|
Luns, 23 Xaneiro 2012 00:06 |
|
Aledámonos moito de poder publicar que xa está na Rede a nova web de Zorlak Surfboards. Walter Nieto é o shaper e manager deste obradoiro de surf nas RÃas Baixas e agora xa podedes ver o seu catálogo online e contactar pra lle solicitar info ou facer pedidos. SurfGZ promove o apoio aos shapers locais como xeito de potenciar o surf galego e a nosa propia industria. Non merques pranchas de fora se podes surfar 100% galego! 
|
|
Ler máis...
|
|
Luns, 17 Outubro 2011 00:05 |
|
A xente de Roto Surf Works xa está traballando de novo reparando pranchas de surf nas RÃas Baixas no seu novo taller. Este ano tamén van arranxar as pranchas de foam de escolas grazas ás melloras no seu sistema de traballo. Podedes deixar o voso material pra reparar nas tendas que colaboran con eles: Waira, The Box, Novalbos ou As Surf Shop. 
|
|
Ler máis...
|
|
Luns, 05 Setembro 2011 00:00 |
|
Os riders do Barbanza están de noraboa xa que Stinky Tofu Surfboards ven de abrir o seu novo obradoiro e tenda en Xuño no Concello de Porto do Son. Alex Cancio, o shaper, publicou os seus agradecementos e bastantes fotos no seu blog que podedes visitar pra ver os últimos modelos de pranchas e coñecer o novo local de traballo. 
|
|
Ler máis...
|
|
Martes, 12 Xullo 2011 18:03 |
|
Surfmarket.org e SurfGZ.com lanzan hoxe esta campaña de apoio aos nosos shapers nestes tempos nos que as grandes marcas queren vender pranchas de fora a uns prezos altos. Mercar unha prancha de fora ten unha pegada de carbono moi elevada polo gasto en combustible no seu transporte. Asemade, os cartos do teu peto marchan pra fora a empresas que logo non invirten nas nosas praias nen nos nosos clubes.
En Galiza temos un bo número de shapers locais que coñecen perfectamente as nosas ondas e saben como surfamos xa que nos ven na praia todos os dÃas. Coñecen o noso peso e como colocamos as pernas cando estamos de pé na onda. Estes son os prinpicipais motivos polos que se vas comprar unha prancha nova, non dubides en contactar co teu shaper local e falar primeiro con el. Seguro que consigues un prezo mellor e unha nova prancha máis adaptada ao teu nivel de surf. Shapers Locais:
Podes contactar cos seguintes shapers: RÃas Baixas - Iron Mountain Surfboards
RÃas Baixas - Roto Surfworks
RÃas Baixas - Zorlak Surfboards
RÃas Baixas - Stinky Tofu Surfboards
Costa da Morte - Chusma Surfboards
Costa da Morte - Ohana Surfboards Costa da Morte - MuxÃa Surfboards
Coruña - Baer Surfboards Coruña - Northwest Surfboards
Ferrolterra - LumeBoo Surfboards
Ferrolterra - Toma Goma
Ferrolterra - V&C Surfboards
|
|
Ler máis...
|
|
Xoves, 30 Xuño 2011 20:59 |
|
Na páxina 32 da revista Tintimám tedes unhas boas fotos e unha reportaxe sobre a marca galega Iron Mountain Surfboards. Na portada da revista tedes a Román DÃez coa nosa camisola traballando no seu galpón.
|
|
Ler máis...
|
|
Luns, 13 Xuño 2011 18:50 |
|
Pukas e Art Surfcamp alÃan as súas forzas na praia de Razo para presentar un evento en directo con todos os ingredientes: Shapers internacionais, táboas, riders e surf. Johny Cabianca, Mikel Agote, Mario Azurza e Adur LetamendÃa compartirán experiencias e presentarán o PUKAS TEST PILOT 2012. Poderase facer preguntas en directo ás que eles contestaráns. Manuel Alonso, director técnico do Art Surfcamp, Jaime Azpiroz e Christan Haro, comerciais técnicos de Pukas, estarán tamén presentes.
Como ingrediente especial e exclusivo Pukas mostrará as táboas de Leds que tanta expectación xeraron: www.pukassurf.com/new.php?id=1010
Poderás seguir o evento en directo e participar na páxina www.artsurfcamp.com/live e a través de facebook de Artsurfcamp e de Pukas .
|
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 17 Maio 2011 20:00 |
|
Na web de ABST Covas acaban de publicar unha interesante a Román DÃez, un dos shaper máis activos das RÃas Baixas. Na entrevista falan do novo circuÃto de longueirón 2011 organizado polo G.A.L., tamén sobre os diferentes tipos de pranchas do mercado e moitas outras cousas relacionadas co surf.
Se estades interesados no mundo do shape ou queredes coñecer as opinións dun dos mellores riders de longueirón da nosa costa podedes facelo visitando a seguinte ligazón: http://abstcobas.blogspot.com/2011/05/abst-cobas-entrevista-roman-diez.html
|
|
Venres, 01 Abril 2011 10:48 |
|
Este luns 4 de Abril as 13:00 horas vai ter lugar unha entrevista online con Johnny Cabianca, dende a factoria de Pukas, retransmitida pola xente do Art Surf Camp. Ides poder facerlle preguntas a este shaper e participar nun concurso de 5 dÃas de estancia en Semana Santa no Art Surf Camp.
Poderase ver o vÃdeo en diferido ás 13h. aproximadamente 1 hora e tamén quedará gravado para os que non poidades velo en directo e queirades velo despois na web de www.artsurfcamp.com/live/
|
|
Ler máis...
|
|
Xoves, 17 Febreiro 2011 00:00 |
|
A xente de Roto Surf Works ven de publicar un interesante artigo onde podemos ver o proceso de reparación dunha quilla vella. No seu blog comentan que non é necesario tirar as quillas vellas de fibra xa que poden ser reparadas.

Unha quilla vella e rota
|
|
Ler máis...
|
|
Mércores, 16 Febreiro 2011 00:00 |
|
O rider e shaper Emerson Lopes acaba de publicar un interesante video onde pinta a súa nova prancha. No video tamén aparece surfando algunhas boas ondas.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 1 de 2 |
Ata Sempre Queima!
41 ComentariosAxi Muniain "Mis Olas" [VIDEO]
30 ComentariosUn dÃa na esquerda de Monteferro...
16 ComentariosSesión de Tubos en Patos - 9/10/2010
16 ComentariosCampaña de Apoio aos Shapers Locais!
13 ComentariosVÃdeo do Campionato Promesas 2011
12 ComentariosAviso de roubos nas praias de Ribeira!
7 ComentariosAta sempre David!
7 ComentariosCampionato Galego Individual e por Equipos - Soesto
7 ComentariosTartaruga Surf Center abre as súas portas nas RÃas Baixas!
6 Comentarios