Mércores, 30 Xaneiro 2013 20:42 |
Nova sesión de bodyboard nun secret spot da nosa costa con Javi Blanco e Niko Carpio gravado e editado por Ángel Fotosplino. Esta dereita permanece como secret despois de moitos anos e así queremos que siga tanto os locais da zona como os riders habituais de outras partes da nosa costa que se pasan cando poden. É unha onda perigosa e soamente apta pra xente experimentada. |
Ler máis...
|
Venres, 25 Xaneiro 2013 11:40 |
Que a nosa costa está chea de segredos é algo ben coñecido e cando chegan as grandes marexadas certas praias e recunchos permiten sesións alucinantes e perigosas como esta de Cristian Pérez gravada e editada por Ángel Fotosplino. Non decimos nada máis. Que disfrutedes do vídeo! |
Ler máis...
|
Mércores, 16 Xaneiro 2013 15:37 |
Novo vídeo do colectivo de bodyboard das Rías Baixas Prado BBK con imaxes de Cristian Pérez, Peibol, Javi, Moncho e Ruben. Vídeo de Fotosplino. |
Ler máis...
|
Martes, 08 Xaneiro 2013 18:53 |
3 Ondas para tres sesións de Bodyboard con Cristián Pérez e José Vazquez "Fefa" como protagonistas da nova entrega de Ángel Fotosplino na que tamén aparece os locais de praia da Arda. A primeira sesión no Norte de Portugal, a segunda na cala de Prado con marea baixa e series potentes que poden facer bastante dano e unha terceira sesión na praia máxica de Lariño.
|
Ler máis...
|
Luns, 03 Decembro 2012 00:00 |
E tamén hoxe publicamos outro resumo fotográfico do Campionato de Bodyboard do Faro de Lariño disputado no Concello de Carnota o pasado domingo. Desta vez e grazas ao traballo de José Morandeira que pasou o día no areal afotando aos riders participantes e a algún outro surfeiro que andaba na auga. Alex Rico foi o vencedor da proba seguido polo local Carlos Viñas. Kako García venceu en Drop Knee.

|
Ler máis...
|
Mércores, 28 Novembro 2012 23:01 |
Velaquí tedes o novo vídeo profile de Diego Díaz feito polo colectivo Peixes da Costa da Morte. Moitas grazas a Antón Cobas pola noticia ;)
|
Ler máis...
|
Martes, 27 Novembro 2012 00:00 |
Non queriamos deixar rematar o mes sen publicar este terceiro vídeo de Karpe NorthCoast cunha fermosa sesión de bodyboard en Ferrolterra con algúns míticos riders desa costa como son Esteban Hermida, Kako García e Kuko Martín. GRavado por Remi Veupakdire.
|
Ler máis...
|
Luns, 26 Novembro 2012 18:05 |
O rider ferrolán Alex Rico foi o vencedor da proba de Bodyboard celebrada o pasado domingo na praia do Faro de Lariño. Carlos Viñas, rider do Barbanza foi o segundo no podio seguido de Francisco Ferreiro e Andrés Manso, ambos de Ferrolterra. Foto: José Dopico. Seguiremos informando... 
|
Ler máis...
|
Xoves, 22 Novembro 2012 17:32 |

O vindeiro domingo 25 de Novembre está convocada a 5ª Proba do Circuíto Open de Bodyboard na praia do Faro (Carnota) as previsións parecen boas polo que podedes pasar pola praia de Lariño pra ver en acción aos mellores riders BB da nosa costa. No caso de que as condicións non se presenten favorables o día 25 de novembro a proba será en Barrañán.
|
Ler máis...
|
Luns, 29 Outubro 2012 01:09 |
Impresionante vídeo de dous riders, Patrick Vlán e Yeray nunha das dereitas máis fermosas da nosa costa. Gravado por Humberto Tomaz Silva.
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 10 de 30 |