|
Luns, 21 Maio 2012 00:06 |
|
A Vigo KK Mafia anda estes días pululando polas costas de California e surfeando todo o que poden. Jaji e Gony pasaron un día na praia de Scripps, na Jolla, entre bañistas, canoas e paddles facendo o que mellor saben, divertirse na auga e fora dela.
|
|
Ler máis...
|
|
Luns, 09 Abril 2012 00:02 |
|
Velaquí tedes o novo vídeo de Gony Zubizarreta gravado nas augas da illa de Lanzarote o pasado mes de Marzo grazas ao traballo de Pocholo que pasou varios días gravando a un selecto grupo de surfeiros europeos nun Quemao en perfectas condicións abrindo de esquerda e dereita. Días clásicos de vento sur en Lanzarote.
|
|
Ler máis...
|
|
Luns, 02 Abril 2012 00:01 |
|
Potente vídeo de Eric Rebiere, Miguel Fortes, Paulo do Bairro, Jose Gregorio e outros riders en Ericeira facendo tubos moi potentes durante dous días de ondas perfectas. O vídeo superou xa as 12.000 visitas en dous días. Recomendado 100%. Vídeo: Bruno Novoa
|
|
Ler máis...
|
|
Venres, 23 Marzo 2012 00:00 |
|
Pablo Montero & amigos remataron a súa viaxe por Perú e este é un dos últimos vídeos que fixeron en augas do norte do país. A primeira sesión foi nunha excelente esquerda divertida e de praia e con tubos. Todas as ondas do vídeo son na zona de Piscinas en Lobitos, un fermoso lugar pra ir de viaxe polo que se ve no vídeo.
|
|
Ler máis...
|
|
Venres, 16 Marzo 2012 19:38 |
|
Max Surfaris ten unha oferta para os meses de Abril e Maio nas illas Maldivas a partir de 775€ con sete noites en pensión completa no barco Maha. Entre os meses de Abril e Outubro, coincidindo co cambio de monzón, as costas do atolón Male gozan dunha tempada de ondas World Class. Ondas perfectas de metro e medio / dous metros, con ventos Off Shore é o que buscamos e atopamos nestes meses en Maldivas. 
|
|
Ler máis...
|
|
Luns, 05 Marzo 2012 00:59 |
|
Velaquí tedes outro novo vídeo da viaxe de Pablo Montero & amigos por Perú. O vídeo estáa feito nunha sesión na praia de Puerto Viejo ó sur da cidade de Lima.
|
|
Ler máis...
|
|
Mércores, 29 Febreiro 2012 23:27 |
|
Max Surfaris acaba de comunicarnos que ten a vosa disposición as prazas de última hora para coñecer as fabulosas ondas do atolón Huvadhoo, ó sur das illas Maldivas. As datas dispoñibles son de 21 de abril a 01 de Maio. O autenticamente increible é o prezo. Baixan o prezo da noite de 180 a 110 euros por oferta de última hora. Poucas veces vas atopar un ofertón como leste. Viaxaredes a bordo de Ocean Explorer, un barco recentemente botado ao auga despois dunha serie de importantes melloras na embarcación.Ímolo a coller recentemente pintadito e novo!!! 
|
|
Ler máis...
|
|
Venres, 24 Febreiro 2012 00:00 |
|
Ogilviebros.com presenta o novo vídeo de Pablo Montero & Friends que andan desfasando nas augas de Perú, na praia de Punta Roquitas, como podedes ver neste vídeo publicado esta semana no blog de Paul Montana. Estes días continuaremos publicando máis info sobre a viaxe dun dos nosos mellores riders polas terras do quechuas.
|
|
Ler máis...
|
|
Xoves, 16 Febreiro 2012 13:00 |
|
Sesión de surf do Mission Surf Team nas augas de Galifornia! Milo Castelo e os seus alumnos desfasando e surfando todo o que poden...
|
|
Ler máis...
|
|
Mércores, 08 Febreiro 2012 00:00 |
|
Este é o novo traballo de Northwest films da viaxe duns amigos nunha terra meiga chea de toxos, leiras e costas bravas. Seguro que despois de velo pensaredes en facer unha viaxe a Irlanda.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 06 Febreiro 2012 00:01 |
|
Gony, Hodei e Rowan surfando un fermoso pico na costa de Portugal. Ondas dun metro con tubo e bos beizos pra se facer aéreos. Todo un luxo de vídeo pra comezar esta semana..
|
|
Ler máis...
|
|
Luns, 06 Febreiro 2012 00:00 |
|
Novo vídeo de Van Surf coas imaxes dunha viaxe ao Salvador en Centroamérica con Nacho, Luís e Mendiola. A conexión Vigo-Viveiro volveu a funcionar nunha viaxe chea de surf e boas ondas.
|
|
Ler máis...
|
|
Luns, 16 Xaneiro 2012 00:05 |
|
Primeiro vídeo da VKKM neste ano con imaxes de Gony Zubizarreta en Ericeira na compaña de Hodei e Marlon. Moitos tubos e manobras espectaculares da man dun grupo de élite do surf europeo.
|
|
Ler máis...
|
|
Luns, 09 Xaneiro 2012 00:05 |
|
Primeiro VKKM vídeo do 2012 con Gony, Jaji e Alex Knopfel surfando as pequenas ondas en Barra de la Cruz en Oaxaca en México.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 1 de 5 |
Surf no Inverno - FUGAS [PDF]
WS-Xtreme Novo Clube nas Rías Baixas
Line Up Primaveral e Secuencia de Pablo Irisarri
Óscar Prieto e Erika Franco vencen no Open de Surf Concello de Nigrán 2011
Superbank Galego - Occy
Ata Sempre Queima!