O máis visitado este mes
- Unha fin de semana memorable - Suso Ben
- A costa de Ferrolterra [VIDEO]
- Pura Perfección by Peibol
- Fotosplino abre blog na Rede!
- Programa Pantín Classic 2010 - 24 ao 29 de Agosto
- Investigando... - Pablo López
- Días de Longueirón - Pablo Romero "Occy"
- Campionato Galego 2010 de Surf, Bodyboard e Longboard en Soesto (Laxe).
- 1ª Proba do Circuito Galego Xuvenil-Praia de Sabón (Arteixo).
- Maravillosa Rutina [VIDEO]
Quen está conectado?
Temos 196 convidados en liña| Un momo visita a Mariña |
| Martes, 07 Xullo 2009 19:10 |
|
Anosaterra.org - Durante uns días, dende o 30 de xuño unha enorme quenlla (seláceo) de gran tamaño vistou a costa da Mariña de Lugo. Nos posteriores días mantívose un dispositivo de alerta da CEMMA en colaboración con Protección Civil dos Concellos da Mariña, para tratar de manter o seguemento do animal. Despois dunha bredve visita ao porto de Burela o peixe voltou ás costas abertas dos cantís e praias de Ribadeo, desaparecendo o venres despois de achegarse á costa de Foz Exemplar de Momo A Unidade Móbil do Norte da CEMMA, con base na sociedade Galega de Historia Natural-SGHN de Ferrol é a encargada de prestar o servizo de asistencia aos animais varados na Mariña. Os especialistas confirmaron na tarde do venres 3 de xullo que a quenlla se trataba dunha femia de momo (cetorhinus maximus), tamén chamado peregrino, de 450 cm de lonxitude. Os especialistas da CEMMA achegáronse coa embarcación de Protección Civil, e con moito coidado o estiveron observandoo baixo a auga. O peixe leva catro rémoras acompañantes no rabo mais o seu estado de saúde é bo. O peixe momo é unha quenlla, mais con dentes minúsculos, un animal filtrador que se alimenta de plancto, ao igual que as baleas. Cos seus 11 metros de lonxitude, como máximo, é a segunda especie de peixe máis grande do mundo, despois do coñecido como quenlla balea das augas tropicais. O exemplar estaba alimentándose na zona porque o mar estaba calmo neses días e había unha cantidade enorme de plancto que ocupaba até dous metros de profundidade, tal e como aseguraron mergulladores que diariamente frecuentan a zona. A pesar de que este achegamento é inusual, non podemos esquencer que hai anos eran capturadas nesa zona con arpón, sendo a única zona de Galicia onde a súa captura era regular.
Tedes o artigo completo en: http://www.anosaterra.org/nova/31272/un-momo-visita-a-marina.html |














0 Comentarios