Gray Ampere
Domingo, 26 Marzo 2017 13:10

Novo vídeo gravado por Gabriel Pacheco no mítico beach break de Coruña con Kike Sanjurjo e Pedro Rodríguez ofrecendo un bo espectáculo.

Ler máis...
 
Few days on the road
Venres, 24 Marzo 2017 10:04

Presentámosvos "Few days on the Road", o novo traballo de Remi Berthet e Geoff Vaquie, con imaxes moi boas de diferentes sesións de bodyboard polo norte da costa galega. Música: Hint - Count your Blessings - Bonobo Remix.

Ler máis...
 
Just Now - Jordy Smith
Xoves, 23 Marzo 2017 20:58

Just Now é o novo vídeo de surf de Jordy Smith con 17 minutos de imaxes e baños dun dos mellores riders do planeta. Dirixido por Dane Staples.

Ler máis...
 
Limpeza de praia en Doniños: 25 de marzo
Martes, 21 Marzo 2017 15:48

Desdelacroa - Con esta serán 18 as edicións nas que participamos das Iniciativas Océano de Surfrider Foundation. A deste ano deberiámola organizar esta fin de semana, que era cando, e dentro da campaña, ían ter lugar a maioría das limpezas en Europa. Pero como desde hai uns anos Surfrider permite un calendario máis libre, nós decidimos seguir sendo fieis aos bos costumes, e celebrar a nosa limpeza cando sempre o facemos: o primeiro sábado da primavera, o 25 de marzo.

En todo este tempo, 17 anos, ademais de organizar decenas de limpezas, creo que realmente chegamos a entender a magnitude do problema ao que nos enfrontabamos. Hei de recoñecer que, naquelas primeiras limpezas celebradas no ano 2000, non eramos plenamente conscientes da magnitude do problema: entón o único que nos preocupaba era lograr que a praia de Doniños e outras da nosa comarca (organizamos tamén limpezas en San Cristobal e Valdoviño), estivesen limpas.

Ler máis...
 
Addiction - Artic Surf Project
Martes, 21 Marzo 2017 10:30

Addiction é un proxecto de fotografia e vídeo sobre surf, unha viaxe ao Ártico na procura de ondas perfects, aventura e increíbles paisaxes nun dos lugares máis fríos de Europa. Seis amigos de diferentes lugares de procedencia, diferentes idades e diferentes habilidades xuntáronse pra vivir durante oito días unha experiencia brutal e con este adianto do video queren mostrar o lonxe que pode chegar a paixón polo que fan.

Ler máis...
 
Bodyboard Respect - Fotosplino
Domingo, 19 Marzo 2017 21:40


Velaquí tedes algunhas das imaxes tomadas pola cámara de Ángel Fotosplino este mes no spot máis salvaxe das Rías Baixas e lugar de encontro do bodyboard galego e portugués con grandes riders na auga como Nico Carpio, José Casiñas, Carlos Megino, Hugo Sánchez, Carlos Lorenzo, Facundo Nahuel, e Carlos Romero entre outros. Sen dúbida unha das mellores reportaxes do ano grazas a unha nova perspectiva dende a auga misturada coa grande destreza de Fotosplino.

Ler máis...
 
Verán nas Rías Baixas?
Venres, 17 Marzo 2017 10:39

Espectacular novo vídeo gravado dende o aire esta semana nas Rías Baixas con imaxes de Nacho Guisasola, Nico Peña, Manu Birman e outros surfeiros que estiveron a disfrutar dunhas ondas de moita calidade con tubos incluidos con temperaturas de 25 grados. Tedes máis vídeos no Youtube de Javier García-suarez Pozuelo.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 7 de 529

Axúdanos a manter SurfGz.com

Estimados amigos, hoxe pedímosvos que axudedes á SurfGz.com. Mantémonos grazas a doazóns dunha media de 5€ e colaboracións con escolas e marcas surfeiras que aportan cartos todos os anos pero que non son suficientes para xestionar ben o proxecto. Só unha pequena parte dos nosos lectores doan.

Se todos os que visitan o noso website doasen 10€ ó ano, poderiamos manter dignamente a web e pagar por reportaxes, colaborar con fotógrafos, actualizar a web, facer pegatas, axudar aos campionatos locais que organizan os clubes galegos e moito máis... Exacto, todo o que necesitamos é o prezo dun café ou refresco. Se consideras que SurfGz.com éche útil, dedica un minuto para mantela en liña e crecendo. Grazas.

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: