en vigor da nova lei do Solo, a meirande parte dos concellos galegos presentaron ou están en proceso de elaboración dos seus novos planos xerais de ordenación urbana nos que prevén a construción de 300.000 novas vivendas na próxima década, un 75% máis das existentes na actualidade, a maior parte delas concentradas na costa. A maiores, están previstos 17 campos de golf e 24 novos portos deportivos. Galicia pasaría de contar con 816.000 vivendas na costa a 1,4 millóns en dez anos, sendo o 60% segunda vivenda destinada fundamentalmente aos mercados estatais e europeos. Destacan nesta voráxine construtiva a península do Morrazo que a pesares de ter unha das densidades de construción máis altas do litoral prevén aumentar a súa edificabilidade nun 80%. Galicia xa conta cun índice de urbanización do litoral do 15,8%, superior á media estatal, pero en zonas como Pontevedra soborda o 25%. De levárense adiante as previsións de construción, o índice dispararíase exponencialmente e perderíamos irremediablemente grande parte da nosa faciana litoral. Os ecosistemas litorais e costeiros submerxidos son áreas moi sensíbeis as alteracións na contorna. A costa galega xa ten amplamente superada a súa capacidade de carga (entendida como capacidade de asimilar as presións humanas sen sofrer un deterioro irreversíbel) na medida en que os asentamentos humanos e industriais actuais carecen na súa meirande parte das medidas mínimas de xestión de vertidos e depuración de augas. Esta situación, que supuxo xa na ría de Vigo formular unha sanción superior aos 20 millóns de € por parte da UE, significa que máis de 650.000 galegos e galegas verquen sen tratar os seus residuos ás rías galegas. Estes verquidos non son unicamente domésticos, máis da metade teñen a súa orixe na industria. Segundo os estudios de Green Building Challenge - España cada nova vivenda construída no litoral xera cada ano a seguinte carga ambiental para unha ocupación tipo de 200 días/ano (ratio medio para vivendas principais e segundas residencias): consumo duns 60.000 litros de auga/ano e de 6.600 kWh/ano de enerxía; e xeración duns 594 kg/ano de residuos urbanos e de 1.083 kg/ano de CO2. Cando aínda non se ten capacidade para atender os impactos do xa urbanizado, semella cando menos unha irresponsabilidade planificar un incremento do 75 % máis de construcións no litoral. No eido industrial e de obra civil, o panorama non é mellor. Recheos, portos deportivos, parques eólicos, piscifactorías e industrias de todo tipo invaden a costa independentemente da figura de protección coa que conte o un determinado espazo do litoral, nunha carreira subvencionada cara a ningures na que a falsa escusa da creación de postos de traballo abre a espita da destrución do litoral. Este proceso tradúcese nunha perda cultural, ambiental e económica que a miopía xeralizada que padecemos obvia, cometendo os mesmos erros que noutras zonas do estado e facilitando a perda de valores ambientais, biodiversidade, de calidade de vida e a rendibilidade socioeconómica da nosa costa.
![]()
PROPOSTAS1. SUSTENTABILIDADE Implantar unha nova cultura do territorio: Unha nova cultura do territorio en chave de sustentabilidade integral, nas súas vertentes ambiental, social e económica. Unha cultura da sustentabilidade territorial que poña límites á artificialización irreversíbel do territorio (urbanización difusa, proliferación de infraestruturas de transporte por estrada, paseos marítimos, recheos…), procure a adecuación dos usos do solo ás súas aptitudes, non destrúa as nosas mellores paisaxes, free a especulación inmobiliaria, facilite o acceso a unha vivenda digna, mellore a habitabilidade de cidades, vilas e aldeas e reduza a demanda de transporte motorizado, xerando proximidade. Unha ordenación do territorio que abranga todo o país, con medidas para evitar o despoboamento do interior e o desprazamento da poboacion cara as zonas costeiras e o conseguinte aumento da presión urbanística. Cómpre reequilibrar a relacion interior/costa do territorio Promover unha Estratexia de xestión integrada do litoral Unha estratexia que estableza o marco de coordinación de todas as políticas que inflúen sobre a zona costeira e racionalice a actuación das distintas administracións co competencias sobre o litoral. Aplicar o amplo abano de figuras de protección ambiental As figuras (Parques naturais, reservas da biosfera, Rede Natura, espazos naturais protexidos, solos rústicos de protección de espazos naturais da LOUG, solos rústicos de protección de costas da LOUG, servidumes, zonas de policía e áreas de caudal dos ríos, áreas de delimitación do dominio público marítimo- terrestre e áreas mariñas protexidas) e medidas de protección ambiental deben se aplicar de xeito rigoroso, definindo claramente os espazos protexidos e fornecendo corredores ecolóxicos ou espazos ponte que permitan manter un ecosistema litoral dinámico e interconectado. Cómpre salientar a figura das areasmariñas protexidas pola súa potencialidade na conservación e mantemento da estrutura do ecosistema e de todas as especies que o compoñen así como na recuperación de especies de interese comercial e o seu aporte a unha xestión sustentábel da pesca artesanal, fonte de emprego básica do espazo litoral galego. As súas normas de xestión impedirán a execución de proxectos que son ambientalmente incompatíbeis nestes espazos: estradas de alta capacidade, industrias contaminantes, parques eólicos, encoros, canteiras, usos agroforestais lesivos, etc. Os espazos naturais inscritos no Rexistro Xeral de Espazos Naturais creado polo decreto 82/1989 son instrumento fundamental de protección. Aínda QUE O TERRITORIO ABARCADO POR ESTES ESPAZOS é INSUFICIENTE e cumpriría amplialo, débense potenciar e dotar de mais amplos contidos, difusión e medios de protección. A súa xestión debe enfocarse dende unha óptica territorial ampla. Os seus valores naturais dependen non só do que se fai no seo dos mesmos, senon dun contorno mais amplo, que inclue o litoral, os rios e mesmo a alta mar. Apostar pola produción limpa nas industrias e definir claramente o seu emprazamento atendendo ao Principio de Precaución . É imprescindíbel reducir a xeración de residuos en todos os sectores produtivos e eliminar os procesos industriais que xeren substancias tóxicas, caso de que sexan inevitables deberíase reducir estes subprodutos significativamente e ser tratalos convenientemente para evitar o seu traslado ao medio natural dispoñendo de plans de prevención de accidentes e de continxencia específicos para casos de dano ambiental, dispoñendo ademais as industrias de depuración propia, tal e como establece a lexislación, e de tratamento, recirculación ou reutilización de augas no caso de tratar substancias industriais con contaminantes persistentes. Cambios no modelo de desenvolvemento do litoral, particularmente no turismo. A aposta por un turismo non masificado, baseado nos valores naturais e culturais esixe o impulso de medidas destinadas a súa conservación. Cómpre promover un ocio colectivo marítimo fronte ao ocio individualista, que promocionara unha comprensión comunitaria do medio e permitira a recuperación de grandes embarcacións tradicionais, navegación a vela e un uso deportivo e ocioso do medio o menos contaminante posible minimizando a construción de portos deportivos e puntos de atraque no litoral. Cómpre fornecer un tecido económico diversificado onde as actividades cun alto compoñente de emprego estábel substitúan as políticas de “pan para hoxe e fame para mañá” claramente representadas pola promoción de segundas e terceiras vivendas na costa. 2. LEXISLACIÓN |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|
Engadir comentario
O Noso Twitter
Outras noticias que tamén che poden interesar:
Empresas Amigas:
Patos Surf Escola - Praia...![]() Descripción: Esta escola de surf leva dando clases dende o ano 1993. As clases de surf, bodyboard e longboard son na Praia de Patos no Concello de Nigrán. Teñen dous niveis de cursos: Iniciación ou perfeccio ... |
Kalufa Surf School -...![]() Descripción: O surf está ao alcance de todos, pero é un deporte extremo. Remar no océano sen a experiencia de quen o coñece é perigoso. Tentar a surfear sós é perigoso. Os monitores Kalufa levan a vida enteira nas ... |
Oxígeno Surf School -...![]() Descripción: Oxigeno Surf School&Camp é unha escola campamento de Surf, KiteSurf e Sup (PaddleSurf) que actúa na zona de A Mariña e Ortegal. Nace en 2009 da colaboración entre Glass Surf Clube e a Federación Galeg ... |



















0 Comentarios