Bodyboard
Extrem Galician Bodyboarding [VIDEO]
Venres, 28 Maio 2010 00:00

Potente video de bodyboard do colectivo Prado BBK en diferentes spots do sur da costa galega. Os riders do video son Fefa, Christian Pérez, Muelles, Monko, Patrick Vilán e algún máis que non sabemos o nome. A primeira onda do video é un dos slabs galegos por excelencia, unha onda "only bodyboard". O video é de Chopoloo.

Ler máis...
 
"Bodyboard, un xogo de nenos" na Sexta [VIDEO]
Xoves, 27 Maio 2010 16:00

Velaquñi tedes un video collido do programa Sexto Nivel onde falan do documental de bodyboard que vai ser presentado este sábado as 21:00 horas no Clube do Mar de San Amaro na cidade da Coruña. Logo hai festa con Dj's e sorteos de regalos!

Ler máis...
 
Resultados Luso Galaico 2010 [BODYBOARD]
Martes, 25 Maio 2010 00:00

O campión do Luso Galaico 2020 en Bodyboard Open celebrado na praia de Arda en Afife esta pasada fin de semana foi Manuel Centeno, varias veces Campión do Mundo, da Europa e Portugués e que é presenza habitual neste campionato. Nuno Azevedo, tri-campión do LusoGalaico, ficou en segundo lugar, seguido de Ricardo Faustino e de Fábio Ferreira. O Bodyboarder Tiago Silva fixo a mellor onda do Campeonato, con 9 puntos.

Victor Vidal

Ler máis...
 
Festa do Bodyboard - 29 de Maio
Luns, 24 Maio 2010 00:00

Este sábado 29 tedes que pasar polo Clube do Mar de San Amaro na Coruña a partires das 21:00 h pra poder visionar o primeiro pase do documental de bodyboard de Juan Luis Gómez Frieiro, "Bodyboard, un xogo de nenos". Haberá festa despois do pase con música electrónica e sorteos de regalos.

Ler máis...
 
Novo blog de Bodyboard nas Rías Baixas!
Xoves, 20 Maio 2010 00:00

Hoxe apresentamos outro novo blog de bodyboard nas Rías Baixas que ten boas fotos dos riders da zona de Pontevedra. Este blog está xestionado por Victor Vidal, un rapaz que leva un par de anos collendo ondas e que ten tamén afición pola fotografía. O enderezo deste novo blog é www.bodyboardriasbaixas.blogspot.com

VICTOR VIDAL

Ler máis...
 
Festa de presentación do documental "Bodyboard, un xogo de nenos"
Xoves, 13 Maio 2010 01:00

Xa está todo listo para a presentación do documental "Bodyboard, un xogo de nenos" de Juan Luis Gómez Frieiro que vai ter lugar o día 29 de maio as 21:00 horas no Club do Mar de San Amaro.

Tamén vai haber unha festa con deejays  ( DJ Sergio Amaro e DJ Diego Quintán), terraza bar, regalos e sorteos.

Unha festa única para un evento único!!! Tanto si es bodyboarder, surfeiro, futbolista, ou o deporte te da igual, é un acto ao que puedes asistir. Entrada libre e gratuita!!!

Podes confirmar a túa asistencia no evento do Facebook

 
O día anterior - Marcos Amor
Luns, 10 Maio 2010 01:00

Marcos Amor - Neste post tedes seis fermosas postais de feitas por Marcos nun día de ondas pequerrechas e sen vento, o mar estaba glassy e a pouca luz co sol tan baixo e formando esas cores alaranxadas do sol e o verde do mar. Todo un luxo de fotozas!

Ler máis...
 
Entrevista a J.L. Frieiro na revista Baobab
Venres, 07 Maio 2010 08:33

Na Revista Baobab publicaron estes días unha interesante entrevista a Juan Luis Gómez Frieiro, director do documental "Bodyboard, un juego de niños". Neste post reproducimos a primeira parte da entrevista feita por Lorena Moltó na cidade da Coruña. Juan Luis gómez Frieiro ten 29 anos e traballou como cámara, editor e realizador en varias empresas audiovisuais e fai bodyboard dende os doce anos.

Ler máis...
 
Termic Days in Sabón [VIDEO]
Mércores, 05 Maio 2010 11:00

Dende o blog de Rodry Añon chegounos este novo video de bodyboard galego feito por Diego Quintela na praia de Sabón. Os riders do video son: Fran Aguilar, Lois Flores, Kusto, Jose ''Malagueño'' e o mesmo Diego Quintela.

Ler máis...
 
Entrevista con Fito Costas - Endorfina Magazine
Luns, 03 Maio 2010 01:12


Empezamos este primeiro luns de maio cunha entrevista a Fito Costas, unha das persoas que máis está a traballar a prol do bodyboard galego no sur da nosa costa. Fito Costas é un fotógrafo, local das Rías Baixas, e creador do magazine gratuito Endorfina que lexa xa dous números publicados. Esta entrevista foi realizada por Rubén Deza "Pincho"

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seguinte > Final >>

Páxina 21 de 30


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: