Sordos Surf Waves - Os guantes de neopreno son para mellorar a remada e facela máis potente e rápida ao coller ondas, foron moi empregados polos surfeiros da década dos 80 e agora os bodyboards seguen usándoos.
Un deseñador xapones fixo uns guantes de silicona para os dedos dende o pulgar ata o meñique, con estas lubas podes mover as mans dun xeito máis lixeiro e ter máis forza na remada.
Grazas a Bego Fouz xa temos as primeiras fotos da presentación do documental de Juan Luis Gómez Frieiro "Bodyboard, un xogo de nenos" que tivo lugar na cidade da Coruña o pasado sábado 29 de maio.
A primeiros de xullo a xente de Pukas e Artsurfcamp organizaron unha mostra de pranchas de surf. Houbo pranchas vellas ata as máis modernas e tamén fixeron unha proxección de fotos e test na auga no que puideron gozar de multitude de sensacións que só provocan estas pranchas antigas.
Adobe Flash Player not installed or older than 9.0.115!
Esta semana tivemos moito traballo por mor da mudanza de servidor. Agora estamos moi contentos de poder anunciar que todas as páxinas e os datos da web están nun servidor galego da empresa Contedor.net. Con estes trocos esperamos aumentar a velocidade de carga e mellorar a seguridade da web. Tamén grazas a este troco xa temos as URL amigabeis que nos van dar mellores posicións no index de Google.
Dende SurfGZ queremos agradecer o traballo realizado pola xente de Contedor e a axuda recibida en todo este proceso complicado. Graciñas!
Mitxel produkzioak regresou de novo por Galiza este verán do 2010 e como sempre fixo un par de videos impresionantes de surf e bodyboard en augas de Ferrolterra.
Adobe Flash Player not installed or older than 9.0.115!
Nova sesión de Tow-in Galego
1 CommentSesión na Cala [VIDEO]
1 CommentDoniños a Cero! Fotos de Occy
1 CommentPatos 30/12/2009 - Julian Foto surf
1 CommentPatos - Xaneiro 2010 [VIDEO]
1 CommentBodyboard no Faro [VIDEO]
1 CommentSurf entre amigos - Galicia [VIDEO]
1 CommentGalicia Pure Surfing [VIDEO]
1 CommentDous intres perfectos - José Dopico
1 CommentLalo Díez Profile [VIDEO]
1 Comment