Cartel

EMPRESAS AMIGAS:

Cartel

PREVISIÓN DE ONDAS

Mapa de Ondas

Cartel

Novidades Surfmarket.org

Chilli Red Peppa 23 May 2012
Tabla Chilli Red Peppa 5'7 x 19'50 x 2'38 Especial para...
Neck Beard 5.10 x 20 x 2 1/2. Ningún toque. 5 baños. Gracias.
Vendo tabla de surf NSP 6'4 tipo fish por no...
FCS PETER DANIELS Talla M, en perfecto estado, sin ningun...
Traje de surf marca Billabong para chico grosor 3.2 mm,...

DIRECTORIO DE EMPRESAS:

SOLIDARIEDADE SURFEIRA!

Cartel


O TEMPO


Meteogalicia.es




Quen está conectado?

Temos 298 convidados en liña

Fai unha Doazón!

Comezo Longboard Entrevistas Entrevista a Román Díez
Entrevista a Román Díez
Mércores, 13 Outubro 2010 00:00

ROMAN DIEZ

Hoxe publicamos unha pequena conversa con Román Díez, subcampión galego de longueirón e un dos dirixentes dos G.A.L. (Galegos Asociados polo Longueirón). Román Díez tamén é un dos organizadores do Festival Onda Longa.

Esta é a súa ficha técnica:

  • Nome:  Roman Diez    
  • Idade: 32
  • Anos surfeando: 18
  • Spots que frecuentas: Patos
  • Estudos/Traballo: Shaper de Iron Mountain
  • Un hobby: Viaxar
  • Unha viaxe: California
  • Un soño: Facer do Ondalonga un evento internacional.
  • Música preferida: Bersuit Vergarabat
  • Sponsors: Iron Mountain surfboards, Prado surf clube e Hey Juddy
  • Mellores Resultados: Campión Galego 2009 , Campión Open da Lanzada 2010, Subcampión Galego 2010 y 2º do primeiro Galaico-Luso de Patos

Esta foi a conversa:

Como e cando comenzaches a surfear?

Empecei con 14 anos por culpa dos amigos, eu xa patinaba, pero naqueles anos surfear era como outro escalón, así que me plantei en Novalbos  e merquei unha Byrne Tom Carroll por 15.000 pesetas de segunda man e unha licra, así que no mes de marzo para a auga “sen frío”, e ata agora.

Por que elexiches surfear con longueirón??

Sempre me chamou a atención a sensación de deslizamento que produce o longueirón, non digo que sexa mellor, senón diferente, creo que cada un ten que aprender a valorar todas as pranchas e para qué están feitas e un longueirón debería estar no quiver de todo o mundo, é divertido e a maneira de surfear é diferente

E cando comenzaches a competir?

No ano 2007 no Galaico-Luso da praia de Patos por razóns que descoñezo.


Que che parece o nivel galego de longueirón??

Duns anos para hoxe o nivel do longueirón galego subiu notablemente, temos xente en tóda-las competicións e festivais con un nivel incrible, nomes como Tony Varela, Daniel Alvite, Iago Baz, Kike Manero, Iago Bueno, J.Barcala, Alberto Mouriño, etc.. fan que sempre esteamos representados dignamente nas competicións.

Noraboa polo teu novo título de Subcampión Galego 2010 de Longueirón. Como foi a final do Campionato Galego en Soesto este ano??

Este ano foi moi complicado, existía moita competencia pero Daniel Alvite fixo un campeonato incrible cunhas puntuacións moi boas e foi un digno campión, foi unha manga moi dura.

É dificil conseguir sponsor facendo longueirón??

Por suposto, eu son o meu propio sponsor, o longueirón quédalle moito por andar en Galiza e as tendas deberían de ver o nivel e apoiar a xente. Temos que empezar a trocar a imaxe que se ten do longueirón, creo que en Galiza o único que ten algo de apoio é Daniel Alvite.

Como é un día normal na túa vida?

Hoxe por hoxe, a miña vida móvese ó redor das mareas, senón hai ondas de tarde, shapeo e reparo de mañá ou ó revés.


Agora estás moi metido co tema do shape, como vai Iron Mountain Surfboards, a túa marca de pranchas??

Levo un tempo shapeando para min e para algún amigo, pero o tema do shape é algo que me apaixoa e que me encanta, este mes de Setembro Iron Mountain, comezou a funcionar ó 100%, é dicir, xa podedes encargar unha prancha ou unha reparación, os materias son de primeira calidade e tóda-las pranchas serán feitas a man, sen preshapes. Nestes intres estou moi contento pola acollida que recibín da xente, e agardo que en breve poida apoiar algún longboarder galego.

Shapeando na súa casa

Un dos seus shapes

Tamén sabemos que xa estades preparando, dende o G.A.L, a nova edición do Festival OndaLonga 2011. Podes adiantar algunha novidade (datas, actividades, etc...)?

Ondalonga 2011 xa é un feito grazas á boa acollida do ano pasado, en breve reunirase o G.A.L. e decidiremos as datas e as novas actividades. Podo dicir que queremos que sexa como o ano pasado, con ese espiritu aínda que medre un pouco, gardando esa sensación, pero como adianto podo dicir que teremos pregoeiro da festa …jajajjaja…e moitas cousas mais, tamén dende aquí quero mandar un aviso a todo o mundo que queira colaborar: marcas, tendas… poden contactar con nós en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , así como á xente que acudiu o ano pasado que nos mande ideas e as suxestións que poidan ter.

Moitas gracias por colaborar nesta entrevista. Agora se queres podes escribir unhas palabras para dicir o que queiras aos nosos lectores:

Pois agradecer a todo o mundo que esta procurando que Iron Mountain sexa unha realidade como son os meus amigos, familia, Cristina e Hey Juddy que cando preciso algo para Iron Mountain sempre votan unha man. GRAZAS

Román surfando a súa praia local


Máis info en:

http://ironmountainsurfboards.blogspot.com/


Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
 
12 Votes

0 Comentarios

Engadir comentario

 

O Noso Twitter

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Empresas Amigas:

Max Surfaris - Axencia de...
Max Surfaris - Axencia de Viaxes
Descripción: Max Surfaris é unha axencia de viaxes especializadas en destinos de alta calidade para a práctica do surf e bodyboard. Os seus principais destinos son Costa Rica, Illas Maldivas, Sri Lanka, Indonesia, ...
Patos Surf Escola - Praia...
Patos Surf Escola - Praia de Patos - Nigrán
Descripción: Esta escola de surf leva dando clases dende o ano 1993. As clases de surf, bodyboard e longboard son na Praia de Patos no Concello de Nigrán. Teñen dous niveis de cursos: Iniciación ou perfeccio ...
SilfoCamps - Escola de Surf...
SilfoCamps - Escola de Surf - Malpica
Descripción: Clases e cursos: A escola de surf e campamentos Silfocamps, está dirixida para que todos aqueles que queiran iniciarse neste apaixoante deporte, o fagan do xeito máis rápido, fácil e divertido. Ade ...
Cartel

EMPRESAS AMIGAS:

TSP - The Surfeiros Piratas
TSP - The Surfeiros Piratas
Categoría: Material de Surf & Roupa
Descripción: TSP (The Surfeiros Piratas) é unha nova empresa de deseño textil que a través da súa tenda online comercializa os seus propios deseños en camisetas e suadoiros. Con algúns deseños inspirados na est ...
Teléfono: (+34) 981 151 149
Páxina Web: www.tspsurf.com
Visitas: 277
SilfoCamps - Escola de Surf - Malpica
SilfoCamps - Escola de Surf - Malpica
Categoría: Escolas de Surf - Surfcamps Galicia
Descripción: Clases e cursos: A escola de surf e campamentos Silfocamps, está dirixida para que todos aqueles que queiran iniciarse neste apaixoante deporte, o fagan do xeito máis rápido, fácil e divertido. Ade ...
Concello: Malpica de Bergantiños
Teléfono: 665 32 44 76
Páxina Web: www.silfocamps.com
Visitas: 222
Cartel

Máis votadas!

  1. Surf no Inverno - FUGAS [PDF]

    5.0 of 5 stars from 17 votes.
  2. WS-Xtreme Novo Clube nas Rías Baixas

    5.0 of 5 stars from 16 votes.
  3. Line Up Primaveral e Secuencia de Pablo Irisarri

    5.0 of 5 stars from 14 votes.
  4. Óscar Prieto e Erika Franco vencen no Open de Surf Concello de Nigrán 2011

    5.0 of 5 stars from 13 votes.
  5. Superbank Galego - Occy

    5.0 of 5 stars from 10 votes.
  6. Ata Sempre Queima!

    5.0 of 5 stars from 10 votes.

Últimos comentarios

  1. Re: Crónica e resultados da 2ª proba do Circuíto Galego Junior e Infantil en Patos

    Posted on Martes 24 Abril, 2012 by SurfGZ.

    Nome corrixido. Gracias pola axuda.

  2. Re: Crónica e resultados da 2ª proba do Circuíto Galego Junior e Infantil en Patos

    Posted on Martes 24 Abril, 2012 by Raquel Dopazo.

    Por favor corrijan el nombre de...

  3. Re: Olas e Raiolas [VIDEO]

    Posted on Sábado 21 Abril, 2012 by mendi.

    muy guapo el plano d la ola en el...

RSS WEBPORTIO

Google PageRank Checker