Bodyboard
Documental "Bodyboard, un xogo de nenos" [VIDEO]
Venres, 16 Abril 2010 11:49

Hoxe apresentamos o trailer e o cartaz do novo documental sobre bodyboard "Bodyboard, Un Xogo de Nenos" feito por Juan Luis Gómez Frieiro. O propósito deste documental é facer chegar ao maior número de persoas o que é a realidade deste deporte. 


É unha historia contada polos distintos tipos de bodyboarders que existen; desde a principiante... até o nove veces campión mundial de Bodyboard, Mike Stewart. Eles e elas, mediante as súas impresións, mergullarannos de cheo no mundo das ondas.

BODYBOARD UN JUEGO DE NIÑOS

Ler máis...
 
Endorfina Nº2 xa nas tendas
Xoves, 15 Abril 2010 01:00

A xente da zona de Pontevedra e alrededores xa pode conseguir de balde nas tendas locais o número 2 desta revista. Na portada aparece un aéreo de Rubén Deza "Pincho".

Ler máis...
 
Ondas para adestrar Bodyboard [VIDEO]
Mércores, 14 Abril 2010 01:00

Un video do adestrador Kako García onde fai un bo resumo de diferentes ondas galegas que son ideias para o bodyboard. Segundo comenta Kako no seu blog: cando un adestrador decide adestrar a un BBoarder neste tipo de ondas ha de ter moi claro os límites do rider, a predición meteorolóxica, os coeficientes das mareas , o tempo de reacción do adestrador, hidratación do deportista, niveis de ansiedade, e algunha cousa máis que nun futuro podemos abordar.


Ler máis...
 
Máis Bobyboard! - Ángel Fotosplino
Xoves, 08 Abril 2010 01:00

Novas fotos espectaculares de Ángel Fotosplino a primeiros de abril con Moncho, Toni e Rodillos como protagonistas principais. Neste artigo soamente tedes 8 fotos pero podedes ver máis fotos no artigo orixinal. Puro bodyboard galego nunha das mellores praias galegas pra meterse tubos profundos!

Take off de Moncho

Ler máis...
 
Only Bodyboard - Ángel Fotosplino
Martes, 06 Abril 2010 01:00

Velaquí tedes unhas fotos novas de Ángel Fotosplino feitas na Salvaxe estes días. Coa primavera o mar non se está portando demasiado ben pero este spot de escaso fondo de rocha non necesita grandes maretóns pra funcionar, soamente necesitas valor e ter as cousas moi claras dentro da cabeza. Os riders das fotos son Iván, Rubén e Niko.

Ler máis...
 
Kako García apresenta o seu novo blog
Luns, 05 Abril 2010 01:00

KAKO GARCIAO mundo surfeiro galego en internet ven de gañar outro importante blog coa apertura a mediados de marzo do blog persoal de Kako García, bodyboarder ferrolán e un dos mellores adestradores europeos de sur e bodyboard.

Os seus alumnos máis destacados son Erika Franco, Rafa Dopico, Samuel salgueiro e Patricia Rocha, todos eles campións galegos nas súas modalidades no 2009.

Ler máis...
 
Conversa con Emilio Gutierrez - BG Magazine
Venres, 02 Abril 2010 01:00


Hoxe conversamos con Emilio Gutierrez, fundador da revista online BG Magazine, pra saber que pasa con este proxecto tan interesante sobre bodyboard e tamén coñecer un pouco máis a este rider tan importante da cultura do bodyboard galego.

Ler máis...
 
BodyBoard - Resultados Galaico-Luso 2010
Martes, 30 Marzo 2010 01:00

Xa temos algunhas fotos da proba de bodyboard do Campionato Galaico-Luso 2010 celebrado na praia de Patos esta pasada fin de semana grazas a Occy os resultados da proba grazas a xente do Prado Surf Clube. O gañador do Campionato foi o galego Rubén Deza "Pincho", seguido de Joao Neiva, Nelson Vaz e Javi Blanco.

Victor de Pontevedra no tubo

Ler máis...
 
Alberto Gundín Profile [VIDEO]
Luns, 29 Marzo 2010 01:00

Velaquí un video dos adestramentos de Alberto Gundín no ano 2009 no que acadou o subcampionato galego junior de Bodyboard. Alberto Gundín é un alumno de Kako Garcia do Grosso Club en Ferrolterra.

Ler máis...
 
100% Bodyboard - Eugenio Prados
Xoves, 25 Marzo 2010 01:00

Este artigo ten dez fotos impresionantes de bodyboard feitas por Eugenio Prados e publicadas no seu blog "A Remojo" nestes últimos meses e que non queremos deixar pasar sen publicar na web. Todas as fotos merecen un 10 e amosan a fermosura das ondas de Ferrolterra. Algunhas fotos son do seu archivo e outras deste ano. Xulgade vós mesmos!

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seguinte > Final >>

Páxina 22 de 30


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: