Bodyboard
Bodyboard en Balcobo
Sábado, 21 Marzo 2009 11:29

Novo video de BB galego en Balcobo feito por BBislife onde podedes ver a Rodry, Diego, Aloia, Lois, Iñaki e outros surfeando ondas na praia de Balcobo.

Ler máis...
 
Segredos Galegos III
Martes, 17 Marzo 2009 12:52

Dende ZonaBodyboard apresentamos unha escolma de fotos de ondas galegas feitas por Suplín e moi pouco coñecidas e moi potentes do sur da nosa costa. A ver cantos de vós recoñecedes estas ondas que rompen perto da costa e son facilmente visibles dende a estrada vella que comeza en Cabo Silleiro...


Ler máis...
 
Comeza en Sagres o europeo de Bodyboard
Martes, 17 Marzo 2009 11:11
Comeza o Circuíto Europeo de bodyboad ETB coa proba de Sagres que se disputará os dias 3,4 e 5 de Abril.

Repartiranse na categoria masculina uns 5.000€ co que a categoría é de 2 estrelas.

As inscricións realizaranse entre as 18:00 e as 20:30 do día 2 de Abril na mesma praia, tal e como adoita suceder nas probas deste circuíto.

Aproveitamos pra lle desexar sorte a todos os competidores galegos que participen nesta proba

Apertas

 
O Compresal: calidade e potencia!
Xoves, 12 Marzo 2009 12:51

Dende o blog de Dopi chegan estas fotos dunha onda bastante descoñecida pra moitos surfeiros galegos pero que ben merece un respeto mirando as fotos publicadas por Dopi. Segundo comenta Ana Pena esta é unha dereita moi potente e corchera 100% con tubos ocos e longos, rápida e con ramplas para voar que rompe sobre un fondo de area moi variable do que se depende para surfear.

Ler máis...
 
BB Galego! Novas fotos de Suplín
Luns, 09 Marzo 2009 10:18

No foro de ZonaBodyboard atopamos unhas novas fotos de Suplín nas que podedes mirar o mellor do seu traballo polas Rías Baixas. Impresionantes fotos que amosan a calidade dunha costa descoñecida para moitos surfeiros galegos pero que sen dúbida é unha das millores e máis perigosas.

 
Ler máis...
 
Nova imaxe do Blog de Dopi - Terra de Meigas
Venres, 06 Marzo 2009 18:03

O blog de Dopi estrea unha nova imaxe na rede. Este blog é un dos máis completos da costa norte galega e ten unhas fotos de bodyboard de moita calidade como podedes ver neste artigo.

Dopi xestiona este blog dende Narón na Coruña dende o verán pasado segundo comentou a SurfGZ. "Comecei co blog a raiz de querer ensinar este deporte a xente e sacarnos fotos entre os colegas. Pouco a pouco funme enganchando a esto da fotografía, merquei unha cámara boa coa que empecei a colgar as fotos no blog, un pouco mais en serio."

Ler máis...
 
Bodyboard extremo nas Rías Baixas
Xoves, 05 Marzo 2009 17:43

Atopamos estas fotos no foro de www.zonabodyboard.com feitas por Suplín que amosan unha esquerda moi potente que rompe ao pasar Cabo Silleiro. O boyboarder é Gon.

Ler máis...
 
Brutal secret de Bodyboard!
Martes, 03 Marzo 2009 17:25

Dende o blog de Jahgo chegan estas dúas fotos dun secret spot galego preto de Portugal. Esta onda é bastante coñecida pero surfeada por moi poucos valentes por mor da súa complexidade técnica. Creo que estas fotos son das primeiras en publicarse en internet!

 
 O Teahupoo Galego!
Ler máis...
 
Bodyboard extremo na Machacona
Xoves, 19 Febreiro 2009 18:39

Atopamos na rede este video do 25 de xaneiro do 2009 de bodyboard na Machacona subido por OrzanBay e producido por Gary Ingelmo. O video ten moita calidade. Disfrutade dos tres minutos do video!

Ler máis...
 
Novo número de BG Mag
Luns, 09 Febreiro 2009 10:52

O equipo de BodyboardGaliza ven de presentar o seu primeiro xornal deste ano con impresionantes contidos e fotos para os amantes do BB!

Este 2009 comenzou dun xeito increible, bos e repetitivos swells chegaron a nosa costa facendo as delicias de todos os que practicamos este deporte. 

Podes mirar directamente a revista premendo nesta ligazón

 

 

 
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seguinte > Final >>

Páxina 29 de 30


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: