Cultura Historia do Surf Presentación do Océano Surf Museo
Presentación do Océano Surf Museo
Luns, 08 Maio 2017 08:02

O Concello de Valdoviño levou a cabo a presentación nacional do Océano Surf Museo na feira ExpoSurf, que se celebrou esta pasada fin de semana en Avilés. Ata alí se desprazaron o alcalde de Valdoviño, Alberto González; a concelleira de Turismo, Rosana García; Vicente Irisarri, en representación do Océano Surf Club, e representantes das escolas de surf do Concello, Iván Manso (Valdo Surf School); Samuel Pantín e Marcos Pita (Pantín Surf Camp) e Estitxu Extremo e David Pardo (Alawa Surf Camp).

A feira, amais da zona de exposición, tivo un programa completo de actividades, demostracións a cargo de campións destes deportes e charlas. Marco no que se encadra a presentación do Océano Surf Museo. A previsión do Concello é abrir as súas portas a finais de verán, coincidindo coa celebración dos 30 anos do Pantín Classic, campeonato de surf que se celebra no municipio.

Ubicarase na Casa da Cultura, edificio emblemático premio nacional de arquitectura e, na actualidade, o Concello traballa man a man coas escolas de surf do municipio e co Océano Surf Club nos contidos das instalacións, nos que se repasarán os orixes e historia do surf, prestarase especial atención ós seus precursores en Galicia e, tamén, ó Pantín Classic, unha das competicións máis senlleiras e veteranas do circuito.


 
0 Votes

Axúdanos a manter SurfGz.com

Estimados amigos, hoxe pedímosvos que axudedes á SurfGz.com. Mantémonos grazas a doazóns dunha media de 5€ e colaboracións con escolas e marcas surfeiras que aportan cartos todos os anos pero que non son suficientes para xestionar ben o proxecto. Só unha pequena parte dos nosos lectores doan.

Se todos os que visitan o noso website doasen 10€ ó ano, poderiamos manter dignamente a web e pagar por reportaxes, colaborar con fotógrafos, actualizar a web, facer pegatas, axudar aos campionatos locais que organizan os clubes galegos e moito máis... Exacto, todo o que necesitamos é o prezo dun café ou refresco. Se consideras que SurfGz.com éche útil, dedica un minuto para mantela en liña e crecendo. Grazas.

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: