Cartel

EMPRESAS AMIGAS:

Cartel

PREVISIÓN DE ONDAS

Mapa de Ondas

Cartel

Novidades Surfmarket.org

Chilli Red Peppa 23 May 2012
Tabla Chilli Red Peppa 5'7 x 19'50 x 2'38 Especial para...
Neck Beard 5.10 x 20 x 2 1/2. Ningún toque. 5 baños. Gracias.
Vendo tabla de surf NSP 6'4 tipo fish por no...
FCS PETER DANIELS Talla M, en perfecto estado, sin ningun...
Traje de surf marca Billabong para chico grosor 3.2 mm,...
Vendo Quicksilver chyper verde 4.3mm taya ms muy muy nuevo,lo...
Tabla Full Cas 16 May 2012
Tabla Full&Cas 6´1 x 18 1/4 x 2 1/4 nueva...
kit windsurf 15 May 2012
kit windsurf vela bic slalom 6.4=100e mastil carbono=90e botavara verde=80e botavara azul=60 arnes= 30e chaleco=20e oferta!!! todo...
Tabla wow 12' 15 May 2012
Tabla ideal para realizar travesías e iniciarse en olas. Pad...
1- se vende traje 4/3 invierno M/T cosido y sellado....
Tabla de Epoxy 6´1 Island Style de Epoxy. Ideal para...
Tabla Slash 5´9" 14 May 2012
Vendo tabla Slash réplica de la Dumpster Diver en 5´9´´. Una...

DIRECTORIO DE EMPRESAS:

SOLIDARIEDADE SURFEIRA!

Cartel


Cartel

SURFCAMS GALEGAS

Se non ves esta imaxe é porque estás empregando o navegador Internet Explorer. Para ver esta web correctamente emprega o navegador Firefox, Opera ou Chrome. Graciñas.

Webcam na Praia de Razo

Se non ves esta imaxe é porque estás empregando o navegador Internet Explorer. Para ver esta web correctamente emprega o navegador Firefox, Opera ou Chrome. Graciñas.

Webcam no Pico de Patos
 

O Noso Twitter

Neboeiro de Tags



Quen está conectado?

Temos 245 convidados en liña

Fai unha Doazón!

Move
Amosar 0 | 5 | 10 | 15 Noticias

Surfing

3ª Proba do C.G Junior & Infantil de surf e bodyboard en Malpica
Martes, 22 Maio 2012 19:12

Os días 26 e 27 de Maio vaise celebrar en Malpica a terceira proba do Circuíto Galego Junior e Infántil 2012 nas modalidades de surf e bodyboard. Haberá tamén unha limpeza de praia na que podedes participar e colaborar a manter limpa a praia de Area Maior. Prazas limitadas: 120.

Ler máis...
 
Apresentado o Circuíto Beachescolas de Paddle Surf
Martes, 22 Maio 2012 12:04

PADDLE SURF GALICIA

Este sábado 26 de Maio dará comezo na Praia de Patos (Nigrán) o Circuíto Beachescolas de Paddle Race 2012. O circuíto consta de 7 probas, todas elas puntuables para o Circuíto Galego de Paddle Race da Federación Galega de Surf, e que se celebrarán nas Beachescolas situadas na provincia de Pontevedra co seguinte calendario:

  • 26/05/2012       Patos (Nigrán)
  • 30/06/2012       Praia América (Nigrán)
  • 21/07/2012       Ladeira. Subida Río Miñor (Baiona - Nigrán)
  • 11/08/2012       Madorra-Patos. Volta a Monteferro (Nigrán)
  • 25/08/2012       Bao. Volta a Toralla (Vigo)
  • 15/09/2012       Limens. Bateas (Cangas)
  • 13/10/2012       Funchal-Liméns (Vigo - Cangas)
Ler máis...
 
Resultados da 2ª proba do Circuíto Galego de Longueirón e Paddle Surf 2012
Martes, 22 Maio 2012 11:08

Na web da Federación Galega de Surf xa tedes a crónica do que pasou a pasada fin de semana na praia de Nemiña onde se xuntaron os mellores riders da nosa costa con longs e paddle pra celebrar a segunda proba do circuíto galego nas súas modalidades. Houbo choiva e ondas de medio metro de boa calidade con percorrido e tempo de facer boas manobras.


Ler máis...
 
Campionato de Long e Sup en Nemiña [VIDEO]
Martes, 22 Maio 2012 00:46

Velaquí tedes o novo vídeo de Carraxe Waves coas imaxes do Campionato de Longueirón e Paddle surf celebrado a pasada finde na praia de Nemiña. En breves publicaremos a crónica e resultados...

 
California Teriyaki [VIDEO]
Luns, 21 Maio 2012 00:06

A Vigo KK Mafia anda estes días pululando polas costas de California e surfeando todo o que poden. Jaji e Gony pasaron un día na praia de Scripps, na Jolla, entre bañistas, canoas e paddles facendo o que mellor saben, divertirse na auga e fora dela.

Ler máis...
 
Zorlak 20 Anos de Surf: Galería de Fotos
Luns, 21 Maio 2012 00:02

Comezamos a semana coa nova galería de Photosurf - Benito Oliveira do campionato de surf en homenaxe aos 20 anos de surf da factoria de Zorlak Surfboards celebrado a pasada fin de semana pasada na praia da Lanzada. Este evento foi unha festa do surf con moitos participantes e moitos premios onde a falta de ondas non foi problema xa que neste campionato o importante foi participar e pasalo ben cos amigos.

Ler máis...
 
Patos Surf Escola en "Desde Galicia para o Mundo"
Luns, 21 Maio 2012 00:00

Velaquí tedes unha reportaxe emitida o pasado mes de Abril no programa de TV "Desde Galicia para el Mundo" sobre as actividades e orixes de Patos Surf Escola contadas por un dos seus fundadores Diego Armada.

Ler máis...
 
One Day In Two Minutes [VIDEO]
Luns, 21 Maio 2012 00:00

José Morandeira ven de publicar un novo vídeo de surf de verán no Barbanza con ondas pequenas, moito sol e Calo e Rober como surfeiros protagonistas.

Ler máis...
 
Entrevista a Diego Álvarez - Kike Aradas
Xoves, 17 Maio 2012 22:33

No blog de Kike Aradas tedes unha boa entrevista feita a Diego Álvarez Lourido, rider coruñés, local de Bastiagueiro, e unha das grandes promesas do surf galego que ten 17 anos e xa foi campión do Circuíto Galego na súa idade  e superou unha grave lesión o ano pasado.

Ler máis...
 
3ª Proba do Circuito Galego Infantil e Xuvenil en Malpica
Xoves, 17 Maio 2012 21:45

Os vindeiros días 26 e 27 de Maio, celebrarase a 3º Proba do C.G. Infantil e Xuvenil 2012 na praia de Area Maior en Malpica. As inscripcións xa están abertas e o número de inscritos limitaráse aos 120 primeiros riders que fagan a súa inscripción. Lembrade que o xoves, ás 13 horas, é o último día para facela inscripción e o pago mediante ingreso ou transferencia bancaria ademáis da autorización paterna e o formulario de dereitos de imaxe firmados. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo.

Ler máis...
 
Circuíto Galego de Longueirón e SUP en Nemiña esta finde!
Martes, 15 Maio 2012 00:00

Esta fin de semana celebrarase a 2ª Proba open de Longboard e Paddle Surf no areal de Nemiña no Concello de Muxía. O prazo de inscripción está aberto ate o 16 de Maio. Podes formalizar a tua inscricion en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Tamén se desenvolverá un campionato paralelo a competición oficial de longboard 100% clásico!!. Os gañadores de longboard e paddle serán premiados con un bono viaxe patrocinado por Ryanair!!

Ler máis...
 
Zorlak 20 Anos de Surf: Crónica e Resultados
Luns, 14 Maio 2012 23:55

Yago Chamorro - O Campionato Zorlak 20 Anos de Surf arracaba ás 10 da mañá, as condicións do mar, cuarto metro sen vento, comezaba o evento coas mangas sub-15 nas que os máis novos deron un bo espectáculo con moitos novos competidores que o fixeron moi ben. A continuacion, comezaron as mangas das rapazas nas que as riders locais dominaron claramente e surfearon a un bo nivel. A categoría Open estivo complicada polo pequeno tamaño das ondas pero se miraron manobras fortes e radicais. 

O Invitacional con Pipo Domínguez, Milo Castelo, Yago Chamorro, Emerson Lopes, Nico Pena, Guille Gómez e Luís Ansin que deron espectaculo con catro táboas Zorlak feitas para a ocasión, tamén realizouse un sub-10 no que puidemos ver aos mais pequenos dando o mellor de si.

Ler máis...
 
A quen madruga... Bruno Novoa
Luns, 14 Maio 2012 00:06

Novo post no Blog de Bruno Novoa con grandes riders do bodyboard en Galicia como Fran Aguilar, David Grandal, Pedro Montero, Andrés Manso e Carlos Calvo nunha sesión salvaxe na costa galega. Foto: Baixadón de Andrés Manso.

Ler máis...
 
Surf en Balieiros 29/4/2012 - Photosurf
Luns, 14 Maio 2012 00:01

Velaquí tedes unha das últimas sesións de Photosurf - Benito Oliveira na praia de Balieiros o pasado 29 de abril. Máis de sesenta imaxes que mostran a beleza da costa, natureza e a dureza do surfing galego cando as ondas non son demasiado boas.


Ler máis...
 
Historia do Surf Galego: O primer 'surfer' galego
Luns, 14 Maio 2012 00:00

Velaquí tedes unha fermosa historia sobre o primeiro surfeiro galego que tivo unha refencia na revista americana Surfing nos anos 80. Jesús Busto recupera este texto do 2007 de arquivo no seu disco duro e publicou unha reportaxe máxica que mostra os comezos do surf en Galica e as primeiras referencias internacionais en revistas de prestixio.

Ler máis...
 
Ojo de Pez TV - Capítulo 4
Venres, 11 Maio 2012 11:25

No cuarto capítulo de 'Ojo de Pez' tedes unha boa reportaxe da terceira proba Open de Bodyboard do Circuíto Galego, que se celebrou na praia de Esteiro na Mariña hai poucos días. Alba Rodríguez, da Prado Surf Escola, é a peixe desta semana. Jaji fala con Pablo Solar, seleccionador estatal de surf e catro veces campión de España.

Ler máis...
 
Xente de Ancoradoiro [VIDEO]
Xoves, 10 Maio 2012 11:12

Ancoradoiro Surf - Pra dar a coñecer á xente que surfea na zona do Barbanza, Marcos Heinrich conversa con Adrián Martínez sobre os seus comezos e experiencias no mundo do surf.

Ler máis...
 
Campionato de Nemiña - Aprazado unha semana!
Xoves, 10 Maio 2012 01:51

Galegos asociados polo Longueirón ven de sacar un comunicado no Facebook do Campionato de Nemiña pra avisar do cambio de datas da proba para a seguinte fin de semana, días 18 e 19 de Maio.

Este é o comunicado: "Una pena pero con todo el dolor de nuestro corazón aplazamos el campeonato de longboard&sup&logger de este domingo en la playa de Nemiña, las razones, la orientación del mar, que no la vemos totalmente clara para realizar un buen evento.

Ler máis...
 
Artsurfcamp doará 0,05 € por ti ao Proxecto Harapan
Martes, 08 Maio 2012 17:26

Pra colaborar na nova campaña de Artsurfcamp soamente tes que facer click nos dous botóns desta web Artsurfcamp/solidario e eles farán unha doazón de 5 céntimos de euros ao Proxecto Harapan. Artsurfcamp quere axudar con proxectos que axuden aos máis desfavorecidos e espallen ilusión polo mundo como o 'Proxecto Harapan' que axuda a unha comunidade local na illa de Sumbawa en Indonesia en diferentes ámbitos: sanidade, educación, infraestructuras básicas, auga e nutrición.

Proyecto Harapan

Ler máis...
 
Novo número da Revista Baobab xa na Rede!
Martes, 08 Maio 2012 01:06

A Revista Baobab acaba de publicar o seu novo número de primavera con moitas noticias interesantes e as crónicas dos campionatos feitos estes primeiros meses do ano na nosa costa. Tedes unha reportaxe sobre a historia das primeiras mulleres surfeiras no Cantábrico e en Galiza.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 98

Empresas Amigas:

Kalufa Surf School -...
Kalufa Surf School - Lanzarote
Descripción: O surf está ao alcance de todos, pero é un deporte extremo. Remar no océano sen a experiencia de quen o coñece é perigoso. Tentar a surfear sós é perigoso. Os monitores Kalufa levan a vida enteira nas ...
Iron Mountain Surfboards
Iron Mountain Surfboards
Descripción: Shape de pranchas de surf e longboards. Reparación de pranchas no Concello de Nigrán. Iron Mountain Surfboards naceu como unha mistura entre necesidade e curiosidade, foi no ano 2005 cando empezamo ...
Revista Baobab
Revista Baobab
Descripción: Revista de deportes extremos & Freestyle. Edición trimestral, distribución libre e gratuita por Galicia e outros puntos da península. Toda a actualidade dos deportes de acción online en revistabaobab. ...
Cartel

EMPRESAS AMIGAS:

King Millenium - Barcos de Surf en Indonesia
King Millenium - Barcos  de Surf en Indonesia
Categoría: Surfaris - Viaxes de Surf
Descripción: Viaxes: Tipo: Viaxes en barco - Boat Trips - Surf Charters Lugar: ILLAS MENTAWAI, INDONESIA Datas: Do 16 de FEBREIRO ao 13 de DECEMBRO Nivel: Todos os niveis. O King Millenium I é un barco de ...
Teléfono: 667 691 736
Páxina Web: www.surfingmentawai.com
Visitas: 309
Roto Surf Works
Roto Surf Works
Categoría: Shapers Galicia - Reparacións
Descripción: Reparacións de pranchas de surf de poliester e epoxi. Pranchas de surf por encargo. Máis de 20 anos de experiencia en reparación de pranchas. Seriedade e compromiso co traballo ben feito; cuarto de ...
Concello: Vigo
Teléfono: (+34) 645 214 655
Páxina Web: rotosurfworks.blogspot.com
Visitas: 67
Cartel

Máis votadas!

  1. Surf no Inverno - FUGAS [PDF]

    5.0 of 5 stars from 17 votes.
  2. WS-Xtreme Novo Clube nas Rías Baixas

    5.0 of 5 stars from 16 votes.
  3. Line Up Primaveral e Secuencia de Pablo Irisarri

    5.0 of 5 stars from 14 votes.
  4. Óscar Prieto e Erika Franco vencen no Open de Surf Concello de Nigrán 2011

    5.0 of 5 stars from 13 votes.
  5. Superbank Galego - Occy

    5.0 of 5 stars from 10 votes.
  6. Ata Sempre Queima!

    5.0 of 5 stars from 10 votes.

Últimos comentarios

  1. Re: Crónica e resultados da 2ª proba do Circuíto Galego Junior e Infantil en Patos

    Posted on Martes 24 Abril, 2012 by SurfGZ.

    Nome corrixido. Gracias pola axuda.

  2. Re: Crónica e resultados da 2ª proba do Circuíto Galego Junior e Infantil en Patos

    Posted on Martes 24 Abril, 2012 by Raquel Dopazo.

    Por favor corrijan el nombre de...

  3. Re: Olas e Raiolas [VIDEO]

    Posted on Sábado 21 Abril, 2012 by mendi.

    muy guapo el plano d la ola en el...

RSS WEBPORTIO

Google PageRank Checker