Cartel
Ecoloxía
1 millón de m3 de augas residuais mineiras ameazan a ría de Noia
Martes, 08 Novembro 2016 16:02

Ria de Noia e Muros

ADEGA - A volta á explotación do histórico xacemento de estaño-wolfram de San Fins (Lousame), hoxe propiedade da mineira "Tungsten San Finx SL" (Grupo SACYR) pode supoñer unha nova ameaza ambiental para toda a ría de Noia. Xa en 2008 o reinicio da actividade mineira foi obxecto de denuncia por non ter sometido a información pública o preceitivo Estudo de Impacto Ambiental. Agora a empresa vén de solicitar permiso a Augas de Galiza para verter no medio  arredor de 1 millón de metros cúbicos anuais de augas residuais mineinas procedentes das galerías inundadas e da escorrentía das entulleiras.

Ler máis...
 
Naturalmente Valdoviño [VIDEO]
Venres, 26 Agosto 2016 08:52

Fermoso vídeo con imaxes captadas a vista de paxaro da costa e praias da comarca de Valdoviño con algo de surf e moita natureza. Un traballo de VDG videodrongalicia.

Ler máis...
 
Outra bandeira negra pra denunciar o urbanismo salvaxe da costa da Mariña
Xoves, 23 Xuño 2016 09:26


Ecoloxistas en Acción - Na zona da Mariña de Lugo destacamos como modelo do que non hai que facer en relación co urbanismo a Barreiros, pero este non é un caso único. Na comarca, pódese falar tamén de Foz, San Cibrao, Viveiro, O Vicedo, etc. O resultado é unha paisaxe esnaquizada, urbanizacións pantasma, vivendas a medio construír abandonadas, e un longo etcétera que nos mostra un modelo de crecemento urbanístico como os xa presentes nas Rías Baixas.

Ler máis...
 
Bandeira Negra concedida ao Porto exterior da Coruña
Xoves, 16 Xuño 2016 09:14


Ecoloxistas en Acción - O Porto exterior da Coruña en Punta Langosteira é un caso flagrante de gasto nunha zona onde xa teñen un porto exterior. Na actualidade os gastos ascenden a preto de 1.000 millóns de euros e non ten apenas tráfico portuario. Cando acaben as obras no ano 2018 (está previsto nesas datas) o custo multiplicará por moito o orzamento inicial. Unha verdadeira vergoña nun País coa poboación envellecida e onde a xente debe emigrar, onde un número elevado de familias vive baixo o limiar da pobreza, os dirixentes permítense o luxo desa dilapidación mentres a xente pasa fame nos seus fogares, privatizan o SERGAS, etc.

Ler máis...
 
Ecoloxistas en Acción danlle o galardón da Bandeira Negra á Ría de Ferrol
Martes, 14 Xuño 2016 14:21


Ecoloxistas en Acción - A Ría de Ferrol esténdese desde a desembocadura do río Grande en Xubia até o Océano Atlántico, abarcando 17 km de lonxitude e 4,5 km de ancho máximo. Boa parte dos seus fondos están formados por cascallos e pedra. A ría conta cunha taxa de renovación da marea moi elevada, que permite unha ampla biodiversidade, que se está vendo perxudicada por diversas infraestruturas (porto exterior, recheos, etc.) e pola falta dunha depuración eficaz. Construíronse recheos na ría de forma indiscriminada, 1.7 millóns de metros cadrados entre o ano 1900 e 2000. A partir do ano 2000, levaron acabo as ampliacións de Forestal do Atlántico-Reganosa ou o Porto Exterior, que provocan grandes impactos sobre o medio mariño.

Ler máis...
 
Móvete pola Ría: contra ENCE e a eucaliptización
Martes, 24 Maio 2016 07:55

ENCE PONTEVEDRA

ADEGA - Organizacións ecoloxistas, sociais e gremiais chamámosvos á mobilización en Pontevedra POLA RÍA, CONTRA ENCE E A EUCALIPTIZACIÓN. A presenza de ENCE condiciona a política forestal galega. Móvete para defende a nosa paisaxe e os nosos ecosistemas. Vémonos o sábado 4 de xuño ás 19:30 en Pontevedra.

SERVIZO DE BUSES:

- Dende Lugo (organiza ADEGA-Lugo): Saída o día 4 ás 16.00 hs. diante da Facultade de Profesorado de Lugo (antigo Maxisterio), na Avenida de Ramón Ferreiro. Reservas de praza: 982240299. Prezo: 10€ por persoa.

- Dende Ferrol, pasando pola Coruña e Compostela: saída o día 4 ás 16.00 hs. diante da Oficina de Correos no Cantón de Molíns. Prezo 10€ por persoa.

Ler máis...
 
Recollida de plástico en Montalvo - 9 de Abril
Venres, 01 Abril 2016 08:44

MONTALVO SURF

O vindeiro día 9 de abril Kannion Surf Bar vai celebrar que xa leva dous anos funcionando ofrecendo comida e bos concertos ao carón da praia de Montalvo e, o igual que o ano pasado, unha das actividades que teñen programadas e a recollida de lixo na praia de Montalvo a partires das 17:00 horas da tarde.

Este ano van colaborar as escolas de surf na limpeza do areal e participarán os seus alumnos polo que intentarán quitar todo o plástico depositado na praia, a falta de algunhas confirmacións debaixo tedes os logos dos que xa se apuntaron.

Xa sabedes, o sábado 9 de Abril pola tarde podedes pasar pola praia a colaborar!!

Ler máis...
 
Prado Surf Escola convoca unha xornada de limpeza na praia de Patos este sábado 19 de Marzo
Xoves, 17 Marzo 2016 16:20

Como todos os anos, Prado Surf Escola organizará a Xornada de limpeza de praia e formación sobre o varamento de mamíferos mariños, o vindeiro sábado 19 de marzo na Praia de Patos en Nigrán. Esta actividade englóbase dentro das accións que Surfrider Foundation enmarca dentro de Ocean Initiatives, unha xornada global de limpeza de praias que se organizan simultaneamente en todo o mundo entre o 17 e 20 de marzo, e na que participan máis de 50.000 persoas.

PRADO SURF

Ademais, contaremos coa colaboración de CEMMA (Coordinadora para ou Estudo dous Mamíferos Mariños), unha ONG galega dedicada ao estudo e divulgación dos mamíferos e tartarugas mariñas de Galicia. Con máis de vinte anos de experiencia, CEMMA, é a única institución responsable da asistencia aos varamientos en toda a costa galega, a xestión do banco de mostras oficial, da recuperación dos animais feridos, do estudo poboacional destas especies e da redacción dos plans de xestión das especies máis ameazadas. Actualmente, CEMMA non conta con ningún tipo de subvención das administracións públicas, polo que calquera achega económica que lle podamos ofrecer servirá de axuda na súa loita por salvar aos mamíferos mariños.

Ler máis...
 
Convocada unha limpeza de praia en Doniños o 19 de Marzo
Luns, 29 Febreiro 2016 14:57


Xa está convocada a limpeza da praia de Doniños o vindeiro 19 de Marzo dentro do programa europeo das Iniciativas Oceánicas 2016 organizada pola Surfrider. A cita será a partires das 11:30 e o punto de encontro o aparcamento da praia na zona de Outeiro. Limpeza organizada polo Océano Surf Clube.

Ler máis...
 
Manifestación contra a nova Lei de Acuicultura - 27 de Febreiro en Compostela
Domingo, 21 Febreiro 2016 11:57

Acuicultura Galicia

O vindeiro 27 de Febreiro en Compostela vai ter lugar unha manifestación pra protestar en contra da nova Lei de Acuicultura da Xunta do PP. Con esta nova Lei pretenden favorecer a implantación de multinacionais e grandes empresas na xestión das Rías e expulsar aos mariscadores e mariñeiros da xestión tradicional. Deste xeito e despois da prorroga de 60 anos a ENCE, empresa contaminante responsábel da degradación da Ría de Pontevedra, vemos como o Partido Popular de Galicia lexisla de novo a favor das empresas de fóra e en contra do povo unha vez mais.

Ler máis...
 
Sabón dende o Aire [VIDEO]
Domingo, 14 Febreiro 2016 23:11

Atopámonos pola rede este fermoso vídeo da praia de Sabón gravado dende o aire e que mostra a beleza deste areal a pesar da central térmica e mailo espigón de rochas no seu final. Vídeo grazas a Geleco Air.

Ler máis...
 
Imaxes do temporal en Malpica [VIDEO]
Xoves, 11 Febreiro 2016 13:47

Impresionantes imaxes do pasado temporal con ondas de 9 metros en Malpica de Bergatinños entrando polo paseo e golpeando as casas e edificios enfronte do mar. Vídeo grazas a Malpica Surf.

Ler máis...
 
O temporal lévase por diante a chapuza da Ponte de Valdoviño
Mércores, 10 Febreiro 2016 21:10
Galicia Valdoviño

Recibimos estas fotos da ADC Xisto de Pantín nas que se pode apreciar os desperfectos causados polo temporal destes días na ponte de Pantín. A noticia publicada sobre este caso de feismo e chapuza realizada polos políticos de turno foi viral en Xullo do 2014 con máis de 20.000 visitas nun par de días e agora vemos as consecuencias de construir mamotretos enriba da praia.

Galicia Valdoviño

Chegados a este momento ADC Xisto de Pantín vai reclamar a retirada do mamotreto e a recuperación do entorno da praia ante o Concello.
Ler máis...
 
Manifestación ENCE Fóra da Ría - 29 de Xaneiro en Pontevedra
Xoves, 28 Xaneiro 2016 15:45

Convocada unha manifestación de repulsa á prorroga de 60 anos concedida polo Goberno do PP en funcións a papeleira ENCE. Podes asistir este venres ás 20:30 na Praza da Ferraría en Pontevedra. Non pode faltar ninguén!  #EnceFora #PPmafia

Ler máis...
 
13 anos de mentiras! 13 anos de loita! Chapapote Nunca Máis!
Venres, 13 Novembro 2015 12:41

Ás 15.10 horas do 13 de novembro de 2002 o capitán escoitou un forte golpe, como unha explosión, e notou como o barco comezaba a escorar rapidamente (25-40º ó cabo de dez minutos), á vez que observa a saída do fuel polos zapóns da cuberta....

Xa pasaron 13 anos do día máis negro da historia reciente do noso país e seguimos sen culpabeis nin demisións nin desculpas dos políticos que nos trouxeron as piores mareas negras ata as nosas costas. Non queremos deixar pasar esta data e olvidar a loita de milleiros de voluntarios anónimos que marcharon a recoller chapapote coas súas embarcacións e propias mans nunhas semanas nas que o Estado Español e a Xunta de Galicia manipulaban as noticias e dician que non pasaba nada.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 8

A que hora está a marea hoxe?

Fai click na ligazón pra consultar as mareas de hoxe na Coruña, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Foz, Corcubión, Camariñas, Corme, A Guarda, Ribeira, Muros, Pontevedra, Ferrol e Marín.
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: