Cartel

PUBLICIDADE - TABLAS SURF SHOP

Cartel

EMPRESAS AMIGAS:

Cartel

DIRECTORIO DE EMPRESAS:

Cartel

PUBLICIDADE - OnVigo.com

Cartel
Cartel

Novidades Surfmarket.org

MR hijo Peter el propietario de una compañía de préstamos...
T4 en perfecto estado de conservacion. Todo funcionando a la perfeccion. Baterias...
Una tabla perfecta para alguien que está acostumbrado a una...
Se vende traje rip curl casi nuevo puesto 7 veces...
Traje de Surf de chica de la marca Rip Curl...
Tabla surf Tribord 16 Feb 2012
Vendo tabla de surf evolutiva, marca Tribord con quillas y...
Mamba Hibrid 16 Feb 2012
Oferta de liquidación del modelo Mamba Hibrid, medidas 6,2 x...
Classic Fish 16 Feb 2012
Realizamos todo tipo de replicas de tablas antiguas, laminados en...

SOLIDARIEDADE SURFEIRA!

Cartel
Cartel

Empresas Amigas

Africa Extrem Surf...
Africa Extrem Surf Camps - Marrocos

RSS WEBPORTIO

Google PageRank Checker

Waira SUP Sessions
Luns, 13 Febreiro 2012 00:06

Velaquí tedes unha escolma das fotos de sesións de Paddle Surf na Costa da Morte publicadas por Waira na súa web. Os riders que aparecen son Román, Sebas e Victor. Esta modalidade de surfing está collendo moita forza en todo o planeta e gañando moitos riders que combinan surf, kite, wind e agora paddle. Dende SurfGZ recomendámosvos a probalo nas diferentes escolas e clubes galegos. Fotos: Marta e Diana.

Ler máis...
 
1 Vote

0 Comentarios

Aprazada a primeira proba do Circuito Galego na Ladeira
Mércores, 08 Febreiro 2012 14:55

FGSurf.org - Convocada a 1ª Proba do Circuito Open de Longboard e Paddle na Praia de A Ladeira (Baiona), sentimos comunicar que a proba tera que ser aprazada, xa que as condicions do mar non se presentan nada favorables, os partes desta semana presentan so un 1.5 m quedando as condicions imposibles para poder realizar o campioanto. Así que moi ao noso pesar, a Federación e o clube organizador, neste caso Prado surf club, decidimos aprazar a proba en A Ladeira (Baiona) ata novo aviso.

A próxima semana anunciaremos a confirmación da data da nova convocatoria, según os partes de ondas.

 
1 Vote

0 Comentarios

1ª Proba do Circuito Galego Open de Longboard e Paddle na Praia da Ladeira
Martes, 07 Febreiro 2012 00:00

Xa está aberto o prazo de inscrición da 1ª Proba Open de Longboard e Paddleboard, para a próxima fin de semana o día 11 de Febreiro, na praia da Ladeira no Concello de Baiona. Haberá actividades como bautismos de iniciación ao surf e ao paddle surf.

Ler máis...
 
0 Votes

0 Comentarios

Piratas - Nova Escola de Paddle Surf nas Rías Baixas
Mércores, 25 Xaneiro 2012 18:42

Estes días abriu Piratas, unha nova escola de Paddle Surf nas Rías Baixas, da man de Sergio Lage. O Paddle Surf é unha modalidade complementaria perfecta para os días de pouco mar e ondas pequenas. Tamén podedes facer rutas pola costa e disfrutar do mar na compaña dos vosos amigos. Tedes servizos de clases de paddle surf, aluguer de material e rutas polo río Lérez e a Ría de Pontevedra.

Ler máis...
 
5 Votes

0 Comentarios

Sesión de Paddle na Ladeira [VIDEO]
Xoves, 03 Novembro 2011 13:00

Velaquí tes un bonito vídeo de paddle surf con Pedro Novalbos e Guille na praia da Ladeira no Concello de Baiona. Esta praia non é un spot surfeiro pero como podedes ver no vídeo o paddle surf abre novas portas e posibilidades a surfar praias con ondas pequerrechas.

Ler máis...
 
1 Vote

0 Comentarios

Resultados do Campionato de Paddle Surf Óptica Val
Luns, 17 Outubro 2011 00:06

O I Campionato Óptica Val de Paddle Surf e Windsurf celebrouse cun éxito de participación con 30 particpantes e un vento forte do nordés con ondas de 1/4 de metro suficientes para celebrar o evento. Os resultados Paddle Surf: 1º Felix, 2º M. Almon, 3º Sebas e 4º Lola.

Ler máis...
 
2 Votes

0 Comentarios

Travesía Sup Riazor - Barrañán "Keep the Oceans Clean"
Martes, 19 Xullo 2011 08:00

A primeira quincena de Agosto vai ter lugar unha unha travesía de paddle surf entre a praia de Riazor e Barrañán. A saída será as 9:30 da mañán dende Riazor e ás 10:00 dende o Orzán.

A duración da travesía será de 4 horas polo que é importante estar en boa condición física pra poder participar. O prezo de inscrición é de 5 € con xantar incluido en Surfari Surf Camp, onde podedes alugar o material pra participar. O día da travesía haberán clases de iniciación ao paddle surf de balde.

Tedes máis info deste evento no Facebook:

http://www.facebook.com/event.php?eid=244816965547789&view=wall

 
1 Vote

0 Comentarios

Exito total na 1ª Travesía de Paddle Surf Nigrán - Baiona
Luns, 20 Xuño 2011 09:59

Esta fin de semana celebrouse a 1ª Travesía de Paddle-Surf Nigrán-Baiona con un grande éxito de público e participantes. Con algo de atraso e ao rededor das 11:30 horas a Concelleira de Deportes do Concello de Nigrán Liliana Silva daba o bocinazo de saída en Praia América. Os participantes demostraron as súas ansias por gañar desde o primeiro momento con empuxóns e carreiras no momento de saída.

O día foi perfecto, sol radiante e vento frouxo de Nordeste, a travesía discorreu paralela á costa por Praia América, logo Monte Lourido onde os locais coñecedores da zona optaron por un atallo  estreito, entre rocas para gañar uns minutos. Daquela a Praia de Ladeira xa no municipio de Baiona, Santa Marta e por fin a entrada á praia, que se realizou entre os pantaláns o que foi un gran espectáculo, os competidores coas súas táboas facendo zig zag entre os barcos.

Ler máis...
 
3 Votes

0 Comentarios

I Travesía Paddle Surf Nigrán - Baiona - 19 de Xuño
Xoves, 09 Xuño 2011 18:00

Co gallo da celebración do día Internacional do Surf o día 19 de xuño o Prado Surf Clube, Waira Surf Shop, Federación Española de Surf e os Concellos de Nigrán e Baiona organizan unha travesía en Paddle Surf desde Praia América até a praia de Ribeira, co fin de irmandar ós municipios de Nigrán e Baiona. A travesía, de 5 km. iniciarase ás 11:00 horas e transcorrerá paralela á costa.

Ler máis...
 
1 Vote

0 Comentarios

O equipo olímpico de Taekwondo de Guatemala de ruta polas Rías Baixas
Xoves, 19 Maio 2011 10:35

O equipo olímpico de Taekwondo de Guatemala fixo unha travesía de paddle surf coa xente de Tartaruga Surf Center a pasada semana nas augas da Ría de Pontevedra. A ruta de 4 millas e media levóunos dende a praia do Laño ata Area de Agra acompañados dun lixeiro vento do nordés.

Ler máis...
 
1 Vote

0 Comentarios



Empresas Amigas:

Club Surfeiros - Nigrán
Club Surfeiros - Nigrán
Descripción: Porque nos gusta, porque dedicamos nuestra vida a ello, el Club Surfeiros te anima a participar de la experiencia del surf. Surfeiros nace con la intencion de promocionar el surf y todos sus valor ...
Revista Baobab
Revista Baobab
Descripción: Revista de deportes extremos & Freestyle. Edición trimestral, distribución libre e gratuita por Galicia e outros puntos da península. Toda a actualidade dos deportes de acción online en revistabaobab. ...
Max Surfaris - Axencia de...
Max Surfaris - Axencia de Viaxes
Descripción: Max Surfaris é unha axencia de viaxes especializadas en destinos de alta calidade para a práctica do surf e bodyboard. Os seus principais destinos son Costa Rica, Illas Maldivas, Sri Lanka, Indonesia, ...

EMPRESAS AMIGAS:

Van Surf School - Xove - Lugo
Van Surf School - Xove - Lugo
www.thevansurfschool.com
Descripción: Clases e cursos: A escola está situada nunha contorna totalmente rural, o cal che permitirá gozar entre sesións de surf tanto da amable xente do lugar, como da súa variada gastronomia, ou das incom ...
Concello: Xove
Teléfono: +34 982 56 31 97
Páxina Web: www.thevansurfschool.com
Visitas: 93

Fai unha Doazón!

Últimos comentarios

  1. Re: Fedérate en Galifonia!

    Posted on Venres 6 Xaneiro, 2012 by Kiko.

    Acábome de federar polo formulario...

  2. Re: Axi Muniain "Mis Olas" [VIDEO]

    Posted on Luns 19 Decembro, 2011 by SurfGZ.

    Buenas Carlos, el vídeo fue...

  3. Re: Axi Muniain "Mis Olas" [VIDEO]

    Posted on Domingo 18 Decembro, 2011 by carlos.

    Hola chicos. Youtube tiene...

  4. Re: Sesións de Adestramento - Bruno Novoa

    Posted on Luns 12 Decembro, 2011 by eric.

    Esto no e verdad..la session de...

  5. Re: Axi Muniain "Mis Olas" [VIDEO]

    Posted on Mércores 7 Decembro, 2011 by Jacobo.

    El mar no tiene dueño, no se vende...

  6. Re: Axi Muniain "Mis Olas" [VIDEO]

    Posted on Domingo 4 Decembro, 2011 by Fran.

    A verdade que cando vin o video...

Máis votadas!

  1. Surf no Inverno - FUGAS [PDF]

    5.0 of 5 stars from 17 votes.
  2. WS-Xtreme Novo Clube nas Rías Baixas

    5.0 of 5 stars from 16 votes.
  3. Line Up Primaveral e Secuencia de Pablo Irisarri

    5.0 of 5 stars from 14 votes.
  4. Óscar Prieto e Erika Franco vencen no Open de Surf Concello de Nigrán 2011

    5.0 of 5 stars from 13 votes.
  5. Superbank Galego - Occy

    5.0 of 5 stars from 10 votes.
  6. Ata Sempre Queima!

    5.0 of 5 stars from 10 votes.
  7. Campaña de Apoio aos Shapers Locais!

    5.0 of 5 stars from 10 votes.
  8. Elixe ao teu surfeiro local favorito pra que teña unha Wildcard no Campionato de Patos!

    5.0 of 5 stars from 9 votes.