Un momo visita a Mariña

Durante uns días, dende o 30 de xuño unha enorme quenlla (seláceo) de gran tamaño vistou a costa da Mariña de Lugo. Nos posteriores días mantívose un dispositivo de alerta da CEMMA en colaboración con Protección Civil dos Concellos da Mariña, para tratar de manter o seguemento do animal. Despois dunha breve visita ao porto de Burela o peixe voltou ás costas abertas dos cantís e praias de Ribadeo, desaparecendo o venres despois de achegarse á costa de Foz

A Unidade Móbil do Norte da CEMMA, con base na sociedade Galega de Historia Natural-SGHN de Ferrol é a encargada de prestar o servizo de asistencia aos animais varados na Mariña. Os especialistas confirmaron na tarde do venres 3 de xullo que a quenlla se trataba dunha femia de momo (cetorhinus maximus), tamén chamado peregrino, de 450 cm de lonxitude. Os especialistas da CEMMA achegáronse coa embarcación de Protección Civil, e con moito coidado o estiveron observandoo baixo a auga. O peixe leva catro rémoras acompañantes no rabo mais o seu estado de saúde é bo.

O peixe momo é unha quenlla, mais con dentes minúsculos, un animal filtrador que se alimenta de plancto, ao igual que as baleas. Cos seus 11 metros de lonxitude, como máximo, é a segunda especie de peixe máis grande do mundo, despois do coñecido como quenlla balea das augas tropicais. O exemplar estaba alimentándose na zona porque o mar estaba calmo neses días e había unha cantidade enorme de plancto que ocupaba até dous metros de profundidade, tal e como aseguraron mergulladores que diariamente frecuentan a zona. A pesar de que este achegamento é inusual, non podemos esquencer que hai anos eran capturadas nesa zona con arpón, sendo a única zona de Galicia onde a súa captura era regular.


Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.