Comezo Surfing Shapers
Test de pranchas de Camiño do Río na Lanzada [VIDEO]
Martes, 27 Outubro 2015 09:42

Velaquí tedes un pequeno vídeo con imaxes do test de pranchas de madeira de surf realizado polos shapers de Camiño do Río Surfboards o pasado domingo na praia da Lanzada. Esperamos que repitan en breves para poder asistir e probar este xeito artesanal de pillar ondas. Vídeo de Foam TV.

Ler máis...
 
2 Votes

0 Comentarios

Camiño do Rio Surfboards, madeira e surf!
Xoves, 15 Outubro 2015 09:08

Novo vídeo dende o obradoiro de Camiño do Río explicando a súa filosofía e xeito de traballar pra facer novas pranchas e longueiróns de madeira cos que surfar dun xeito máis ecolóxico e sen contaminar.

Ler máis...
 
1 Vote

0 Comentarios

Entrevista a Walter Nieto - Zorlak Surfboards [VIDEO]
Luns, 12 Outubro 2015 12:02

Velaquí tedes unha entrevista feita a Walter Nieto, shaper fundador da marca Zorlak Surfboards, durante a celabración do Festival Rock&Long na que fala sobre este festival, sobre o seu equipo de surf, os novos modelos de Zorlak, o presente e o futuro desta importante empresa galega de surf das Rías Baixas.

Ler máis...
 
0 Votes

0 Comentarios

Camiño do Río Surfboards [VIDEO]
Mércores, 07 Outubro 2015 08:46

En Camiño do Rio Surfboards fabrican pranchas de surf de madeira, utilizan madeira de samba, cedro rojo, balsa e contrachapado de 4 mm. dunha forma totalmente artesanal e neste vídeo podedes coñecer algo máis sobre os fundadores deste interesante proxecto e o seu obradoiro.

Ler máis...
 
0 Votes

0 Comentarios

Surfea con madeira con Camiño do Río Surfboards
Venres, 05 Xuño 2015 08:09


Pois esta "aventura" chamada 'Camiño do Rio Surfboards' naceu fai uns 8 meses aproximadamente, en O Grove, na Praia da Lanzada, da man de Rodrigo Nuñez (Trigo) e Oscar Moraña. Nunha pequena carpintería familiar, propiedade de Trigo, decidimos unir forzas e baixo os coñecementos de carpintería de Trigo... e os meus estudos de delineación, conseguimos facer táboas de surf de madeira huecas moi competitivas.


Ler máis...
 
4 Votes

0 Comentarios

Honey Surfboards estrea nova web!
Venres, 14 Novembro 2014 09:47

Honey Surfboards, marca galega de pranchas de surf, estrea a súa nova web despois de varios meses de traballo co seu catálogo de evolutivas, minimalibús, longboard, fish, retro fish e shortboards a bo prezo e con unha excelente calidade.


Ler máis...
 
8 Votes

0 Comentarios

Iron Mountain Surfboards estrea a súa nova Web!
Luns, 13 Outubro 2014 08:33

Xa podedes visitar a nova web de Iron Mountain Surfboards que presenta bastantes novidades como info sobre a súa historia, unha tenda online, info do equipo e unha sección de vídeo. No seu blog atoparás info sobre os novos modelos entregados e artigos interesantes de Román sobre o longboard e a súa cultura.

Ler máis...
 
9 Votes

0 Comentarios

Crab Surfboard Open Days - 23 e 24 de Maio
Luns, 19 Maio 2014 20:32

crab surfboards

Crab SurfBoards fai a súa presentación oficial nas canles dixitais inaugurando a súa nova web: www.crabsurfboards.com e as súas canles sociais no Facebook: facebook.com/crabsb e Instagram: instagram.com/crabsurfboards.

Na nova web poderás seguir toda a traxectoria da marca e ver os seus modelos, encargar a túa propia táboa custom ou coñecer toda a actualidade da marca e sesións da CrabSurfboards Crew na auga a través da súa blog. Por suposto poderás estar en contacto inmediato a través das súas canles nas redes sociais onde se fan eco de todas as súas publicacións.

Jason Flanagan shapeando

Coincidindo co lanzamento das súas canles dixitais e englobado na xira de Shaping Tour de Flanagan, tráennos a Jason en exclusiva para toda España do 22 ao 29 de Maio. Flano, estará eses días shapeando no taller de Crab Surfboards táboas para todos os afortunados que soliciten unha táboa feita polo mesmo durante eses días ou que sinxelamente se queiran pasar a ver como traballa un shaper desta categoría.

Ler máis...
 
22 Votes

0 Comentarios

Conversas con Iron Mountain
Mércores, 14 Maio 2014 20:47

O outro día atopámonos con Román, o fundador dunha das marcas máis recoñecidas do shape galego e non puidemos resistirnos a facer unha pequena entrevista pra coñecer a súa opinión sobre certas cousas que rodean o surf e a fabricación de pranchas. Debaixo tedes o que foi esta pequena conversa e algunhas fotos dos seus últimos traballos.

Levas casi unha década shapeando pero nos gustaría saber como foron os teus comezos no mundo do shape?

Pois como todo o mundo eu creo, por curiosidade, saber que se esconde detrás dunha tabla de surf e o traballo que leva, todo isto gracias a un coñecido meu que se prestou a ensinarme o pouco que sabía. Despois xa foi algo habitual verme shapeando facendo pranchas para os amigos e tamén o meu propio quiver.

Ler máis...
 
34 Votes

0 Comentarios

Nace o Proxecto Kiskillas: unha marca galega de quillas
Luns, 10 Xuño 2013 00:00

O pasado mes naceu na Costa da Morte o Proxecto Kiskillas da man de Chusma Surfboards co obxetivo de fabricar quillas artesanais pra pranchas retro, fish e longboards. A súa producción no é moi grande pero si a súa calidade e acabados. Se queres deixar o teu diñeiro en Galiza en vez de comprar quillas chinas podes contactar con Chusma e levar sempre postas as túas quillas de surf 100% galegas.

Ler máis...
 
10 Votes

0 Comentarios

Xa temos o longueirón amañado grazas a Iron Mountain!
Martes, 28 Maio 2013 19:31

Quero aproveitar este post pra lle dar as grazas a Román Díez, shaper de Iron Mountain, pola rapidez e o gran traballo de reparación feito no novo longueirón que partín no seu cuarto baño nunha das últimas grandes sesións no Pico de Patos. Foi mala sorte partir un long o derradeiro día potente da tempada pero xa está solucionado. Moitas grazas mestre!!

Ler máis...
 
12 Votes

0 Comentarios

Chusma Surfboards Catálogo 2013
Martes, 19 Febreiro 2013 11:36

Velaquí tedes o novo catálogo de Chusma Surfboards cos seus mellores modelos Bonzer, Fish, Simmons, Stubbie, Longboards e outros de gran calidade producidos por este shaper afincado en Muros e que produce pranchas cun gran acabado e moi boas de surfar.

Ler máis...
 
7 Votes

0 Comentarios

<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 4