Cartel

22:07:34

Cartel

PUBLICIDADE - TABLAS SURF SHOP

Cartel

EMPRESAS AMIGAS:

Cartel
Cartel

SOLIDARIEDADE SURFEIRA!

Cartel

DIRECTORIO DE EMPRESAS:

Cartel

PUBLICIDADE - OnVigo.com

Cartel
Cartel

Novidades Surfmarket.org

Las medidas son: 6.1-19-2 1/2. En buen estado. Va muy...
Hola por liquidación del material del 2011 me quedan 6...
Despues de dar muchisimas vueltas a la cabeza y con...
Se vende tabla de surf Jalaika, medidas: 6´4 19"1/2 2"1/2. Tabla perfecta...
AL MERRICK T-KNOX 6´1.18 1/2.2/4
Tabla de Surf NSP evolutiva de epoxy. Medidas; 7"2 x 21...
Escarpines Rip Curl modelo G-Bomb (tope de gama chica) de...
Vendo neopreno O'Neill PSycho Freak 4,5/ 3,5 mm año 2010...


Cartel

O TEMPO


Meteogalicia.es




O surf e o ximnasio, camiños paralelos?
Sábado, 25 Outubro 2008 21:15
Como xa lestes no artigo anterior o principal no mundo do surf é ter unha boa forma física. E nela, o fundamental é o que se chama resistencia. A resistencia fai que poidamos ter a capacidade de estar no auga sen nos cansar.
 
Pero, ¿Que ocorre cando temos que remar para coller unha onda? Nese caso o que precisamos é de potencia. A potencia o que fai é darnos a forza precisa para facer algo nun momento dado. Por exemplo, a resistencia fainos estar na auga remando e a potencia fainos apurar a remada no momento de ir facer o take off.

Hai moita xente que soe ir a ximnasios na procura dunha boa forma física, ademais de practicar o seu deporte preferido. É un bo xeito de compaxinar o deporte e tamén podemos evitar o mais temido: as lesións. Canto mais preparados esteamos fisicamente, menos posibilidades temos de lesionarnos.

Neste artigo o que vos vou ensinar é como tedes que traballar no ximnasio para conseguir forza-resistencia e potencia.

Debemos de ter en conta que antes de todo temos que facer o que se chama traballo cardio-respiratorio, algo do que falamos no artigo anterior. E o mellor que se pode facer é compaxinar este traballo con traballo de musculación: forza-resistencia e potencia.

No traballo con pesas temos que ter en conta tres conceptos:

- RM (resitencia máxima): A RM é o peso máximo que podo levantar dunha soa vez cun músculo.

- Series: A serie é o grupo de repeticións que vou facer nun traballo muscular.

- Repeticións: As repeticións son o numero de veces que vou realizar o exercicio.
 
Forza-resistencia

O primeiro que hai que facer é comprobar a RM. Para iso vou ir colocando peso de maneira progresiva ata ver o peso máximo que son capaz de levantar dunha soa vez. O seguinte é calcular o 50-60 % desa RM. Por exemplo, se co cuadriceps son capaz de levantar 40 kg, comezarei o meu traballo de forza-resistencia cun peso de 20-24 Kg.
 
Neste traballo o numero de series vai ser de 3-4 e o numero de repeticións será de 15-20.

Potencia

 
Despois da forza-resistencia, xa me podo meter coa potencia. Para iso volto comprobar a miña RM. O que fago agora é calcular o 75 % do peso da RM. O que imos cambiar agora é o número de series e as repeticións. Neste caso as series a facer serán 5-6 e as repeticións 10-12.

En resumo temos o seguinte cadro de traballo,
 
 

                 RM       
         Series          Repeticións
 Forza-Resistencia


 50-60%


 3-4 15-20
 Potencia


75%


 5-6 10-12


Por ultimo hai que ter precaución cunha serie de cousas. Procurade compaxinar esta metodoloxía de traballo con exercicio cardio-respiartorio (piscina, bicicleta,…), alternade os grupos musculares a exercitar (un dia perna, outro dia brazos, etc.), comezade sempre con resistencia para o longo das semanas metervos en potencia e ante calquera dubida preguntádelle aos profesionais que traballen no ximnasio (monitores, fisioterapeutas, entrenadores e demais persoas).

So me queda desexarvos o de sempre. Bo día de praia e boas ondas.


Artigo escrito por Rubén -  Fisioterapeuta de SurfGZ.com

Partillar no TuentiPartillar no Twitter
 
2 Votes

0 Comentarios

Engadir comentario

 
Cartel

EMPRESAS AMIGAS:

Green Fix - Parafina Ecolóxica
Green Fix - Parafina Ecolóxica
naturaltechnology.fr
Descripción: Green Fix é unha parafina de gama alta 100% natural e orgánica. Esta parafa xa foi probada en diferentes partes do planeta con moi bos resultados. Esta parafa está feita en Francia e non precisa de ga ...
Teléfono: 00 33 617 833 599
Páxina Web: naturaltechnology.fr
Visitas: 174

Fai unha Doazón!

Últimos comentarios

  1. Re: Fedérate en Galifonia!

    Posted on Venres 6 Xaneiro, 2012 by Kiko.

    Acábome de federar polo formulario...

  2. Re: Axi Muniain "Mis Olas" [VIDEO]

    Posted on Luns 19 Decembro, 2011 by SurfGZ.

    Buenas Carlos, el vídeo fue...

  3. Re: Axi Muniain "Mis Olas" [VIDEO]

    Posted on Domingo 18 Decembro, 2011 by carlos.

    Hola chicos. Youtube tiene...

  4. Re: Sesións de Adestramento - Bruno Novoa

    Posted on Luns 12 Decembro, 2011 by eric.

    Esto no e verdad..la session de...

  5. Re: Axi Muniain "Mis Olas" [VIDEO]

    Posted on Mércores 7 Decembro, 2011 by Jacobo.

    El mar no tiene dueño, no se vende...

  6. Re: Axi Muniain "Mis Olas" [VIDEO]

    Posted on Domingo 4 Decembro, 2011 by Fran.

    A verdade que cando vin o video...

Máis votadas!

  1. Surf no Inverno - FUGAS [PDF]

    5.0 of 5 stars from 17 votes.
  2. WS-Xtreme Novo Clube nas Rías Baixas

    5.0 of 5 stars from 16 votes.
  3. Line Up Primaveral e Secuencia de Pablo Irisarri

    5.0 of 5 stars from 14 votes.
  4. Óscar Prieto e Erika Franco vencen no Open de Surf Concello de Nigrán 2011

    5.0 of 5 stars from 13 votes.
  5. Ata Sempre Queima!

    5.0 of 5 stars from 10 votes.
  6. Campaña de Apoio aos Shapers Locais!

    5.0 of 5 stars from 10 votes.
  7. Superbank Galego - Occy

    5.0 of 5 stars from 9 votes.
  8. Elixe ao teu surfeiro local favorito pra que teña unha Wildcard no Campionato de Patos!

    5.0 of 5 stars from 9 votes.