Cartel

EMPRESAS AMIGAS:

Cartel

PREVISIÓN DE ONDAS

Mapa de Ondas

Cartel

Novidades Surfmarket.org

Vendo tabla de surf Slash modelo profish 5,10 18 3/4...
Chilli Red Peppa 23 May 2012
Tabla Chilli Red Peppa 5'7 x 19'50 x 2'38 Especial para...
Neck Beard 5.10 x 20 x 2 1/2. Ningún toque. 5 baños. Gracias.
Vendo tabla de surf NSP 6'4 tipo fish por no...
FCS PETER DANIELS Talla M, en perfecto estado, sin ningun...

DIRECTORIO DE EMPRESAS:

SOLIDARIEDADE SURFEIRA!

Cartel


O TEMPO


Meteogalicia.es




Quen está conectado?

Temos 368 convidados en liña

Fai unha Doazón!

Comezo Surfing Entrevistas Entrevista con Jean Gama, creador de SurfPoint.es
Entrevista con Jean Gama, creador de SurfPoint.es
Luns, 20 Abril 2009 18:55

Hoxe presentamos unha entrevista co surfeiro e fotográfo Jean Gama que leva 7 anos vivindo na zona de Ferrolterra. Jean acaba de presentar na rede o seu novo proxecto informativo, SurfPoint.es, unha revista mensual con fotografías e reportaxes de surf e bodyboard.

 

Ficha Técnica:     

  • Nome: Jean Rodrigues Gama
  • Idade: 38 anos
  • Lugar de nacemento: Amazonas - Brasil
  • Anos surfeando: 14 anos
  • Anos sacando fotos: 7 anos
  • Spots que frecuentas: Doniños, Ponzos, Campelo, Pantin, Villarube, Razo, etc.
  • Estudos/Traballo: Fotografia Digital / Camarero.
  • Un hobby: Surfoto
  • Unha viaxe: Saquarema - Rio de Janeiro
  • Un soño: SURFPOINT.ES, con moitos lectores.
  • Música preferida: Surf Music, Country, Reggae e Rock.
  • Cámara fotográfica: Canon EOS 40D (playa), Canon EOS 30+Carcasa (acuática).
  • Deixa unha mensaxe para os nosos lectores: Destrue as ondas, non destruas as praias.
 
Superposición de fotos

Como e cando comenzaches non surf?

Eu tiña 15 anos, vivía en Vitoria, litoral brasileiro. O meu tio Valter, que agora vive en California, regaloume a miña primeira prancha. Antes vivía no Amazonas, lonxe do mar pero, xa me encantaba mirar un programa da TV Educativa de Brasil, que pasaba vídeos de surf mentres soaban as cancións rockeiras. Creo que me enganchei desde ai. Non perdía un programa. Alucinaba coas imaxes, as ondas, os tubos. Imaxinaba que un día tamén collería ondas como aquelas. A partir do ano 1.991 e unha pausa de 10 anos no surf. Regresei a vivir no Amazonas.

E a sacar fotos??

Fotos de surf, desde que cheguei a Ferrol en 2.002. Pero sempre me gustou a fotografía.

 
VW transporter un icono da vida nomada dos surfistas, simbolo de liberdade

Como chegaches a Ferrol?

Fixen o camiño inverso dos meus bisavos, que foran desde España e Portugal a traballar en Brasil. Días antes de coller o vo cara a Galicia pasou o tráxico accidente do "Prestige". Imaxinábame que tamén podería axudar dalgunha forma. Non conseguín actuar directamente na descontaminación das praias, non tiña papeis aínda. Pero agora coa revista teño a oportunidade de polo menos promover unha especie de publicidade das belas praias da nosa costa.

 
Ponzos Line Up

Como é un día normal na túa vida?

Traballar e durmir pouco, surf, fotos de surf, revista de surf, casa e esposa.

Cal é ou teu sopt preferido para surfear??

Doniños, mais constante! Pantin, super dereitas!

 
 Pantin 2008 

E para sacar fotos??

Doniños, Pantin, Razo, Ponzos. Aínda teño que saír a coñecer outros sitios.

 

 
 Pantin 2008

Hai moita diferencia entre a luz do Brasil e de Galiza?

En Brasil o sol nasce no mar e ponse en terra, o contrario de Galicia. Desta forma das dez da manaña até anoitecer, tes a luz por detrás túa e de fronte para as ondas. Unha luz dura, o sol é moi forte todo o ano, pero, tes todo o día para fotografar. A luz é increible. E usar filtros polarizadores mellor aínda.

Podes dar un par de pequenos consellos para a xente que empeza a sacar fotos de surf??

Buscar información para comprar ou cambiar o teu equipo fotográfico, ao mellor non necesitarás de todo o que che dicen ou imaxinas. Aprenda a medir a luz na praia. Busca coñecer o momento exacto en que saen as manobras. Moita, pero moita, paciencia.

  Aereo Pantin surfer Pedro Henrique

Acabas de comezar un novo proxecto na rede, o magazine www.surfpoint.es, podes falarnos un pouco sobre esta revista??

SURFPOINT.es surxiu do desexo de facer mais forte o surf español e galego. Creo que canto mais información de surf teñamos nos medios, máis aceptación tendra a imaxe do noso deporte e consecuentemente máis atletas praticando. Eu, veño dun país onde o surf ten millóns de practicantes, como os U.S.A. e Austrália. Espero poder contribuír para facermos o mesmo en Galiza e Europa. Agora xa temos moitos europeos no tour e creo que pronto teremos mais un español.

 Aereo Pantin surfer Pedro Henrique

Cando vai sair ou segundo número do magazine??

A primeiros de Maio! E a primeiros de todos os meses seguintes. Estou a buscar unha forma de avisar a todos lectores a cada edición (cada número) que estea online. Vou tentar avisalos con e-mails, ao mellor consigo facer que chegue a toda a xente.

Moitas grazas por colaborar nesta entrevista Jean. Se queres podes escribir unhas palabras para dicir ou que queiras aos nosos lectores:

Grazas a vós! Non olviden de ler as materias en SURFGZ.COM e SURFPOINT.es Cuando podan pasen e-mails para ós seus amigos avisando das actualizacións nas noticias e fotos destas edicións electrónicas.

 Reentry en Doniños

Boas ondas!!!!!

Moitas grazas a Jean Gama por colaborar nesta entrevista!

Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
 
0 Votes

0 Comentarios

Engadir comentario

 

O Noso Twitter

Cartel

Empresas Amigas:

Prado Surf Escola - Praia...
Prado Surf Escola - Praia de Patos - Nigrán
Descripción: As clases de surf, bodyboard e longboard impartense ó longo de todo o ano na Praia de Patos (Nigrán) lugar onde se ubica a sede da escola. Trátase dun precioso areal que conta con bandeira azul e que ...
Patos Surf Escola - Praia...
Patos Surf Escola - Praia de Patos - Nigrán
Descripción: Esta escola de surf leva dando clases dende o ano 1993. As clases de surf, bodyboard e longboard son na Praia de Patos no Concello de Nigrán. Teñen dous niveis de cursos: Iniciación ou perfeccio ...
TSP - The Surfeiros Piratas
TSP - The Surfeiros Piratas
Descripción: TSP (The Surfeiros Piratas) é unha nova empresa de deseño textil que a través da súa tenda online comercializa os seus propios deseños en camisetas e suadoiros. Con algúns deseños inspirados na est ...
Cartel

EMPRESAS AMIGAS:

Van Surf Shop - Viveiro
Van Surf Shop - Viveiro
Categoría: Material de Surf & Roupa
Descripción: A marca surfeira galega The Van Surf ven de rematar as súas melloras de imaxes con novos logos e reformas na súa tenda e outlet na Mariña. Deste xeito unha das empresas máis antigas da nosa terra ...
Concello: Viveiro
Páxina Web: thevansurfschool.com
Visitas: 233
Patos Surf Escola - Praia de Patos - Nigrán
Patos Surf Escola - Praia de Patos - Nigrán
Categoría: Escolas de Surf - Surfcamps Galicia
Descripción: Esta escola de surf leva dando clases dende o ano 1993. As clases de surf, bodyboard e longboard son na Praia de Patos no Concello de Nigrán. Teñen dous niveis de cursos: Iniciación ou perfeccio ...
Concello: Nigrán
Teléfono: 638 724 917 / 625 420 154
Páxina Web: www.patossurf.com
Visitas: 230
Cartel

Máis votadas!

  1. Surf no Inverno - FUGAS [PDF]

    5.0 of 5 stars from 17 votes.
  2. WS-Xtreme Novo Clube nas Rías Baixas

    5.0 of 5 stars from 16 votes.
  3. Line Up Primaveral e Secuencia de Pablo Irisarri

    5.0 of 5 stars from 14 votes.
  4. Óscar Prieto e Erika Franco vencen no Open de Surf Concello de Nigrán 2011

    5.0 of 5 stars from 13 votes.
  5. Superbank Galego - Occy

    5.0 of 5 stars from 10 votes.
  6. Ata Sempre Queima!

    5.0 of 5 stars from 10 votes.

Últimos comentarios

  1. Re: Crónica e resultados da 2ª proba do Circuíto Galego Junior e Infantil en Patos

    Posted on Martes 24 Abril, 2012 by SurfGZ.

    Nome corrixido. Gracias pola axuda.

  2. Re: Crónica e resultados da 2ª proba do Circuíto Galego Junior e Infantil en Patos

    Posted on Martes 24 Abril, 2012 by Raquel Dopazo.

    Por favor corrijan el nombre de...

  3. Re: Olas e Raiolas [VIDEO]

    Posted on Sábado 21 Abril, 2012 by mendi.

    muy guapo el plano d la ola en el...

RSS WEBPORTIO

Google PageRank Checker