Cartel

EMPRESAS AMIGAS:

Cartel

PREVISIÓN DE ONDAS

Mapa de Ondas

Cartel

Novidades Surfmarket.org

Vendo tabla de surf NSP 6'4 tipo fish por no...
FCS PETER DANIELS Talla M, en perfecto estado, sin ningun...
Traje de surf marca Billabong para chico grosor 3.2 mm,...
Vendo Quicksilver chyper verde 4.3mm taya ms muy muy nuevo,lo...
Tabla Full Cas 16 May 2012
Tabla Full&Cas 6´1 x 18 1/4 x 2 1/4 nueva...

DIRECTORIO DE EMPRESAS:

SOLIDARIEDADE SURFEIRA!

Cartel


O TEMPO


Meteogalicia.es




Quen está conectado?

Temos 504 convidados en liña

Fai unha Doazón!

Protexer a costa, garantía de futuro: por Touriñán non pasarán!
Mércores, 16 Setembro 2009 01:00

ADEGA.info - Ti podes esixirlles a políticos e empresarios sen escrúpulos que cumpran a lei: participa con ADEGA na defensa de Touriñán e boicota os produtos de Pescanova!

ADEGA esixe que a Xunta de Galiza cumpra a lei e convoque unha mesa de participación pública cos distintos sectores implicados na problemática do Plano Acuícola (administración, veciñanza afectada, concellos, asociacións de protección do ambiente e patronal acuícola) co obxectivo de realizar unha planificación sectorial participativa e sustentábel que teña “garantías de futuro”. As últimas decisións adoptadas polo goberno da Xunta e as sentenzas e recursos xudiciais sobre os planos acuícolas de 2005 e 2007 amosan que esta planificación sectorial está dando “paos de cego”, fomentando a inseguridade xurídica, polo que cómpre establecer criterios serios e sustentábeis para acadar o consenso dos sectores implicados.

A protección do medio é un valor recoñecido dende 1972 pola Declaración da ONU sobre o Medio Ambiente Humano. Neste documento recóllese “o deber solemne de protexer e mellorar o ambiente para as xeneracións presentes e futuras”. A Rede Natura reúne en Europa espazos que polas súas características naturais, precisan de especiais medidas de conservación. A agresión a estes espazos supón un atentado contra a cidadanía e os dereitos das xeracións futuras. Por outra banda, a Lei estatal 27/2006 recolle o dereito fundamental á información e participación pública para plans, proxectos e programas relaccionados co ambiente. O público ten dereito a “expresar observacións e opinións [...] antes de que se adopten decisións sobre plans e programas”. A falta de participación pública é, portanto, unha violación da lei e atenta contra os dereitos de todos os cidadáns.

O caso de de Quilmas (Carnota)

Como exemplo da falta de criterios e inxustiza na planificación acuícola hai que citar o exemplo do pobo de Quilmas. O pobo de Quilmas, con 200 habitantes ten unha piscifactoría de rodaballo de 25.000 m² que pretende ampliarse a 250.000 m², ocupando as terras de cultivo e pechando o acceso de Quilmas á súa costa. Como resposta, os veciños e veciñas de Quilmas constituiron, con apoio da propia administración, a Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raíña Lupa que cultiva e comercializa produtos horta e froita ecolóxicos en 20 hectáreas de terreo, na zona na que Stolt Sea Farm pretende ampliar a súa piscifatoría. A ampliación desta instalación (reiteradamente denunciada por verteduras contaminantes) destruirá terreos e cultivos, estragando os empregos e derramando os beneficios que está a xerar a cooperativa. No entanto, e pesar de Núñez Feijóo aludíu a criterios sociais e ambientais para retirar 4 proxectos, as reivindicacións dos veciños de Quilmas non foron escoitadas. Agora, a Xunta vai quitarlles os terreos e o modo de vida aos veciños para beneficiar a unha empresa privada. Que entenden entón o Sr. Feijóo e a Sra. Quintana por impacto ambiental e social?


Touriñan como símbolo na conservación da natureza

De entre os proxectos acuícolas que nunca deberan ser nen sequera considerados polo seu alto impacto ambiental está o de cabo Touriñán. Unha análise minimamente seria e rigorosa do proxecto de Touriñán debería concluir cunha Declaración de Impacto Ambiental negativa: 350.000 m² de cemento e plástico non poden ser compatíbeis coa conservación dos hábitats prioritarios terrestres e mariños presentes en Touriñán. Este proxecto exemplifica a submisión da política aos intereses de empresas sen escrúpulos que só pretenden o seu lucro a costa de estragar o ambiente e xerar atraso económico e social. E o goberno galego, por boca do seu Presidente, afirma sen rigor científico ningún que o macroproxecto acuícola de Touriñán non ten impacto ambiental algún. Como e posíbel tanta ignorancia, soberbia a prepotencia nun responsábel público? Tamaña irresponsabilidade é inadmisíbel e merece unha resposta firme, contundente e pacífica da cidadanía en defensa da lei e do noso patrimonio, para esixir a retirada do proxecto de cabo Touriñán. Touriñán é un símbolo da irracionalidade do Plano Acuícola: improvisación, destrución do ambiente e vulneración das leis e dos dereitos dos cidadáns.

Boicote a Pescanova

Cómpre que os cidadáns demostren aos políticos e empresarios sen escrúpulos, que as súas accións provocan rexeitamento e van ter consecuencias. Entre as medidas que podemos tomar para obrigarlles a repensar o o desastroso proxecto de Touriñán, ADEGA propón o boicote aos produtos do Grupo Pescanova. Os boicotes son unha forma de protesta pacífica promovidos polos precursores do ecopacifismo dos que temos bo exemplo en Mahatma Gandhi, quen acuñou o termo “resistencia non violenta”, para boicotar os produtos británicos en 1915 e loitar polos dereitos do pobo hindú. Esta sinxela acción pode ser practicada por calquera persoa para esixir á dirección de Pescanova e ao goberno galego a retirada do proxecto de piscifactoría en Touriñán: a os primeiros doeranlle os cartos e aos segundos, os votos.

Baixa o cartaz para rotular os produtos de Pescanova nos supermercados:
Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
 
1 Vote

0 Comentarios

Engadir comentario

 

O Noso Twitter

Cartel

Empresas Amigas:

Revista Baobab
Revista Baobab
Descripción: Revista de deportes extremos & Freestyle. Edición trimestral, distribución libre e gratuita por Galicia e outros puntos da península. Toda a actualidade dos deportes de acción online en revistabaobab. ...
Patos Surf Escola - Praia...
Patos Surf Escola - Praia de Patos - Nigrán
Descripción: Esta escola de surf leva dando clases dende o ano 1993. As clases de surf, bodyboard e longboard son na Praia de Patos no Concello de Nigrán. Teñen dous niveis de cursos: Iniciación ou perfeccio ...
Tartaruga Surf Center - O...
Tartaruga Surf Center - O Grove - Pontevedra
Descripción: Clases e cursos: Tartaruga Surf Center é o primeiro e único Centro Multiactividad de Deportes Náuticos de Deslizamiento das Rías Baixas, está situado en primeira liña da Praia da Lanzada (Parking C ...
Cartel

EMPRESAS AMIGAS:

Van Surf Shop - Viveiro
Van Surf Shop - Viveiro
Categoría: Material de Surf & Roupa
Descripción: A marca surfeira galega The Van Surf ven de rematar as súas melloras de imaxes con novos logos e reformas na súa tenda e outlet na Mariña. Deste xeito unha das empresas máis antigas da nosa terra ...
Concello: Viveiro
Páxina Web: thevansurfschool.com
Visitas: 229
Riders 73 Surf School - Pontevedra
Riders 73 Surf School - Pontevedra
Categoría: Escolas de Surf - Surfcamps Galicia
Descripción: Riders 73 Surf School é un proxecto de Yago Chamorro, surfeiro pontevedrés, para transmitir a súa experiencia aos máis novos e o estilo de vida do surf nas Rías Baixas.
Teléfono: +34 687 25 24 85
Páxina Web: www.riderssurfschool.com
Visitas: 297
Cartel

Máis votadas!

  1. Surf no Inverno - FUGAS [PDF]

    5.0 of 5 stars from 17 votes.
  2. WS-Xtreme Novo Clube nas Rías Baixas

    5.0 of 5 stars from 16 votes.
  3. Line Up Primaveral e Secuencia de Pablo Irisarri

    5.0 of 5 stars from 14 votes.
  4. Óscar Prieto e Erika Franco vencen no Open de Surf Concello de Nigrán 2011

    5.0 of 5 stars from 13 votes.
  5. Superbank Galego - Occy

    5.0 of 5 stars from 10 votes.
  6. Ata Sempre Queima!

    5.0 of 5 stars from 10 votes.

Últimos comentarios

  1. Re: Crónica e resultados da 2ª proba do Circuíto Galego Junior e Infantil en Patos

    Posted on Martes 24 Abril, 2012 by SurfGZ.

    Nome corrixido. Gracias pola axuda.

  2. Re: Crónica e resultados da 2ª proba do Circuíto Galego Junior e Infantil en Patos

    Posted on Martes 24 Abril, 2012 by Raquel Dopazo.

    Por favor corrijan el nombre de...

  3. Re: Olas e Raiolas [VIDEO]

    Posted on Sábado 21 Abril, 2012 by mendi.

    muy guapo el plano d la ola en el...

RSS WEBPORTIO

Google PageRank Checker