
Se queres colaborar con SurfGZ.com dentro do Programa Empresa Amiga podes facelo dun xeito sinxelo e obterás unha grande promoción dentro do noso portal de noticias.
Este Programa de colaboración conta cos seguintes servizos:
- Publicar as vosas noticias do surfcamp, tenda ou escola. ( un máximo de 10 noticias ao ano).
- A publicación do voso logo nunha páxina de patrocinadores ligada dende a portada.
- Páxina de contidos variados + link + explicación dos vosos servizos + mapa de situación en Google Maps.
- Colocar o voso logo nun banner rotatorio na columna da dereita.
- Logo na parte baixa da web xunto ás outras empresas amigas.
Todo isto por un único pago anual de 100 euros e deste xeito has axudar a manter este proxecto activo.
Como podes ver non é moito diñeiro e por iso esperamos conseguir apoios das tendas, escolas, clubes e concellos galegos. Este diñeiro empregarase en pagar os gastos de SurfGZ e en facer promoción do web.
Se realmente queremos fortalecer o surf galego temos que apoiarnos entre todos.
O equipo de SurfGZ.com