Green Fix - Parafina Ecolóxica

Green Fix é unha parafina de gama alta 100% natural e orgánica. Esta parafa xa foi probada en diferentes partes do planeta con moi bos resultados. Esta parafa está feita en Francia e non precisa de gastar enerxía en transporte dende outras partes do planeta. O ano 2010 a fabricación desta parafina ecolóxica evitou a difusión de 2,5 toneladas de CO2 (por comparación con parafinas importadas de California ou China).

O seu proceso de elaboración é bastante artesanal. Faise en pequenos lotes con moitos controis de calidade. A súa calidade e compromiso co medio ambiente fixéronlle valedora do premio EuroSima 2009 ao mellor proxecto de innovación ecolóxica.

Proceso de fabricación de GreenFix

O proceso é bastante artesanal

Web de Green Fix

As fórmulas naturais empregadas pra fabricar esta parafina fan que a cera non se derrita pois a fórmula para auga fría se derrite a 60 graos. Isto supón unha evolución con respecto ás anteriores marcas de parafina ecolóxicas, que tenden a derretirse a temperaturas relativamente baixas. Isto é algo que a nosa roupa e tapicería do coche agradecerán sen dúbida.

Green Fix é unha empresa con moita conciencia e destina o 1% dos seus beneficios "for the planet" e colabora coa Surfrider Foundation.

Green Fix ten 5 fórmulas diferentes:

  • Parafina Base
  • Extra Cold
  • Cold
  • Cool/Warm
  • Tropical

Anímate a probar esta nova parafa e axuda a manter limpas as nosas praias!.

Máis info en:

http://naturaltechnology.fr

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.