|
Luns, 14 Maio 2012 00:00 |
|
Velaquí tedes unha fermosa historia sobre o primeiro surfeiro galego que tivo unha refencia na revista americana Surfing nos anos 80. Jesús Busto recupera este texto do 2007 de arquivo no seu disco duro e publicou unha reportaxe máxica que mostra os comezos do surf en Galica e as primeiras referencias internacionais en revistas de prestixio.

|
|
Ler máis...
|
|
Luns, 16 Abril 2012 00:00 |
|
Non queremos deixar pasar este interesante artigo de Jesús Busto publicado no seu blog no cal podedes ler a historia das primeiras tendas de surf en Galiza que abriron a finais dos anos oitenta e principios dos noventa.
Tendas de surf míticas desaparecidas como Aquasurf, Kowabunga, Yuyuba, Okena ou Novalbos, a única tenda que permanece aberta na actualidade.
|
|
Ler máis...
|
|
Venres, 27 Xaneiro 2012 00:00 |
|
Aquí tedes a terceira entrega do primeiro campionato de surf Trofeo Concello de Nigrán organizado na praia de Patos por Frus e Novalbos.Neste vídeo tedes as semis e as finais con moitos míticos riders galegos daquelas datas. A voz de Carlos Riera soa pola megafonía e é unha parte importante neste documento histórico do surf galaico.
|
|
Ler máis...
|
|
Xoves, 15 Decembro 2011 00:00 |
|
Novalbos - Decembro de 1990, despois de varios adiamentos por fin Pemán confirma que entra forte marusía e así poder levar a cabo o "I Campionato de Surf Trofeo Concello de Nigrán" na praia de Patos organizado polas inesquecibles táboas Frus e os seus creadores Kike Frus e Pedro Pinies e Pedro da tenda de surf Novalbos. Non se concibía un campionato que non fóra no Pico de Monteferro, no medio de Patos non se surfeaba e Prado considerabámola de pouca calidade como para facer o primeiro campionato de surf, por iso tiveron que esperar case un mes ata que por fin entraron boas ondas no Pico.
|
|
Ler máis...
|
|
Luns, 17 Outubro 2011 00:00 |
|
Dende o blog de Jesús Busto copiamos e pegamos un poster dos primeiros campionatos de surf galegos celebrado na praia do Orzán en 1990 a primeiros de Outubro.Temos que destacar o traballo que fai no seu blog Desdelacroa no que podedes atopar interesantes artigos nos que fala das orixes do surf galego e os primeiros riders de Ferrolterra.

|
|
Ler máis...
|
|
Xoves, 25 Agosto 2011 00:00 |
|
Aquí tedes unhas imaxes da primeira revista de surf que enviou a un fotógrafo a facer unha reportaxe sufeira a Galicia. Foi en 1994 e o encargado da reportaxe, Javier Amezaga, percorreu a nosa costa afotando aos que serían os pioneiros do surf en moitos picos da nosa cosa, xente como Hugo Chas, Pedro Novalbos, Chico Torreiro, Kiko Sequeiro, Dani Souto e outros máis...

Artigo da revista de surf 3sesenta
|
|
Ler máis...
|
|
|
Sábado, 19 Marzo 2011 11:11 |
|
Que Pasa Na Costa - A cita máis antiga onde aparece escrito o nome de Costa da Morte é do 10 de xaneiro de 1908, cando a escritora inglesa Annette Meakin deixa constancia no seu diario ao arribar á Coruña que se atopa nos que os mariñeiros denominan “Coast of Death”. É a referencia máis antiga, anterior mesmo ás primeiras en castelán e en galego, das que dispón a Real Academia Galega.
Fala de Finisterre como un dos extremos do Imperio Romano, coñecido como “The End of the Earth” ou “Celtic promontory”. De naufraxios en 1907, ano de 12 sinistros, entre eles o inglés Denewill en Fisterra, o 6 de xullo. O seu erudición e coñecemento da nosa historia é asombrosa.
|
|
Ler máis...
|
|
Domingo, 22 Agosto 2010 00:00 |
|
Jesús Busto - De entre todos os protagonistas dos inicios do surf en Galiza, un asturiano, Félix Cueto, ten a honra de ser a primeira persoa, da que se ten constancia, que surfeou nas nosas augas. E iso, cunha das primeiras pranchas fabricadas no Estado, construída por el mesmo. A súa imaxinación e xovialidade foron fundamentais non só para a xerminación do surf na nosa comunidade, senón tamén na súa consolidación, ao arrastrar co seu entusiasmo a outros na práctica deste deporte. 
Felix Cueto
|
|
Ler máis...
|
|
Luns, 19 Xullo 2010 00:00 |
|
A primeiros de xullo a xente de Pukas e Artsurfcamp organizaron unha mostra de pranchas de surf. Houbo pranchas vellas ata as máis modernas e tamén fixeron unha proxección de fotos e test na auga no que puideron gozar de multitude de sensacións que só provocan estas pranchas antigas.
|
|
Ler máis...
|
|
Venres, 07 Maio 2010 07:37 |
|
Jesús Busto - O descubrimento de Campelo contado por Carlos Bremón e Jorge Imbert. Fotografa de Willy Uribe: Jorge Imbert entubándose no seu primeiro baño en Campelo. 1987. 
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 1 de 3 |
Surf no Inverno - FUGAS [PDF]
WS-Xtreme Novo Clube nas Rías Baixas
Line Up Primaveral e Secuencia de Pablo Irisarri
Óscar Prieto e Erika Franco vencen no Open de Surf Concello de Nigrán 2011
Superbank Galego - Occy
Ata Sempre Queima!