Cartel

EMPRESAS AMIGAS:

Cartel

PREVISIÓN DE ONDAS

Mapa de Ondas

Cartel

Novidades Surfmarket.org

Traje 4.3 mm 6 baños Como nuevo
Vendo tabla de surf Slash modelo profish 5,10 18 3/4...
Chilli Red Peppa 23 May 2012
Tabla Chilli Red Peppa 5'7 x 19'50 x 2'38 Especial para...
Neck Beard 5.10 x 20 x 2 1/2. Ningún toque. 5 baños. Gracias.
Vendo tabla de surf NSP 6'4 tipo fish por no...

DIRECTORIO DE EMPRESAS:

SOLIDARIEDADE SURFEIRA!

Cartel


O TEMPO


Meteogalicia.es




Quen está conectado?

Temos 522 convidados en liña

Fai unha Doazón!

Comezo Surfing Outras novas Limpemos as nosas praias! Iniciativas Oceánicas
Limpemos as nosas praias! Iniciativas Oceánicas
Mércores, 24 Febreiro 2010 01:00

Jesús Busto - Cada primavera, dende hai 15 anos en Europa e 11 en Galiza, Surfrider Foundation Europe convida os seus socios, simpatizantes e a tod@s @s amantes do mar, a participar na operación de limpeza de praias denominada “Iniciativas Océano”. Ao reunírmonos tod@s (11.000 persoas no ano 2009), e na mesma fin de semana, mostrámoslles de modo conxunto aos gobernantes o noso amor e respecto polo océano.

A campaña deste ano, ao igual ca en edicións anteriores, céntrase nos denominados macro-refugallos, é dicir, nos refugallos sólidos, visibles a simple vista, que proceden do consumo.

É unha mágoa que despois de 20 anos de loita e acción, estes refugallos sigan a amorearse nas nosas praias, lagos e ríos. As solucións que se están a adoptar non son abondas. En realidade, as limpezas mecánicas efectuadas polas autoridades tratan o síntoma, pero non a causa. Por riba esas limpezas con utensilios mecánicos non fan outra cousa que aumentar a erosión das praias e non impiden que os refugallos causen danos considerables e irreversibles sobre a biodiversidade. De feito, 1 millón de aves e 100 000 mamíferos morren anualmente no mundo polos refugallos mariños.

Xa que logo, o obxectivo da campaña, alén de limpar, é lanzar a mensaxe de que hai que actuar axiña. Estas limpezas son unha grande oportunidade para sensibilizarmos a sociedade sobre a protección do océano e do litoral. Ademais, e en cada unha das limpezas, aproveitarase para contabilizar o volume de refugallos recollidos e reuniranse sinaturas que Surfrider Europe lles entregará aos deputados europeos o vindeiro 20 de maio en Xixón, no Día Marítimo Europeo, para lles facer chegar as nosas reivindicacións sobre os macro-refugallos.

As persoas ou entidades que desexen organizar unha limpeza poden inscribirse en:

www.initiativesoceanes.org ou www.iniciativasoceanicas.org

Arestora existen xa máis de 160 limpezas organizadas en toda a costa europea. De momento en Galiza organizáronse tan só dúas limpezas, ambas as dúas na praia de Doniños, os días 18 e 21 de marzo, organizadas polo Océano Surf Clube.


Sen dúbida ningunha, esta é unha moi boa oportunidade para devolvérmoslle ao océano, e a todas as especies que habitan nel, unha pequena parte das inmensas satisfaccións que nos ofrece.

Máis info sobre os macro-refugallos: http://www.initiativesoceanes.org/pdf/DP-IO2010_ES.pdf  (en español)

Texto do artigo: Jesús Busto

Fotos: Surfrider Foundation Europe


Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
 
2 Votes

0 Comentarios

Engadir comentario

 

O Noso Twitter

Cartel

Empresas Amigas:

Revista Baobab
Revista Baobab
Descripción: Revista de deportes extremos & Freestyle. Edición trimestral, distribución libre e gratuita por Galicia e outros puntos da península. Toda a actualidade dos deportes de acción online en revistabaobab. ...
Van Surf School - Xove -...
Van Surf School - Xove - Lugo
Descripción: Clases e cursos: A escola está situada nunha contorna totalmente rural, o cal che permitirá gozar entre sesións de surf tanto da amable xente do lugar, como da súa variada gastronomia, ou das incom ...
Africa Extrem Surf Camps -...
Africa Extrem Surf Camps - Marrocos
Descripción: Na mítica vila de Taghazout, Marrocos, esta a nosa surf house: Africa Extrem Surf Camps O noso surfcamp atópase nunha vila en fronte do pico de Anchor point, unha das ondas mais famosas do pais. ...
Cartel

EMPRESAS AMIGAS:

Prado Surf Escola - Praia de Patos - Nigrán
Prado Surf Escola - Praia de Patos - Nigrán
Categoría: Escolas de Surf - Surfcamps Galicia
Descripción: As clases de surf, bodyboard e longboard impartense ó longo de todo o ano na Praia de Patos (Nigrán) lugar onde se ubica a sede da escola. Trátase dun precioso areal que conta con bandeira azul e que ...
Concello: Nigrán
Teléfono: 636 024 702 / 653 929 347
Páxina Web: www.pradosurfescola.com
Visitas: 213
Augas Santas SurfCamp - Barreiros - Lugo
Augas Santas SurfCamp - Barreiros - Lugo
Categoría: Escolas de Surf - Surfcamps Galicia
Descripción: Augassantas Camp e a conxunción de dous surfistas e sobretodo amigos que se dan conta do potencial surfista que ten a Mariña de Lugo. Tratase de Anton Rodriguez responsable de Sensacion Surf Escola e ...
Teléfono: 676 761381
Páxina Web: www.augassantascamp.com
Visitas: 98
Cartel

Máis votadas!

  1. Surf no Inverno - FUGAS [PDF]

    5.0 of 5 stars from 17 votes.
  2. WS-Xtreme Novo Clube nas Rías Baixas

    5.0 of 5 stars from 16 votes.
  3. Line Up Primaveral e Secuencia de Pablo Irisarri

    5.0 of 5 stars from 14 votes.
  4. Óscar Prieto e Erika Franco vencen no Open de Surf Concello de Nigrán 2011

    5.0 of 5 stars from 13 votes.
  5. Superbank Galego - Occy

    5.0 of 5 stars from 10 votes.
  6. Ata Sempre Queima!

    5.0 of 5 stars from 10 votes.

Últimos comentarios

  1. Re: Crónica e resultados da 2ª proba do Circuíto Galego Junior e Infantil en Patos

    Posted on Martes 24 Abril, 2012 by SurfGZ.

    Nome corrixido. Gracias pola axuda.

  2. Re: Crónica e resultados da 2ª proba do Circuíto Galego Junior e Infantil en Patos

    Posted on Martes 24 Abril, 2012 by Raquel Dopazo.

    Por favor corrijan el nombre de...

  3. Re: Olas e Raiolas [VIDEO]

    Posted on Sábado 21 Abril, 2012 by mendi.

    muy guapo el plano d la ola en el...

RSS WEBPORTIO

Google PageRank Checker