Sordos Surf Waves - Os guantes de neopreno son para mellorar a remada e facela máis potente e rápida ao coller ondas, foron moi empregados polos surfeiros da década dos 80 e agora os bodyboards seguen usándoos.
Un deseñador xapones fixo uns guantes de silicona para os dedos dende o pulgar ata o meñique, con estas lubas podes mover as mans dun xeito máis lixeiro e ter máis forza na remada.
Sordos Surf Waves - O deseñador Marco De Santi fixo unha táboa de rescate “TITUS” como prancha de surf para os socorristas ou salvavidas que saquen aos bañistas, esta prancha de surf con motor electrico ten catro aceleradores (dous diante e dous atrás), e dúas correas para atar á victima con mais seguridade e non necesita remos para chegar á praia. E o mellor vexas as fotos con detalles.
Eiquí tedes o xeito de transformar unha onda mala nunha excelente esquerda. Isto foi posíbel grazasa a colaboración entre o Goberno da India e a empresa ASR Ltd. A onda foi rematada en febreiro de 2010. Alén do surf un dos obxetivos desta onda e reducir a erosión producida polas ondas na pequena vila de Kovalam. O reef tamén serve como habitat pra diferentes especies mariñas.
Na nosa costa non é habitual atoparse con tabeiróns pero queremos publicar esta noticia vista no blog de Sordos Surf Waves sobre un novo trebello que pode dar moito que falar en países como Australia ou Sudáfrica, trátase dunha pulseira magnética que repele os ataques de tabeirons.
Esta pulseira ten uns imáns que interfiren coas habilidades sensoriais dos tabeiróns xa que detectan as correntes eléctricas producidas polos campos magnéticos, creando unha resposta que repele os ataques.
Despois de 2 meses de probas con este interesante candado surfeiro Surf Lock, publicamos esta nova pra darvos a coñecer as nosas impresións sobre este trebello. O candado é cómodo de levar, de abrir, de colocar e de fechar. Unha vez aparco o miña furgo o primeiro que fago e sacar as chaves do contacto e collo o candado. Vou pra parte dianteira e xa coloco o candado debaixo da defensa, no lugar que ten a furgo pra engancha-lo guindastre.
Recibimos a noticia dun obradoiro de shape impartido por Daniel Puga"SEFÓN" en Lanzarote. Estes cursos de shape son de nivel básico, o curso vai dirixido a todas aquelas persoas que estean interesados en aprender a facer pranchas de surf. O curso é de 25 horas, 4 persoas por grupo e todo o material está incluido...
Impartido por Willy Uribe, este obradoiro de fotografía de surf nace sen espírito académico algún e coa premisa de aprender e compartir experiencias dun modo entretido.
Non será un curso para aprender sobre tratamento de imaxe e complicados procesos RAW, senón un espazo práctico onde se compartirán máis de 25 anos de experiencia na fotografía de surf.
O Obradoiro ten unha duración de 4 días e custa 300 euros e o número de alumnos de cada obradoiro será de dúas persoas.
Apresentámosvos neste artigo o candado máis surfeiro, chámase SurfLock e evita ter que agochar as chaves na roda ou debaixo dunha rocha ó carón do noso carro. Este é o primeiro test de material feito na web e imos publicar dous artigos sobre este interesante trebello. Este é o primeiro artigo de presentación e publicaremos outro máis ao remate do test dentro de oito semanas comentando a nosa expericiencia.
Un día na esquerda de Monteferro...
16 ComentariosAta sempre David!
7 ComentariosAviso de roubos nas praias de Ribeira!
5 ComentariosCarlos Martínez campión en Montalvo [BB]
4 ComentariosEspectacular Secret Galego!
4 ComentariosONDA LONGA LONGBOARD FESTIVAL
3 ComentariosEntrevista con Fito Costas - Endorfina Magazine
3 ComentariosResultados Luso Galaico 2010 [BODYBOARD]
3 ComentariosFotos da Presentación "Bodyboard, un xogo de nenos"
3 ComentariosGony Subcampión europeo WQS 2009!
2 Comentarios