EMPRESAS AMIGAS:
Novas de Surf & Ciencia
- Historia do Surf Galego: O primer 'surfer' galego
- Historia do Surf Galego: As primeiras Surfshops
- Búscanse monitores voluntarios pra un programa de Traballo Social
- Xoan A. presenta o modelo 'Chola' [VIDEO]
- Camaramar estrea nova imaxe web!
- Wavegarden UK
- Finais do Campionato de Patos 1990 [VIDEO]
- Nova web de Zorlak Surfboards!
- Pickle Wax supera o noso Test de Material
- Chusma Surfboards presenta o novo catálogo 2012!
O máis visitado este mes
- 3ª Proba do Circuíto Galego Open de Bodyboard 2012 [- Oxígeno Pizzbur Contest VIDEO]
- A quen madruga... Bruno Novoa
- Inscríbete no Oxígeno Pizzbur Contest
- Crónica e resultados da 2ª proba do Circuíto Galego Junior e Infantil en Patos
- Bo resultado da Armada Galega Surfeira en Hossegor
- Nova tenda de Vazva en Santiago!
- Lembrando o Surfusion DK 2011 - Lodofilms
- Entrevista a Diego Álvarez - Kike Aradas
- 2ª Proba do CG Open de Longboard e Paddle surf na praia de Nemiña
- Xente de Ancoradoiro [VIDEO]
Novidades Surfmarket.org
|
Tabla de surf NSP 6'4 epoxi 22 May 2012 Vendo tabla de surf NSP 6'4 tipo fish por no... |
|
Quillas FCS PETER DANIELS - 45€ 18 May 2012 FCS PETER DANIELS Talla M, en perfecto estado, sin ningun... |
|
Traje de Surf 3.2 Billabong 17 May 2012 Traje de surf marca Billabong para chico grosor 3.2 mm,... |
|
Vendo Quicksilver chyper verde 4.3mm taya ms muy muy nuevo,lo... |
|
Tabla Full Cas 16 May 2012 Tabla Full&Cas 6´1 x 18 1/4 x 2 1/4 nueva... |
DIRECTORIO DE EMPRESAS:
SOLIDARIEDADE SURFEIRA!
As novas da FGS:
Quen está conectado?
Temos 573 convidados en liñaFai unha Doazón!
SurfGZ.com somos uns 4.000 lectores habituais e realizamos unhas 9.000 visitas e 18.000 páxinas visitadas cada mes. Mante-la web actualizada leva horas de traballo e ti podes axudar co que queiras, mesmo con 1,2,3 ou 5 euros.
SurfGZ.com vive dos anunciantes, sponsors e dos seus lectores. Se che gusta e podes, contribue a manter esta web en marcha. Graciñas!
| "En 65 km de costa recollemos 1.600 topónimos, e hai para todos os gustos" |
| Martes, 25 Novembro 2008 17:06 |
|
Dentro dos nomes que o ser humano lles outorga aos sitios, os que se refiren aos accidentes da costa son dos máis singulares. A importancia que para se guiar no mar e localizar os sitios onde máis pesca había fixeron que se desenvolvese unha ampla toponimia neste sentido, dándolle nome a canto elemento puidese servir de referencia. Xosé Lois Vilar publicou recentemente, desde o Instituto de Estudos Miñoraos, a obra Talasonimia da costa sur de Galicia unha obra que amosa a riqueza e a variedade das denominacións deste ámbito. Agora, o autor explícanos o proceso de recolleita e as curiosidades destas denominacións. Se xa na terra estamos ben servidos de topónimos, de xeito semellante na costa os mariñeiros de diferentes vilas dábanlle cadanseu nome aos mesmos lugares. “Que haxa máis dun nome para un mesmo lugar é bo e é normal en toda Galicia, tanto na terra coma no mar. Por exemplo un baixo que hai entre Monteferro e Estela de Terra para os de Baiona é o Baixo de Meixoeiro e para os de Panxón é o Baixo da Porta. E se accedesen a esa zona máis comunidades mariñeiras ao mesmo sitio tería tres ou catro nomes”. De feito, era habitual que moitos dos traballadores do mar levasen un caderno de notas nos que recollían apontamentos e esquemas da costa que lles permitisen localizar con exactitude os lugares onda a pesca era máis abondosa, e mesmo non era extraña a espionaxe e o emprego de códigos para evitar que se descubrisen estes espazos. As orixes dos nomes Entre as causas que lle outorgan un nome particular a unha zona específica atopamos toda unha variedade de posibles causas. Por unha banda están a propia forma dun lugar coma A Aguda, A Bañeira, ou Os Cuitelos. Tamén existen nomes que fan referencia á cor concreta dun espazo, como son os casos de Seixos Negros, Arribas Brancas ou A Laxe Rubia. Tamén se denominan os lugares a partir de ocupacións que nalgún momento se desenvolveron neles. A Salina, A Punta da Sentinela, ou A Fragua son algúns exemplos. Tamén houbo persoas que lle deron nome a lugares, coma nos casos de O Laño do Desiderio, A Laxe da Aurora ou A Laxe da Tía Casilda. As especies animais ou vexetais presentes nun lugar son outra característica pola que se bautiza un sitio. O Pintoeiro, As Centolas, O Rego da Londra, Os Xuncos, O Prixel ou Lourido son algúns destes casos. Os accidentes laborais, en especial as artes de pesca ou as embarcacións que adoitan quedar danadas nun punto concreto deron tamén nome a accidentes xeográficos coma Os Ferranchos, Papachumbadas, O Gancho, Ferralemes ou Rapatimóns. Mesmo naufraxios concretos deixaron a súa pegada na nosa costa. A Pedra do Queimado débelle o seu nome ao naufraxio dun barco propiedade dun home con este alcuño. Co seu afundimento, o pesqueiro ABC cedeulle a denominación a un lugar, ao igual que a nave Cabo Oropesa cos Baixos de Oropesa.
De feito, en moitos destes topónimos consérvanse palabras específicas que para determinados accidentes xeográficos que pode ser difícil atopar illadas. No seu traballo, Vilar recolle nomes con significado propio no sur do país coma Allada, que significa mancha de area; Brugal, que identifica unha zona areosa do fondo do mar con restos de cunchas; Eiriña, que designa unha rocha plana, ou Olga, nome dunha rocha que queda cuberta coa baixamar pero que se pode ollar desde a embarcación. Como podemos ver, a concreción e especificidade destes nomes é verdadeiramente exhaustiva. Como amosa o completo traballo que publicou o Instituto de Estudos Miñoranos, co apoio da Deputación de Pontevedra e mais do Proxecto Ronsel, a riqueza deste campo está aínda pendente de se descubrir. Segundo defende Vilar, é o traballo de base, mediante colectivos locais, o máis efectivo e económico á hora de conseguir rexistrar a incrible variedade que agocha este campo. Toda unha riqueza asombrosa que, coma tantas outras, esmorece a miúdo na memoria dos máis vellos.
Fonte orixinal: www.culturagalega.org Web do Instituto de Estudos Miñoranos: www.minhor.org |
Engadir comentario
O Noso Twitter
Outras noticias que tamén che poden interesar:
Empresas Amigas:
Artsurfcamp - Razo -...![]() Descripción: Artsurfcamp somos un campamento-escola de surf situado na praia de Razo, no municipio de Carballo, na cidade da Coruña-Galicia. Os Cursos de Surf son para todas as idades. Facemos campamentos para nen ... |
Surf&Rock School - Carballo![]() Descripción: Si tienes ganas de escapar de su rutina diaria, en la Escuela Surf & Rock te ofrecemos la gran experiencia del Surf: - Surf Camp para principiantes y avanzados en Galicia, España. - Clases ... |
Club Surfeiros - Nigrán![]() Descripción: Porque nos gusta, porque dedicamos nuestra vida a ello, el Club Surfeiros te anima a participar de la experiencia del surf. Surfeiros nace con la intencion de promocionar el surf y todos sus valor ... |



















0 Comentarios