|
Xoves, 22 Decembro 2011 16:10 |
|
Se non sabedes que lle regalar a un surfeiro estas navidades podedes probar a mercarlle un Pickle Wax Remover por 14 € e deixalo contento con este novo xoguete que limpa as pranchas de surf ata deixalas brillantes. Neste video de Gony podedes ver os resultados do Pickle.
|
|
Ler máis...
|
|
Martes, 22 Febreiro 2011 00:39 |
|
Un ano máis se celebrará en Pontevedra os días 5, 6 e 7 de maio o VII Congreso Nacional de Ciencias do Deporte e a Educación Física, evento organizado polo Concello de Pontevedra en co-organización co Vicerreitorado do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo e o Dpto. de Didácticas Específicas da Universidade da Coruña, en colaboración con outras institucións. 
|
|
Ler máis...
|
|
Mércores, 28 Abril 2010 01:00 |
|
Neste video tedes uns exercicios de balance e equilibrio grabado por Kako Garcia e os seus alumnos. En brevés publicará exercicios pra facer ben o floater.
|
|
Ler máis...
|
|
Martes, 03 Marzo 2009 10:23 |
|

Ó longo do día imos adoptando posturas que nos poden povocar dor ou problemas na nosa espalda. Tamén despois de realizar unha actividade fisica, a musculatura pode permanecer nunca contracción mantida que nos vai dar molestias.
Todos estes problemas posturais diarios, máis o tempo que pasamos na auga cunha posición do corpo mantida durante un longo periodo, fai que teñamos problemas no noso corpo.Neste artigo imos falar dos estiramentos como tratamento complementario das doenzas musculares o no seu prevenilas.
|
|
Ler máis...
|
|
Venres, 09 Xaneiro 2009 14:49 |
|
Despois dunhas, penso eu, merecidas vacacións e dunha serie de formateos no ordenador, xa estou de novo con vós para falar de algo fundamental á hora de metervos no auga ou de realizar calqueira tipo de exercicio fisico: o quecemento. O quecemento vainos axudar a ter a nosa musculatura preparada para a realización de calqueira actividade fisica.
|
|
Ler máis...
|
|
Sábado, 25 Outubro 2008 21:15 |
 Como xa lestes no artigo anterior o principal no mundo do surf é ter unha boa forma física. E nela, o fundamental é o que se chama resistencia. A resistencia fai que poidamos ter a capacidade de estar no auga sen nos cansar. Pero, ¿Que ocorre cando temos que remar para coller unha onda? Nese caso o que precisamos é de potencia. A potencia o que fai é darnos a forza precisa para facer algo nun momento dado. Por exemplo, a resistencia fainos estar na auga remando e a potencia fainos apurar a remada no momento de ir facer o take off. Hai moita xente que soe ir a ximnasios na procura dunha boa forma física, ademais de practicar o seu deporte preferido. É un bo xeito de compaxinar o deporte e tamén podemos evitar o mais temido: as lesións. Canto mais preparados esteamos fisicamente, menos posibilidades temos de lesionarnos.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 23 Setembro 2008 20:32 |
|
Como en calquera outro deporte para comezar unha práctica deportiva debemos de ter unha boa forma física. O que temos que buscar antes de nos meter na auga é unha capacidade para non nos cansar mentres esteamos a surfear.
Que debemos facer antes de comezar co surf?
O primeiro que debo saber é que o surf é un deporte aeróbico. Que quere dicir isto? Nunca vou pasar de 180 pulsacións por minuto. Por isto o que me interesa para practicar surf é ter unha boa capacidade cardiovascular. O que teño que facer son prácticas deportivas que me van facer ter unha boa capacidade cardio-respiratoria, que se vai traducir nunha boa resistencia na auga. Estes deportes son a carreira continua, a bicicleta e a natación, esta ultima moi importante porque se asemella a práctica do surf.
Con todos estes deportes pódome axudar dun pulsómetro para que me indique as pulsacións nas que me debo manter (nunca mais de 180).
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
Surf no Inverno - FUGAS [PDF]
WS-Xtreme Novo Clube nas Rías Baixas
Line Up Primaveral e Secuencia de Pablo Irisarri
Óscar Prieto e Erika Franco vencen no Open de Surf Concello de Nigrán 2011
Superbank Galego - Occy
Ata Sempre Queima!