Campionato Junior de Patos 2017
Mércores, 10 Maio 2017 09:05

Resumo oficial da 2º proba do Circuíto Galego Junior de surf e Bodyboard na praia de Patos en Nigrán.

Ler máis...
 
Maldivas - Pablo Montero
Martes, 09 Maio 2017 09:12

Novo vídeo do incansable surfeiro trotamundos Pablo Montero de viaxe polas illas Maldivas.

 
Chus Naverán deixa o seu posto de Director Técnico da FGS
Martes, 09 Maio 2017 09:02

Mediante a presente publicación informamos o cesamento do noso director técnico Jesús María Guerra Naverán do seu cargo, así como de responsable dos diferentes departamentos federativos.

Desde a súa entrada na anterior xunta directiva como seleccionador cunha nova proposta no programa, así como logo dirixindo e coordinando os diferentes matices dos departamentos federativos deu lugar ao que definen o actual proxecto federativo nas formacións, circuítos, selección e outras propostas, proxectos, algúns que chegaron á Asemblea sen poder levar a cabo. Así como a súa achega burocrática e administrativa en canto a relacións coas diferentes administracións e regulacións nos últimos 3 anos.

Ler máis...
 
Inscríbete no Ribeira Weekend 2017
Luns, 08 Maio 2017 10:52

RIBEIRA WEEKEND SURF

Inda estás a tempo de te inscribir no Ribeira Weekend que vai ter lugar este 13 de Maio na praia de Seráns con probas de surf e bodyboard. Prezo: Surf Open 15 euros e Bodyboard Open 15 euros. Surf Féminas, Surf Junior e Bodyboard Junior 10 euros. En caso de competir en dúas categorías 20 euros.

Ler máis...
 
Presentación do Océano Surf Museo
Luns, 08 Maio 2017 08:02

O Concello de Valdoviño levou a cabo a presentación nacional do Océano Surf Museo na feira ExpoSurf, que se celebrou esta pasada fin de semana en Avilés. Ata alí se desprazaron o alcalde de Valdoviño, Alberto González; a concelleira de Turismo, Rosana García; Vicente Irisarri, en representación do Océano Surf Club, e representantes das escolas de surf do Concello, Iván Manso (Valdo Surf School); Samuel Pantín e Marcos Pita (Pantín Surf Camp) e Estitxu Extremo e David Pardo (Alawa Surf Camp).

Ler máis...
 
Día épico na Costa da Morte - ADFoto
Domingo, 07 Maio 2017 20:41

Velaquí tedes as fotos da histórica sesión deste mes nunha onda no corazón da Costa da Morte que puidemos disfrutar en directo na compaña de amigos e locais na auga durante todo o día. Na primeira parte do baño destacou o local Dani co seu longboard baixando varias bombas, logo o coruñés Rodri Porcelli mostrou un gran control dos tubos e tamén o vigués Óscar Prieto que disfrutou como un neno pequeno.

Ler máis...
 
Tubazo de Juan Fernández
Venres, 05 Maio 2017 11:44

Tubazo do surfeiro coruñés Juan Fernández a principios desta semana nunha praia da Mariña, na costa de Lugo. Día épico no que Juan puido mostrar a súa técnica mellorada grazas aos ultimos meses en Hawaii.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 6 de 533

Axúdanos a manter SurfGz.com

Estimados amigos, hoxe pedímosvos que axudedes á SurfGz.com. Mantémonos grazas a doazóns dunha media de 5€ e colaboracións con escolas e marcas surfeiras que aportan cartos todos os anos pero que non son suficientes para xestionar ben o proxecto. Só unha pequena parte dos nosos lectores doan.

Se todos os que visitan o noso website doasen 10€ ó ano, poderiamos manter dignamente a web e pagar por reportaxes, colaborar con fotógrafos, actualizar a web, facer pegatas, axudar aos campionatos locais que organizan os clubes galegos e moito máis... Exacto, todo o que necesitamos é o prezo dun café ou refresco. Se consideras que SurfGz.com éche útil, dedica un minuto para mantela en liña e crecendo. Grazas.

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: