Surfing Campionatos Crónica de Luis Rodríguez na Vaca Xigante
Crónica de Luis Rodríguez na Vaca Xigante
Martes, 27 Decembro 2016 15:26

Luis Rodríguez - Todo comezou co anuncio da alerta verde da vaca XXL. Automaticamente fixen un plan para a semana seguinte poder facerlle unha visita o meu shaper Gilito de Watsay e coller uns foams en Eurofin de 10'6'' e 9'6'' para preparar os meus guns en Watsay. Chegado o día, o parte prometía para Mundaka e Isio (cámara profesional) díxome que podería estar épico.

O plan era claro, saír de casa ás 3 da mañá dirección Mundaka, coller foams, e volver a surfear esta marabillosa onda e visitar Watsay. Poder gozar desta marabilla con bos amigos como Aritz Aranburu, Mario Azurza, Indar unanue... con eses tubos e apenas xente é un agasallo demasiado perfecto para non repetilo.

Despois de surfear, coller os foams e volver á auga diríxome a Wat say e unha vez alí e despois de coller unhas táboas e estar co shaper chegou o mellor momento da viaxe. Un 9'3'' listo para enfrenterme á Vaca.

Aloxado xa no hotel proporcionado pola organización puidemos gozar dunha cea todos os competidores xuntos (cousa pouco habitual nun campionato). Á mañá seguinte o mar estaba enorme, lembro os comentarios de todos en xeral (prefiro non pensalo porque se o penso igual non entro) e de Óscar "o Loco" organizador e descubridor da onda  "deixémolo entre 6 e 7 metros".

O campionato ten o mesmo formato que o invitacional Eddie Aikau. Todo o mundo surfeaba 2 roldas e o ranking final elabórase coa suma das 4 mellores ondas. Desde o principio a xente deu o callo seriamente, eu fun na manga 5 onde puiden coller 3 ondas normais.

Na segunda rolda (número 4) o mar xa estaba máis limpo e ordenado e tiven a sorte ademais de compartila con bos amigos, coller ondas de bo tamaño e sacar boas puntuacións. O cal me fixo alcanzar un ranking final de 21 dun total de 36 participantes. Condicións épicas, sistema de rescate de 10.

Por último agradecer á organización, ao equipo de rescate, a todos os participantes e a toda a xente que me animou minuto a minuto.

Até o ano que vén!

Moitas grazas a Luis Rodríguez polo texto e a Irene polas fotos.


 
3 Votes

Axúdanos a manter SurfGz.com

Estimados amigos, hoxe pedímosvos que axudedes á SurfGz.com. Mantémonos grazas a doazóns dunha media de 5€ e colaboracións con escolas e marcas surfeiras que aportan cartos todos os anos pero que non son suficientes para xestionar ben o proxecto. Só unha pequena parte dos nosos lectores doan.

Se todos os que visitan o noso website doasen 10€ ó ano, poderiamos manter dignamente a web e pagar por reportaxes, colaborar con fotógrafos, actualizar a web, facer pegatas, axudar aos campionatos locais que organizan os clubes galegos e moito máis... Exacto, todo o que necesitamos é o prezo dun café ou refresco. Se consideras que SurfGz.com éche útil, dedica un minuto para mantela en liña e crecendo. Grazas.

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: