Cartel
Frontpage Slideshow | Copyright © 2006-2010 JoomlaWorks, a business unit of Nuevvo Webware Ltd.
Nova sesión nas Rías Baixas - Jorge Touriño
Xoves, 09 Marzo 2017 10:09

Velaquí tedes a nova galería fotográfica feita por Jorge Touriño nun dos areais máis surfeiros das Rías Baixas esta semana e con surfeiros destacados na auga como os locais Luís Ansín, Pipo Domínguez e Yago Chamorro pero tamén algún invitado como Guillermo Carrecedo que pasou un bo rato surfeando na Lanzada.

Ler máis...
 
Gony & Neco Pyrrait en Ericeira
Martes, 07 Marzo 2017 09:33

Gony Zubizarreta e Neco Pyrrait disfrutando de boas ondas en Ericeira. Vídeo de Cerveza Salada.

Ler máis...
 
Coñecendo a Toma Goma Surfboards
Luns, 06 Marzo 2017 09:29

Velaquí tedes o novo vídeo da factoría de Toma Goma Surfboards, a marca local de Ferrolterra, que non para de fabricar novos modelos de longboard, retros, fish e shortboards modernas. Se estades interesados en reparar ou mercar unha nova prancha de surf podedes contactar con Ricardo e Luís pra recibir asesoramento e recomendacións para os vosos novos xoguetes.

Ler máis...
 
Towing XXL Nazaré Bombs
Venres, 03 Marzo 2017 09:58

Novo vídeo de Nazaré con imaxes da pasada semana con ondas XXL e unha sesión con motos de auga e grandes surfeiros como Ross Clarke-Jones, Justine Dupont, Zac Haynes, Sebastian Steudtner e Mick Corbett. Como sempre Nazaré volve demostrar porque é unha das ondas máis potentes e perigosas de Europa.

Ler máis...
 
V Campionato Surf Concello de O Grove - 11 e 12 de Marzo
Xoves, 02 Marzo 2017 09:46


Co gallo da celebración do V Campionato Surf Concello de O Grove, 1ª Proba Infantil e Xuvenil da Federacion Galega de Surf en colaboración con Prado Surf Escola, queremos aportar o noso grao de area, contribuindo coa campaña de micromecenazgo #biopsialiquida para avanzar no estudo contra o cancro que se desenvolve o grupo de investigadores Oncomet nos laboratorios do Hospital Universitario de Santiago.

Ler máis...
 
Alerta laranxa na Costa Galega
Martes, 28 Febreiro 2017 10:40


Hoxe recibimos un novo golpe de mar con ondas de 5 a 7 metros na costa galega con periodo alto de 18 segundos pola mañá e baixando a 16 segundos pola tarde. Vento forte do Oeste con refachos superiores aos 40 km/h. Preamar ás 17:00 aproximadamente. Tede coidado se saídes a procurar ondas.

Ler máis...
 
Alive / Alive - Galicia
Domingo, 26 Febreiro 2017 20:18

Fermoso vídeo de Jord Fortman con imaxes da súa viaxe de dúas semanas pola costa galega e o mar Cantábrico coñecendo novas ondas, atopando vellos amigos e surfeando auga fría que te fai sentir vivo.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 524
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: