|
Martes, 22 Maio 2012 11:08 |
|
Na web da Federación Galega de Surf xa tedes a crónica do que pasou a pasada fin de semana na praia de Nemiña onde se xuntaron os mellores riders da nosa costa con longs e paddle pra celebrar a segunda proba do circuíto galego nas súas modalidades. Houbo choiva e ondas de medio metro de boa calidade con percorrido e tempo de facer boas manobras. 
|
|
Ler máis...
|
|
Martes, 22 Maio 2012 00:46 |
|
Velaquí tedes o novo vídeo de Carraxe Waves coas imaxes do Campionato de Longueirón e Paddle surf celebrado a pasada finde na praia de Nemiña. En breves publicaremos a crónica e resultados...
|
|
Martes, 15 Maio 2012 00:00 |
|

Esta fin de semana celebrarase a 2ª Proba open de Longboard e Paddle Surf no areal de Nemiña no Concello de Muxía. O prazo de inscripción está aberto ate o 16 de Maio. Podes formalizar a tua inscricion en
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Tamén se desenvolverá un campionato paralelo a competición oficial de longboard 100% clásico!!. Os gañadores de longboard e paddle serán premiados con un bono viaxe patrocinado por Ryanair!!
|
|
Ler máis...
|
|
Xoves, 10 Maio 2012 01:51 |
Galegos asociados polo Longueirón ven de sacar un comunicado no Facebook do Campionato de Nemiña pra avisar do cambio de datas da proba para a seguinte fin de semana, días 18 e 19 de Maio.
Este é o comunicado: "Una pena pero con todo el dolor de nuestro corazón aplazamos el campeonato de longboard&sup&logger de este domingo en la playa de Nemiña, las razones, la orientación del mar, que no la vemos totalmente clara para realizar un buen evento.
|
|
Ler máis...
|
|
Venres, 04 Maio 2012 19:32 |
|

Este é o cartel do vindeiro evento do Circuíto Galego de Longueirón e Paddle surf que vai ter lugar en Nemiña a mediados deste mes. Xa vos podedes apuntar nesta festa do long galego!
|
|
Ler máis...
|
|
Xoves, 26 Abril 2012 17:07 |
|
Fermosa sesión de arquivo rescatada polo blog de Esnifa Salitre de longueirón na Costa da Morte de Tono, Javi e Néstor
|
|
Ler máis...
|
|
Luns, 27 Febreiro 2012 00:00 |
|
Xa podedes ler no blog dos G.A.L. a súa crónica das andainas do equipo galego que participou no Tableru 2012. Este evento de longueirón comezou como unha competición amistosa entre cántabros e astures, logo invitaron aos riders de Euskadi como equipo e este ano un equipo galego participou como riders pero sen equipo. 
O mellor equipo de long do mundo ;)
|
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 21 Febreiro 2012 12:05 |
|
Esnifa Salitre publicou unhas fotos e unha crónica da súa viaxe con Brais González a illa de Tenerife. Esta viaxe foi un dos premios da Federación Galega de Surf polo primeiro posto no Circuito de Longboard e Bodyboard respectivamente. Colleron boas ondas e foi unha experiencia inolvidable como podedes ver no seu blog.

|
|
Ler máis...
|
|
Martes, 20 Decembro 2011 00:00 |
|
Velaquí tedes unha pequena mostra das fotos publicadas no blog de Jahgo e o Surf dunha boa e divertida sesión de longueiróns e algún paddle surf na onda do Pedrido que apareceu na nosa costa por mor das grandes borrascas que pasaron preto estes días pasados. Fotos: Arantxa.

Yago Baz no seu longueirón
|
|
Ler máis...
|
|
Luns, 05 Decembro 2011 16:20 |
|
Adrián Seoane foi o vencedor na modalidade de longueirón na final do Campionato Galaico Luso 2011. 1º Adrián Seoane 2º Rubén Carrera 3º Jose Luis Barcala 4º Lois Rodríguez Seguiremos informando..
|
|
Ler máis...
|
|
Mércores, 05 Outubro 2011 00:00 |
|
Velaquí tedes o primeiro vídeo de Novalbos en Vimeo coas imaxes da proba de Longueirón do Circuito Galego que tivo lugar na praia de Patos o pasado mes. Máis de 30 minutos editados por Chopoloo que fan desta peza un verdadeiro documental do evento.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 1 de 11 |
Surf no Inverno - FUGAS [PDF]
WS-Xtreme Novo Clube nas Rías Baixas
Line Up Primaveral e Secuencia de Pablo Irisarri
Óscar Prieto e Erika Franco vencen no Open de Surf Concello de Nigrán 2011
Superbank Galego - Occy
Ata Sempre Queima!