Surf Circuito Galego Crónica e Fotos do Campionato Junior de Patos
Crónica e Fotos do Campionato Junior de Patos
Venres, 05 Maio 2017 08:47

FGS - O domingo daba comezo a 2º proba do Circuíto Galego junior na Praia de Patos, Nigrán. O domingo foi a quenda para a modalidade de bodyboard tanto a categoría sub16 como a sub 18, en surf foi a quenda para os máis maiores desta modalidade, sub18 masculino, sub18 feminino e tamén sub16 masculino. A xornada empezaba con vento cruzado bastante forte e con ondas de aproximadamente medio metro e acabou con ondas dun metro pasado, a choiva e o sol sucedíanse constantemente e o vento foi cesando a medida que avanzaba o día. As mellores condicións de ondas déronse coa marea alta coincidindo co inicio e co final da xornada.

O nivel dos competidores foi moi alto, víronse mangas moi rifadas con continuos cambios de posición e decidíndose quen pasaba as semifinais practicamente sobre o son da bucina. En Sub18 feminino a vitoria foi para Lola Bermúdez impóndose ante os seus rivais durante toda a final.

As finais das  categorías sub 16 e sub 18 masculino estiveron  moi rifadas con constantes cambios de posición durante toda a manga con puntuacións moi igualadas entre todos os finalistas, pero sempre hai un gañador e así se proclamou Quique Conde campión en sub 16 masculino .

Na categoría sub 18 Saúl Carreira levou o primeiro posto durante os últimos minutos xa que foi unha final moi apertada na que as puntuacións dos 3 primeiros clasificados quedaron en décimas de diferenza. Na modalidade de Bodyboard o ferrolán Bruno Martín fixo dobrete levándose a vitoria na categoría sub 16 e en sub 18.

O  luns foi a quenda para os máis pequenos, o sol  e as ondas  acompañáronnos durante todo o día, as condicións de ondas estaban mellor que o día anterior xa que o vento desaparecera, á primeira hora houbo ondas de case un metro e a medida que avanzou a  xornada o tamaño foi baixando ata o medio metro. De novo Lola Bermúdez levou a vitoria, pero esta vez na categoría sub16 feminino. En sub 14 masculino Sebastián Bamonde proclamouse campión mentres que en sub 14 feminino  Pilar Viana ,local da praia, fíxose co primeiro posto.

Na categoría sub 12  mixto Afasto Ferreiro levou a vitoria.

Resultados das categorías:

SURF SUB 12

1º ALEJO FERREIRO
2º SEBASTIÁN BAMONDE
3º MARTÍN FERNANDEZ
4º SAMUEL MARTÍNEZ

SURF SUB 14 CHICAS

1º PILAR VIANA
2º CANDELA VILARIÑO
3º CARLA GONZÁLEZ
4º JUDITH SOTO

SURF SUB 14 MASCULINO

1º SEBASTIÁN BAMONDE
2º MANUEL FERNÁNDEZ
3º ALEJO FERREIRO
4º PAUL BONEIL

SURF SUB 16 CHICAS

1º LOLA BERMÚDEZ
2º CARLOTA BARRERAS
3º CARLOTA CARAMELO
4º JUDITH SOTO

SURF SUB 16 MASCULINO

1º QUIQUE CONDE
2º MANUEL FERNÁNDEZ
3º JORGE SUÁREZ
4º PEDRO SUÁREZ

SURF SUB 18 CHICAS

1º LOLA BERMÚDEZ
2º MARTINA ÁLVAREZ
3º CARLOTA BARRERAS
4º OLGA CARPIO

SURF SUB 18 MASCULINO

1º SAÚL CARRERA
2º BORJA MALVAR
3º IGNACIO GUISASOLA
4º QUIQUE CONDE

BODYBOARD SUB 16

1º BRUNO MARTÍN
2º RAÚL VILA
3º UNAY AMENEIROS
4º IAGO BERTALO

BODYBOARD SUB 18

1º BRUNO MARTÍN
2º RAÚL VILA
3º JAVIER FIDALGO
4º JAVIER M. PANTÍN
5º UNAY AMENEIROS

Tedes + fotos do evento en: Jota Foto Surf

https://www.facebook.com/Jotafotosurf/photos/?tab=album&album_id=1287162358068925

 
1 Vote

Axúdanos a manter SurfGz.com

Estimados amigos, hoxe pedímosvos que axudedes á SurfGz.com. Mantémonos grazas a doazóns dunha media de 5€ e colaboracións con escolas e marcas surfeiras que aportan cartos todos os anos pero que non son suficientes para xestionar ben o proxecto. Só unha pequena parte dos nosos lectores doan.

Se todos os que visitan o noso website doasen 10€ ó ano, poderiamos manter dignamente a web e pagar por reportaxes, colaborar con fotógrafos, actualizar a web, facer pegatas, axudar aos campionatos locais que organizan os clubes galegos e moito máis... Exacto, todo o que necesitamos é o prezo dun café ou refresco. Se consideras que SurfGz.com éche útil, dedica un minuto para mantela en liña e crecendo. Grazas.

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: