EMPRESAS AMIGAS:
Novas de Surf & Ciencia
- Historia do Surf Galego: O primer 'surfer' galego
- Historia do Surf Galego: As primeiras Surfshops
- Búscanse monitores voluntarios pra un programa de Traballo Social
- Xoan A. presenta o modelo 'Chola' [VIDEO]
- Camaramar estrea nova imaxe web!
- Wavegarden UK
- Finais do Campionato de Patos 1990 [VIDEO]
- Nova web de Zorlak Surfboards!
- Pickle Wax supera o noso Test de Material
- Chusma Surfboards presenta o novo catálogo 2012!
O máis visitado este mes
- 3ª Proba do Circuíto Galego Open de Bodyboard 2012 [- Oxígeno Pizzbur Contest VIDEO]
- A quen madruga... Bruno Novoa
- Inscríbete no Oxígeno Pizzbur Contest
- Crónica e resultados da 2ª proba do Circuíto Galego Junior e Infantil en Patos
- Bo resultado da Armada Galega Surfeira en Hossegor
- Nova tenda de Vazva en Santiago!
- Lembrando o Surfusion DK 2011 - Lodofilms
- Entrevista a Diego Álvarez - Kike Aradas
- 2ª Proba do CG Open de Longboard e Paddle surf na praia de Nemiña
- Xente de Ancoradoiro [VIDEO]
Novidades Surfmarket.org
|
Tabla de surf NSP 6'4 epoxi 22 May 2012 Vendo tabla de surf NSP 6'4 tipo fish por no... |
|
Quillas FCS PETER DANIELS - 45€ 18 May 2012 FCS PETER DANIELS Talla M, en perfecto estado, sin ningun... |
|
Traje de Surf 3.2 Billabong 17 May 2012 Traje de surf marca Billabong para chico grosor 3.2 mm,... |
|
Vendo Quicksilver chyper verde 4.3mm taya ms muy muy nuevo,lo... |
|
Tabla Full Cas 16 May 2012 Tabla Full&Cas 6´1 x 18 1/4 x 2 1/4 nueva... |
DIRECTORIO DE EMPRESAS:
SOLIDARIEDADE SURFEIRA!
As novas da FGS:
Quen está conectado?
Temos 578 convidados en liñaFai unha Doazón!
SurfGZ.com somos uns 4.000 lectores habituais e realizamos unhas 9.000 visitas e 18.000 páxinas visitadas cada mes. Mante-la web actualizada leva horas de traballo e ti podes axudar co que queiras, mesmo con 1,2,3 ou 5 euros.
SurfGZ.com vive dos anunciantes, sponsors e dos seus lectores. Se che gusta e podes, contribue a manter esta web en marcha. Graciñas!
| Recuperar a cor da nosa costa |
| Mércores, 28 Xaneiro 2009 13:16 |
|
Pintar as casas dunha vila marítima con cores rechamantes. Azul, vermello, amarelo, verde... Nun tempo no que o concepto de feísmo está a introducirse con forza no imaxinario galego, a proposta pode semellar estraña. No entanto, o proxecto, creado polo artista César Lombera, está en vías de se facer realidade. Os veciños de Cabo de Cruz, en Boiro, xa acolleron positivamente esta proposta que recupera a policromía tradicional da nosa costa. ![]() Vaia por diante que a idea non é unha performance artística. O proxecto de pintar Cabo de Cruz de cores parte dun costume que se desenvolveu durante anos en moitas vilas mariñeiras do país. Segundo explica César Lombera, “recollo unha tradición que había na zona xa desde os anos sesenta de ter as casas coloreadas. Isto debíase a distintas razóns. A xente estaba en barcos e visitaba países máis ou menos exóticos con vilas coloreadas”, explica o artista. En concreto, portos do Caribe ou Sudamericanos poden ter sido inspiración de moitos mariñeiros para pintar as súas casas. Ao tempo, asegura Lombera, “isto coincidiu cun momento no que os barcos ían facéndose máis grandes, e empregábase esa mesma pintura colorida para as casas”. A estas cuestións engadíanse as puramente hixiénicas. Para evitar as inevitables manchas que a intemperie e a falta de camiños asfaltados producían nas fachadas, deuse en pintar zócalos máis escuros, abrindo o camiño a combinacións de cores do máis variado. Falamos entón dunha tradición relativamente recente que foi rapidamente substituída por outras propostas de cobertura de fachadas. De feito, xa cara aos anos setenta foron substituíndose as cores pola cobertura de azulexo e de uralita para as fachadas ou por cores máis convencionais. Cabe debater en todo caso sobre a oportunidade de recuperar desta opción específica. A proposta de Lombera, para alén da pura recuperación dunha tradición, quere servir para achegarlle un novo atractivo a este enclave mariñeiro. “Tendo en conta a arquitectura e a singularidade de Cabo de Cruz, propoño darlle cor ás casas para pór en valor a vila e darlle atractivos a nivel turístico, económico e ambiental e facer unha experiencia piloto que sirva para outros lugares da costa, xa que este tipo de policromía é común a toda a fachada atlántica galega”, explica. De feito, na presentación do proxecto, este artista analiza a presenza da policromía na arquitectura ao longo da Historia, recuperando casos de planificación coma o de Turín. O proxecto incorpora as novas tecnoloxías á tradición con vistas a facer unha presentación de como sería un Cabo de Cruz polícromo. “O proxecto presenta unha carta de máis de sesenta cores que se fixo a partir dun estudo polo miúdo da tipoloxía que houbo en diferentes momento. Faise unha proposta aleatoria para o conxunto, logo trataríase de ir vendo con cada veciño como quedaría a súa casa de xeito virtual”. Lombera achega esquemas combinacións de tres cores para fachada, zócalos e outras zonas que se poden ir adaptando aos diferentes casos. Polo momento, a iniciativa conseguiu o apoio do Concello de Boiro e, exposta aos veciños, obtivo unha resposta entusiasta. “O día da presentación, ao final de ver o DVD no que se presenta o proxecto, a xente fixo unha ovación pechada que nos sorprendeu a todos. A acollida foi moi boa, penso que os veciños tiñan en mente esta tradición, e de feito desde que comezamos a traballar nesta iniciativa, hai xa catro anos estamos vendo como a xente vai pintando as casas de xeito espontáneo”. Agora mesmo o proxecto está pendente de conversas coa Xunta para ver as posibilidades de que os veciños reciban axudas para repintar as súas casas e lograr que o Cabo de Cruz polícromo sexa unha realidade. Fonte orixinal: http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=13922 Máis info: http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=4&idEdicion=1067&idNoticia=364682 |
Engadir comentario
O Noso Twitter
Outras noticias que tamén che poden interesar:
Empresas Amigas:
Riders 73 Surf School -...![]() Descripción: Riders 73 Surf School é un proxecto de Yago Chamorro, surfeiro pontevedrés, para transmitir a súa experiencia aos máis novos e o estilo de vida do surf nas Rías Baixas. |
Patos Surf Escola - Praia...![]() Descripción: Esta escola de surf leva dando clases dende o ano 1993. As clases de surf, bodyboard e longboard son na Praia de Patos no Concello de Nigrán. Teñen dous niveis de cursos: Iniciación ou perfeccio ... |
Van Surf School - Xove -...![]() Descripción: Clases e cursos: A escola está situada nunha contorna totalmente rural, o cal che permitirá gozar entre sesións de surf tanto da amable xente do lugar, como da súa variada gastronomia, ou das incom ... |




















0 Comentarios