King Millenium - Barcos de Surf en Indonesia Destacado

Contacto
Miriam Valladares
Teléfono
667 691 736
E-mail
Visitas
308
Vídeo:
Partillar no TuentiEnviar para o Google ReaderPartillar no FacebookPartillar no Twitter
Viaxes:

Tipo: Viaxes en barco - Boat Trips - Surf Charters
Lugar: ILLAS MENTAWAI, INDONESIA
Datas: Do 16 de FEBREIRO ao 13 de DECEMBRO
Nivel: Todos os niveis.

O King Millenium I é un barco de 20 metros de eslora e 6 m. de ancho. Dispón de todas as comodidades para que goces ao 100% da túa viaxe de Surf e da túa estancia nas Illas Mentawai. É un barco deseñado por surfeiros para que estes o máis confortable posible na túa viaxe. Só te limitarás a surfear, comer e durmir. O motor é un Nissan turbo diesel de 360 CV. Alcanza unha velocidade de 10 nós, dous xeradores Isuzu de 2 x 20 kw.

Con capacidade para 10 persoas e 4 tripulantes. Todas as habitacións e salón están equipados con aire acondicionado. Hai unha habitación para 4 persoas e catro de dúas persoas, todas equipadas con liteiras confortables e espazosas. O salón comedor é amplo e acolledor e conta con TV, DVD, CD STEREO, equipo de vídeo e foto dixital, Play Station 2 e mini bar.

O King Millenium I dispón de estabilizadores contra o vaiven, radio satelite con altofalantes dentro e fóra do barco, hai un novo radar e tambien un winchy para recoller o ancla. Tamén hai unha ampla terraza desde onde poderás gozar das mellores vistas das ondas. Os sistemas de comunicación e navegación están compostos por un GPS, radio VHS, sonda de profundidade para garantir a seguridade do barco e a información continua acerca das condicións e previsións do surf. Por suposto dispomos de botiquín de primeiros auxilios e todo o equipamento de seguridade necesario. Dispomos de equipo de pesca, de mergullo e un barco auxiliar con fueraborda de 20 CV para acceso ao pico e illas.

A tripulación esta composta por un capitán indonesio cunha dilatada experiencia e coñecemento das augas de Mentawai; un cociñeiro, con gran repertorio culinario; un mecánico, dous mariñeiros indonesios e os guías españois e xaponeses. Segundo a nacionalidade dos clientes falamos indonesio, español, inglés, francés, xaponés e portugués. Toda a tripulación ten un amplo coñecemento no que a viaxar polo arquipélago refírese, polo que estaremos seguros no sitio propicio segundo as condicións meteorolóxicas.Tamén estamos a recibir información continua doutros barcos e da base en Padang para coñecer partes de mar, para evitar aglomeracións, etc...

O King Millenium II é un barco máis moderno con moitas máis comodidades que navega nas mesmas augas e dispón dos mesmos servizos.

GUIAS do Surf Trip:

Josema Illumbe: Orixinal de Ondarribia no Pais Vasco fronteirizo con Francia. Leva pasando as tempadas de ondas en Indonesia desde 1995 e innumerables viaxes a Mentawai e demais illas de Sumatra. Todos estes anos servíronlle de escola para coñecer as ondas e condicións de Mentawai.

David Valladares: Vigo. Desde a súa primeira estancia en Indonesia no ano 1996 regresou todos os anos para gozar das ondas de Mentawai. Deste lugar di que é onde hai maior cantidade de ondas de calidade no planeta.
Mapa
Imagenes (28)

EMPRESAS AMIGAS:

Roto Surf Works
Roto Surf Works
Categoria: Shapers Galicia - Reparacións
Descripción: Reparacións de pranchas de surf de poliester e epoxi. Pranchas de surf por encargo. Máis de 20 anos de experiencia en reparación de pranchas. Seriedade e compromiso co traballo ben feito; cuarto de ...
Concello: Vigo
Teléfono: (+34) 645 214 655
Páxina Web: rotosurfworks.blogspot.com
Visitas: 67
Patos Surf Escola - Praia de Patos - Nigrán
Patos Surf Escola - Praia de Patos - Nigrán
Categoria: Escolas de Surf - Surfcamps Galicia
Descripción: Esta escola de surf leva dando clases dende o ano 1993. As clases de surf, bodyboard e longboard son na Praia de Patos no Concello de Nigrán. Teñen dous niveis de cursos: Iniciación ou perfeccio ...
Concello: Nigrán
Teléfono: 638 724 917 / 625 420 154
Páxina Web: www.patossurf.com
Visitas: 228
Cartel

Máis votadas!

  1. Surf no Inverno - FUGAS [PDF]

    5.0 of 5 stars from 17 votes.
  2. WS-Xtreme Novo Clube nas Rías Baixas

    5.0 of 5 stars from 16 votes.
  3. Line Up Primaveral e Secuencia de Pablo Irisarri

    5.0 of 5 stars from 14 votes.
  4. Óscar Prieto e Erika Franco vencen no Open de Surf Concello de Nigrán 2011

    5.0 of 5 stars from 13 votes.
  5. Superbank Galego - Occy

    5.0 of 5 stars from 10 votes.
  6. Ata Sempre Queima!

    5.0 of 5 stars from 10 votes.

Últimos comentarios

  1. Re: Crónica e resultados da 2ª proba do Circuíto Galego Junior e Infantil en Patos

    Posted on Martes 24 Abril, 2012 by SurfGZ.

    Nome corrixido. Gracias pola axuda.

  2. Re: Crónica e resultados da 2ª proba do Circuíto Galego Junior e Infantil en Patos

    Posted on Martes 24 Abril, 2012 by Raquel Dopazo.

    Por favor corrijan el nombre de...

  3. Re: Olas e Raiolas [VIDEO]

    Posted on Sábado 21 Abril, 2012 by mendi.

    muy guapo el plano d la ola en el...

RSS WEBPORTIO

Google PageRank Checker