Martes, 13 Xaneiro 2015 08:53 |
Video gravado na cidade de Río de Janeiro, Brasil, nas praias de Ipanema, Copacabana, Arpoador, Dous Irnáns e Barra de Tijuca cos irmáns David e Javier Fernández Egea como protagonistas durante a súa viaxe o pasado mes de Agosto. Da-las grazas ao noso amigo Alain Cayeux e Lucía Antunes pola súa hospitalidade. Gravado por PradoBBk e editado por Matías Rivas. |
Ler máis...
|
Luns, 12 Xaneiro 2015 17:25 |
Vídeo do segundo episodio 'The Lagoon' de bodyboard feito polo rider vigués Javi Blanco e os seus amigos nunha viaxe ás Illas Cook no Pacífico.
|
Ler máis...
|
Mércores, 07 Xaneiro 2015 20:55 |

Velaquí tedes o novo vídeo oficial de Dunes con imaxes de Kako García en diferentes spots galegos e tamén con imaxes de Ismael Sánchez e Luis Pérez nas Canarias e Asturies. Cámaras: Las Palmas de Gran Canaria, Alejandro Ramírez e Antonio Pardo, Asturias, Adrián Martínez e Galicia, Samuel Simo. Editado por Karpe Northcoast. Foto Irene Aneiros - rider Kako Garcia
|
Ler máis...
|
Luns, 05 Xaneiro 2015 00:00 |
Fermoso vídeo de bodyboard feito polo rider vigués Javi Blanco, afincado en Australia e que non nos para de sorprender pola calidade dos seus vídeos. Desta vez novas ondas e novos tubos na compaña de varios amigos polo Pacífico Sur. |
Ler máis...
|
Venres, 02 Xaneiro 2015 09:30 |
Comezamos o ano cun excelente vídeo Alejandro Piñón Balseiro presentado por SalitreMag con imaxes de diferentes sesións na costa galega.
|
Ler máis...
|
Martes, 23 Decembro 2014 09:15 |
Velaquí tedes o novo vídeo de Patos Surf Clube con imaxes dos riders Marta, Eloy, Fon, Raul, Pablo e Carlos do seu equipo de Bodyboard en diferentes spots da costa Galega dirixidos por Keko Vilán na procura das millores ondas e sesións. |
Ler máis...
|
Mércores, 17 Decembro 2014 09:11 |
Chloroformo presenta a segunda parte deste vídeo de bodyboard pola costa suroeste de Australia con Cristian Pérez, Iván Public, Javier Blanco, Javier Arias e riders locais cos que compartiron baños. |
Ler máis...
|
Domingo, 30 Novembro 2014 13:18 |
Excelente novo vídeo de bodyboard con Cristian Pérez, Iván Pullic, Javi Blanco, Javi Arias e varios riders locais na súa viaxe pola costa de Australia este ano. Javi Blanco, rider do colectivo Prado BBk, xa leva varios anos viviendo en Down Under e foi o encargado de dirixir a misión na procura de boas ondas. |
Ler máis...
|
Venres, 28 Novembro 2014 09:29 |
Velaquí tedes o novo traballo de Fotosplino con imaxes do colectivo de bodyboard Prado BBK das Rías Baixas en diferentes sesións no sur da costa galega e tamén na Costa da Morte. Cristian Pérez, Iván Taboada e Nicolas Carpio mostran o seu nivel en tubos potentes e barras solidas.
|
Ler máis...
|
Martes, 04 Novembro 2014 19:42 |
Espectacular novo vídeo profile do mítico rider vigués Cristian Pérez gravado e editado por Ángel Fotosplino en diferentes spots da costa galega e norte de Portugal. Puro bodyboard con ondas moi fortes durante catro intensos minutos de duración. |
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 6 de 30 |