Cartel

EMPRESAS AMIGAS:

Cartel

PREVISIÓN DE ONDAS

Mapa de Ondas

Cartel

Novidades Surfmarket.org

Chilli Red Peppa 23 May 2012
Tabla Chilli Red Peppa 5'7 x 19'50 x 2'38 Especial para...
Neck Beard 5.10 x 20 x 2 1/2. Ningún toque. 5 baños. Gracias.
Vendo tabla de surf NSP 6'4 tipo fish por no...
FCS PETER DANIELS Talla M, en perfecto estado, sin ningun...
Traje de surf marca Billabong para chico grosor 3.2 mm,...

DIRECTORIO DE EMPRESAS:

SOLIDARIEDADE SURFEIRA!

Cartel


O TEMPO


Meteogalicia.es




Quen está conectado?

Temos 308 convidados en liña

Fai unha Doazón!

Comezo Longboard Campionatos Crónica do OndaLonga 2010
Crónica do OndaLonga 2010
Mércores, 31 Marzo 2010 01:00

Rubén Prieto - Todo o bo se fai de rogar, e o primeiro festival Ondalonga non ía ser menos. Tras varias semanas de espera, chegou o día. Chega o maretón que nos da a posibilidade de probar esa onda que algúns coñecían pero poucos surfearon. Vía  facebook, blogs, webs e emails comézase a convocar a todo o mundo  o sábado 27 de Marzo para disfrutar dunha festa surfeira especial.

11:00 am - A música xa está soando baixo a Ponte. Unha carpa, bandeiras, coches, furgos, autocaravanas e un bule bule de surfeiros poñendo a punto os seus longboards...


...era un indicio máis que evidente de que algo gordo se estaba cocendo. Comezan as presentacións de moitos que non se coñecían, outros que sí pero só de internet, e reencontros de vellos amigos que ves poucas veces ao ano. Cada un foise poñendo a súa camiseta distintiva para recoñecernos na auga (superman, marinerito, floreadas, cada cual máis simpática), xa que as votacións dos 8 premios serían realizadas polos mesmos participantes e sería imposible recordar tódolos nomes.

Baixo o ritmo de Jack Johnson, colocámonos para que Julian Foto Surf nos faga "O fotón", a fotona de Salinas versión galega, xa era hora!

Iago e Román explican unhas nocións básicas sobre a onda e por onde remontar de forma organizada sen matarnos uns aos outros, e dan unha premisa que foi fundamental para matar de raíz calquer tipo de malentendidos: "Está permitido saltar ondas!". Penso que a todos se nos iluminou a cara.

Foto da familia longueira "Onda Longa"

11:40 am - Guiados por Dani Alvite comezamos a remontada. Bueno, máis que remontada...habería que inventar un nova palabra para aquilo que vivimos. Inventamos o "senderismo acuático" 100 metros camiñando pola area, 100 coa auga polos nocellos, uns 300 coa auga polos xeonllos e despois xa só quedaba aproximadamente medio kilómetro remando...vamos, o normal :) Mirado polo lado positivo, serviu para ir coñecéndonos entre nós, poñernos ao día, ir quentando motores, fortalecer cuádriceps, xemelgos... Vamos que se se lle ocorre a idea do senderismo acuático a algún balneario/spa seguro que nos cobrarían unha pasta.

Camiñando cara o point



No último tramo da remontada, un xa se podía entreter mirando para os primeiros que chegaban ao pico cazando as primeiras ondas da sesión. Houbo dende talegazos...



Ondas collidas co longueirón do revés para acabar con xiro de 180º... (Kike Manero)

E algún que tiña unha nova forma de ver o mundo



Unha vez todos no pico, comezou a romería

Cada serie que chegaba era recibida por unha manada de case 50 "longueiros" que boureábamos como famentos recibindo unha mariscada. Animándonos uns aos outros mentres non parábamos de remar para ir na onda cantos máis, mellor.

Moitos asegurabamos que nos estabamos pegando as máis longas e duradeiras surfeadas da nosa vida. Incluso Kike Manero mirou o reloxo antes de coller a onda e despois e contabilizou máis de dous minutos e medio.

Outro compañeiro de onda decíanos aos que íamos surfeando con el: "bueno yo me bajo eh, yo me bajo!" como se de un bus urbano se tratase e non quixese ir moi lonxe do pico.

Todos, absolutamente todos, lucían na faciana un sorriso de orella a orella. Daba gusto mirarse ás caras para ver e ulir que todo o mundo estaba alí para o mesmo. Para encherse de boas vibracións con cada bocanada de aire, cargarse de enerxía positiva, animarse uns aos outros, rirse e coller ondas sen parar, a poder ser, compartidas...En definitiva, encherse de surf. Porque non debemos esquecer que a esencia desta forma de vida nace da diversión. Nace dun sentimento que, se non é a felicidade en estado puro, paréceselle moitísimo.



15:00 Despois de un par de horas (algúns botaron na auga ata 5!) íamos saíndo a terra firme. Era hora de comer algo, descansar ao son da música, siestiña aproveitando o sol que saía por momentos, charlas na carpa da organización comentando as xogadas... para máis tarde preparar un chocolate quentiño que faría a delicia dos máis glotóns.

21:00 Unha vez dixerido o chocolate (non no caso dos cuatripitidores...ejem...) dirixímonos ao restaurante Dantón II que nos esperaba cunhas cañasa ben frescas a poucos metros de onde estábamos. Fala que te fala ata a hora de cear. Logo de repoñer forzas cunha rica e abundante cea chega a hora na que Iago e Román (considerados Santos a partir deste festival) din quen son os gañadores dos premios. Non recordo quenes foron os gañadores porque, grazas a deus, no ambiente distendido e de cachondeo que se respiraba, primaba a actitude que se debe ter ante a vida, na que non hai nada que importe moito.

00:30 O nivel de cachondeo acada as cotas máis altas da noite. Algunha que outra botelliña de viño comezaba a facer algún tipo de efecto secundario no personal (cousa rara xa que, obviamente, rapaces sans que somos os surfeiros, era viño sen alcohol ¬_¬). O apoxeo chegou coa estelar actuación do grupo Alfeizar, que conseguiu que bailásemos e cantásemos entre carcajadas as súas pegadizas cancións como "la guarida del amor" ou a súa única canción en inglés, que di algo así como: "tsatuatse mi noombgue, en la frueennte, con luses de coloouesss entue la hente" (tatúate mi nombre en la frente con luces de colores entre la gente)

Alfeizar deu un concerto pola noite despois da cea. Foto: Alvaro Pastor

03:00 Algúns resistíanse a que rematase este día tan especial, pero pouquiño a pouco o cansancio ía levándose aos seus longueiróns para as súas respectivas casas, autocaravanas, furgos, coches... Cansados pero felices, coa sensación de que parecía incrible que todo saíse tan PERFECTO nesta primeira edición do festival. Pensando xa no próximo Ondalonga, que, de seguro, gañará cada ano máis adeptos.

05:00 Durmimos e soñamos..... Soñamos e agradecemos que haxa persoas que dediquen o seu tempo e traballo a levar a cabo un evento deste tipo.

Agotados pero agradecidos. O músculo máis agotado? o músculo do BO ROLLO

Texto: Rubén Prieto

Fotos: Julian Foto Surf

Máis info en: http://ondalonga.com/

Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
 
3 Votes

0 Comentarios

Engadir comentario

 

O Noso Twitter

Cartel

Empresas Amigas:

Revista Baobab
Revista Baobab
Descripción: Revista de deportes extremos & Freestyle. Edición trimestral, distribución libre e gratuita por Galicia e outros puntos da península. Toda a actualidade dos deportes de acción online en revistabaobab. ...
SilfoCamps - Escola de Surf...
SilfoCamps - Escola de Surf - Malpica
Descripción: Clases e cursos: A escola de surf e campamentos Silfocamps, está dirixida para que todos aqueles que queiran iniciarse neste apaixoante deporte, o fagan do xeito máis rápido, fácil e divertido. Ade ...
King Millenium - Barcos de...
King Millenium - Barcos  de Surf en Indonesia
Descripción: Viaxes: Tipo: Viaxes en barco - Boat Trips - Surf Charters Lugar: ILLAS MENTAWAI, INDONESIA Datas: Do 16 de FEBREIRO ao 13 de DECEMBRO Nivel: Todos os niveis. O King Millenium I é un barco de ...
Cartel

EMPRESAS AMIGAS:

TSP - The Surfeiros Piratas
TSP - The Surfeiros Piratas
Categoría: Material de Surf & Roupa
Descripción: TSP (The Surfeiros Piratas) é unha nova empresa de deseño textil que a través da súa tenda online comercializa os seus propios deseños en camisetas e suadoiros. Con algúns deseños inspirados na est ...
Teléfono: (+34) 981 151 149
Páxina Web: www.tspsurf.com
Visitas: 277
Revista Baobab
Revista Baobab
Categoría: Revistas & Webs
Descripción: Revista de deportes extremos & Freestyle. Edición trimestral, distribución libre e gratuita por Galicia e outros puntos da península. Toda a actualidade dos deportes de acción online en revistabaobab. ...
Páxina Web: www.revistabaobab.es
Visitas: 202
Cartel

Máis votadas!

  1. Surf no Inverno - FUGAS [PDF]

    5.0 of 5 stars from 17 votes.
  2. WS-Xtreme Novo Clube nas Rías Baixas

    5.0 of 5 stars from 16 votes.
  3. Line Up Primaveral e Secuencia de Pablo Irisarri

    5.0 of 5 stars from 14 votes.
  4. Óscar Prieto e Erika Franco vencen no Open de Surf Concello de Nigrán 2011

    5.0 of 5 stars from 13 votes.
  5. Superbank Galego - Occy

    5.0 of 5 stars from 10 votes.
  6. Ata Sempre Queima!

    5.0 of 5 stars from 10 votes.

Últimos comentarios

  1. Re: Crónica e resultados da 2ª proba do Circuíto Galego Junior e Infantil en Patos

    Posted on Martes 24 Abril, 2012 by SurfGZ.

    Nome corrixido. Gracias pola axuda.

  2. Re: Crónica e resultados da 2ª proba do Circuíto Galego Junior e Infantil en Patos

    Posted on Martes 24 Abril, 2012 by Raquel Dopazo.

    Por favor corrijan el nombre de...

  3. Re: Olas e Raiolas [VIDEO]

    Posted on Sábado 21 Abril, 2012 by mendi.

    muy guapo el plano d la ola en el...

RSS WEBPORTIO

Google PageRank Checker