1 ª Proba Galega de Surf e Longueirón Open Razo

A fin de semana do 25 e 26 de Xullo terá lugar a primeira proba do Circuíto Galego  das categorías Open de Surf e Longboard. As inscricipóns xa están abertas. Recorda que o xoves 23 ás 13 horas é o derradeiro día para facer a inscrición e o pago realizáse mediante ingreso ou transferencia bancaria. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo. ¡Se queres competir inscríbete xa!

Pablo Montero

Circuito Galego Caixa Galicia 2009 >>>

CAMPIONATO: 1 ª Proba Circuíto Galego de Surf e Longboard Open.
ORGANIZA: Federación Galega de Surf, Concello de Carballo e Artsurfcamp.
COLABORA: Coca-cola e Concello de Carballo.
DATA: 25 e 26 de Xullo.
LUGAR: Praia de Razo (Carballo).
CATEGORÍAS: Open (masculino e feminino).
HORA: Confirmación de inscripcións o sábado de 9:30 a 10:00 horas na praia. Ás 10:30 horas aproximadamente comezará a competición (ao longo do día do venres 24 publicarase na Web da FGS o horario de competición así como as mangas).
MODALIDADES: Surf e Longboard masculino e feminino.
PREMIOS: Trofeos para os 4 primeiros.
PREZO: 20 €
PAGO DAS INSCRIPCIÓNS: Ingreso na conta de Caixa Galicia: 2091-0567-74-3040003179 antes do Xoves 23 ás 13:00 horas.

INSCRIPCIÓNS:
Debedes enviar o xustificante de pago por fax ao número: 986 29 93 78 e un e-mail (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) á Federación Galega de Surf cos seguintes datos:

1º) Club
2º) nome e apelidos do competidor
3º) DNI
4º) modalidade
5º) categoría
6º) nº de licenza
7º) nome do técnico (se fose o caso).
8º) teléfono de contacto.

PECHE DAS INSCRIPCIÓNS: Xoves 23 de Xullo 13:00 horas

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.