Cartel

Buscar na Web:

EMPRESAS AMIGAS:

Cartel
Cartel

DIRECTORIO PROFESIONAL DE SURF:

Cartel

Novidades Surfmarket.org

ZORLAK RETRO TWIN 19 May 2013
Vendo esta tabla comprada en navidades por falta de espacio...
Se vende tabla Zorlak muy bien cuidada y con 4...
tabla Iza 18 May 2013
se vende tabla brasileña marca Iza con Grip y quillas,...
Modelo: Chest Zip Cypher mujer 4/3 Color: Turquesa/Negro Características: Traje Roxy 4/3mm...
Modelo: Cell Color: Turquesa/Marrón Características: Traje de surf para mujer, marca Roxy,...
Modelo: Airlite Color: Negro/Azul Características: Traje de surf marca Billabong airlite...


Cartel

Twitter Show

Cartel

Quen está conectado?

Temos 68 convidados en liña

Novos vídeos na Galería!

Nova data para o Campionato de Long en Nemiña - 20/21 de Abril
Venres, 12 Abril 2013 00:22

É unha mágoa que ter comunicar que a 1ª Proba do Circuíto open de Longboard e paddleboard na Praia de Nemiña en Muxia volve ser aprazada para finais deste mes de abril. Os partes de ondas e ventos non son nada favorabeis e polo tanto a FGS e o clube organizador GAL prefiren retrasalo na espera de boas condicións pra ofrecer un bo espectáculo.

Ler máis...
 
Noraboa ao SUP Galego! Coque Araujo fai podium en Cantabria!
Xoves, 11 Abril 2013 01:13

O pasado sábado día 7 de Abril daba comezo en San Vicente de la Barquera a primeira proba do Circuíto Cántabro de Stand Up Paddle en modalidade Race, o Circuíto referencia en España e o de maior nivel a cargo, nesta ocasión, da escola Costa Norte e Días de Surf en colaboración coa Federación Cántabra de Surf. O rider galego Coque Araujo, primeiro pola esquerda, rematou nun excelente segundo posto demostrando o bo estado do paddle race na nosa costa.

As previsións meteorolóxicas xa auguraban que a carreira ía ser moi dura e o sábado atopabámonos na praia do Tostadero a 6ºC, con pedrisco e ventos fortísimos que se unían ás correntes causadas pola marea, así que desde as 08:30 da mañá a organización xa estaba ao choio para conseguir un desenvolvemento impecable da proba a pesar das adversidades.

Ler máis...
 
Chilling Time - Diego Álvarez [VIDEO]
Martes, 09 Abril 2013 22:36

Terceira entrega de Diego Álvarez con imaxes da súa viaxe polas terras de Asturies a pasada semana santa. Non tivo demasiada sorte na súa viaxe mais puido surfear algunhas sesións como podedes ver no vídeo.

Ler máis...
 
Comeza o Circuito Galego Open de Surf en Malpica!
Luns, 08 Abril 2013 22:59

Xa está aberto o prazo de inscripción da primeira proba do Circuito Galego de Surf 2013 na praia de Areamaior en Malpica de Bergantiños. Tedes toda a info en: http://fgsurf.org/novas/circuito/402-1o-proba-do-circuito-galego-open-de-surf-praia-de-area-maior-malpica-de-bergantinos.html

 
Surf en Montalvo 4/4/2013 - Benito Oliveira
Luns, 08 Abril 2013 00:05

Nova entrega fotográfica da man de Benito Oliveira na praia de Lanzada con boas ondas e moitos locais na auga. A praia de Montalvo é unha das mellores opcións nas Rías Baixas cando o vento do nordés golpea a nosa costa e nela podedes atopar tranquilamente a máis de medio cento de riders na auga compartindo as súas ondas.

Ler máis...
 
MiniSerie Galicia Calidade - Episodio II: De Surfing [VIDEO]
Luns, 08 Abril 2013 00:00

Este vídeo é o segundo episodío dunha miniserie composta por tres capítulos dunha viaxe a Galicia o pasado verán e que trata sobre o mundo do surf galego. No vídeo podedes ver a riders como Marcos Pita e Ruffo Navarro ensinando surf aos alumnos de Pantín Surfcamp. Un bo vídeo divertido e veranigo para estes días de frío e choiva.

Ler máis...
 
O Número 24 - Prado BBK [VIDEO]
Luns, 08 Abril 2013 00:00

Vídeo de bodyboard do colectivo Prado BBK gravado os días 23 e 24 de Marzo por Matías Rivas. Música electrónica e moito traballlo de edición pra facer un vídeo elaborado e rápido de ver no que aparecen moitas caras coñecidas do mundo BB das Rías Baixas.

Ler máis...
 
Cancelados Patos e Nemiña!
Venres, 05 Abril 2013 10:48

A FGS comunicou onte a cancelación dos dous eventos do Circuito Galego convocados esta finde nas praias de Patos e Nemiña. Ambo-los dous quedan en periodo de espera ata que cheguen boas ondas que permitan a celebración deste eventos.

+ info en:

http://fgsurf.org/novas/circuito/401-aplazados-los-campeonatos-de-patos-y-nemina.html

Ler máis...
 
Surf de Semana Santa no Artsurfcamp [VIDEO]
Venres, 05 Abril 2013 09:53

O Artsurfcamp é un dos grandes campamentos de surf da nosa costa como podedes ver neste novo vídeo onde recollen as súas actividades realizadas esta pasada Semana Santa con perto dun cento de novos aficionados ao surf que viñeron a Galiza na procura dunha experiencia diferente na praia de Razo.

Ler máis...
 
Oferta de pranchas de surf en Oxígeno Surf Shop!
Xoves, 04 Abril 2013 12:29

Oferta de pranchas de surf en Oxígeno Surf Viveiro. Todo o mes de Abril o teu pack de táboa + grip + funda + invento por 320€ Next e 370€ Wat Say. Soamente prancha de surf por 250 € Next Surfboards e 299 € Wat Say. Infórmate no 645 873 593.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 5 de 240

Noticias Surfmarket.org

Después de casi una semana sin olas el viernes pasado se reanudó el tercer evento del año del mundial de surf Billabong Rio Pro 2013 en la barra de Tijuca en Brasil. Joel parkinson dió la sorpresa al caer eliminado en segunda ronda.Kelly Slater no...
Os presentamos la nueva revista de longboard HANGTEN en la que podrás disfrutar de fotos, viajes, furgonetas, tablones, shapers y mucho más y todo ello apostando por nuestra industria estatal y nuestra gente pero también con algo de info...

Sonspors SurfGz.com

King Millenium - Barcos de Surf en Indonesia
King Millenium - Barcos  de Surf en Indonesia
Teléfono: 667 691 736
Páxina Web: www.surfingmentawai.com
Visited: 395
Cartel