Bodyboard
Concurso - BG Magazine Vs Industria
Martes, 23 Febreiro 2010 01:00

A xente de BG Magazine están a realizar un concurso e van repartir material de BB proporcionado polas marcas que lles deron o seu apoio o ano pasado (The Box, Rei Zentolo, Raz, Zonabodyboard shop, Bocateo, Freya e Dharma) como xeito de despedida. Soamente tes que responder e seguinte pregunta:

Que marca/s de bodyboard que está de moda dende 1-2 anos e non puxo publi no último número da SR Bodyboard???

Ler máis...
 
Carlos Martínez campión en Montalvo [BB]
Luns, 22 Febreiro 2010 00:21

O resultado final de Bodyboard do Campionato de Montalvo foi: 

1. Carlos Martínez.
2. Rubén Deza "Pincho"
3. Victor Vidal
4. David Vallejo

Na foto da dereita tedes a Jacobo Carballa, unha das promesas do bodyboard da zona de Pontevedra.

Ler máis...
 
Cristian Pérez Profile [VIDEO]
Martes, 16 Febreiro 2010 01:00

Potente video feito por Javi Prado dun dos mellores bodyboarders galegos, o vigués Cristian Pérez, coñecido en todas as praias da nosa costa polo seu estilo radical e agresivo e un mestre nos tubos e ten a mente preparada pra surfar as ondas máis fortes e perigosas. Disfrutade do video.

Ler máis...
 
BG Magazine nº16 xa na rede!
Martes, 16 Febreiro 2010 01:00

BG MAGAZINE

Xa está na rede o número 16 do BG Magazine, revista galega online especializada en bodyboard. Este número ten na portada unha foto feita por Ángel Fotosplino nunha onda brutal da nosa costa. 

Seica este pode ser o derradeiro número da revista e por iso queremos expresar o noso apoio a Emilio Gutierrez, editor xefe, e a todo o equipo de colaboradores que fan posible esta iniciativa e pedirlles que mantengan o proxecto na rede.

Este exemplar ten fotazas impresionantes!!

Pra ver a revista, preme aquí - BG MAGAZINE nº16



 
Yonkis do korcho [VIDEO]
Martes, 09 Febreiro 2010 01:00

Dende o blog de Dopi Terra de Meigas chega o primeiro video de Ismael Lorenzo "Date" grabado nunha soa sesión nunha onda clásica do bodyboard galego. Riders: Nacho García, Liños ,Miguelito e algún local da zona

Ler máis...
 
O Faro - Ángel Fotosplino
Venres, 29 Xaneiro 2010 01:01

Nova sesión de fotos de Ángel Fotosplino no Faro de Lariño. Na auga Fefa, Patrick Vilán e Yeray. Impresionantes fotos que amosan a calidade da onda e o alto nivel técnico destes riders vigueses.

Yeray

Ler máis...
 
Aglomerado - Fotos de Aloia
Venres, 29 Xaneiro 2010 01:00

Fermosas fotos de Aloia publicadas onte no blog de Fiz dunha sesión con boas ondas pero moita xente na auga. Na foto tedes a Iñaki baixando a onda.

Ler máis...
 
Dous intres perfectos - José Dopico
Luns, 25 Xaneiro 2010 01:00

Velaquí dúas fotos de dous intres perfectos, dous momentos de beleza, dous fotos de azul intenso e cheas de emoción. A primeira foto é da Tóxica e o afortunado que ergue os brazos é Isma. A segunda foto é un tubo perfecto na praia de Doniños un dos días máis xélidos deste inverno. As fotos son de José Dopico.

toxica

Ismael Pérez bendecido pola Tóxica

Ler máis...
 
Bodyboard no Faro [VIDEO]
Xoves, 21 Xaneiro 2010 01:00

Outro interesante video de Freesurfers feito no Faro e algún outro spot e no que participan Manolo, Jorge Ulla, Vecino, Josi Puñal e Adrián King.

Ler máis...
 
Unha xoia do mar - Fiz Gómez
Martes, 19 Xaneiro 2010 01:00

Unha pequena xoia da nosa costa afotada por Fiz Gómez estes días de duro inverno. Ondas 100% bodyboard!

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seguinte > Final >>

Páxina 23 de 30


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: