Bodyboard
Entrevista con Rubén Deza "Pincho"
Martes, 06 Xaneiro 2009 20:36

Nesta entrevista podes ler un pouco sobre a vida de Rubén Deza "Pincho", un dos mellores bugueiros da nosa terra e coñecer os seus proxectos para este ano 2009 que ven de empezar...

Ler máis...
 
BGMag estrea novo formato na Rede!
Martes, 06 Xaneiro 2009 19:45

O magazine online galego BodyboardGaliza.com estrea un novo formato na rede e pásase ao Wordpress. Este sistema de blog vailles permitir dispor de unha web moito máis dinámica con noticias actualizadas de bodyboard. Pouco a pouco esta revista consolida a súa posición en internet grazas a calidade dos seus contidos e o dinamismo deste proxecto informativo.

Tamén ten info sobre resultados de competición, saude e unha canle de videos. Visitadeo e disfrutade!

 
Perceberantes,video galego de BB
Martes, 06 Xaneiro 2009 19:36

Dende BGmag chega o trailer do video de bodyboard editado e realizado dende Galiza por Juan Luis Gomez Frieiro. Este video amosa ondas galegas, portuguesas, canarias, chilenas e francesas e leva máis de 5.000 visualizacións no ano e pico que leva na rede.

Ler máis...
 
Rubén Deza estrea blog en Internet!
Martes, 30 Decembro 2008 13:54

Rubén Deza, o campión galego de bodyboard, estrea o seu novo blog Bodyboardpropincho en internet onde podes ver fotos das súas viaxes e info sobre a súa carreira deportiva.

Con esta nova web a blogesfera galega de BB refórzase e incrementa o seu tamaño. Dende SurfGZ desexámoslle a Rubén moita sorte nesta nova etapa.

Preme na imaxe do blog pra visitalo!

Ler máis...
 
OrzanBay novo blog de BB coruñes
Martes, 23 Decembro 2008 20:59

Presentamos un novo blog galego de BB Orzanbay.blogspot.com onde tedes noticias internacionais, estatais e galegas sobre bodyboard. Info sobre material e neoprenos de última xeración e proxectos en internet de bugueiros profesionais.

Visitadeo e disfrutade da calidade deste novo proxecto informativo.

Ler máis...
 
Entrevista a Cristina Fernández
Martes, 23 Decembro 2008 13:35
 
Cristina Fernández responde ás preguntas de SurfGz na súa primeira entrevista en internet despois do seu exitoso ano nas competicións de BB!
Ler máis...
 
Cristina Fernandez gaña 3 premios na Gala do Surf Galego 2008
Martes, 16 Decembro 2008 14:42

Cristina Fernandez, a mellor bodyboarder galega deste ano, sumou tres novos premios a súa carreira deportiva na gala do deporte galego celebrada en Vigo esta finde pasada:

- Campiona Galega xuvenil 2008
- Subcampiona Circuíto Galego Xuvenil2008
- Campiona Circuíto Galego Open2008

Despois de finalizar na cuarta posición no Europeo Junior 2008 celebrado en Agadir este é o mellor xeito de remata-lo ano pra Cristina. Podes ler a noticia do Eurojunior pinchando nesta ligazón.

Parabéns Cris!

Ler máis...
 
Cristina Fernández, cuarta no Eurojunior 2008
Xoves, 11 Decembro 2008 11:07

A galega Cristina Fernández acadou a cuarta posición de Bodyboard Sub 18 no Eurojunior 2008 celebrado en Agadir este mes. Cristina contounos que pra ela foi seleccionada por Kako Garcia polos seus éxitos nos campionatos españois e galegos. Esta xoven competidora do Grosso Club de Ferrol soamente leva un ano competindo con excelentes resultados e é unha das grandes promesas do deporte galego.

Ler máis...
 
Boas Ondas en Valcobo! Resumo da 1ª xornada do campionato de Bodyboard
Domingo, 23 Novembro 2008 12:28

Unha vez máis, grazas á colaboración do Concello de Arteixo, as súas praias acollen unha proba do Circuíto Galego Caixa Galicia con moi boas condicións para a práctica do bodyboard. Tras un breve atraso comezaban as primeiras mangas en torno ás 11:00 da mañá con olas dun metro con moita forza e picos múltiples que facían que a correcta selección de olas e a forma física fosen determinantes á hora de pasar cada manga.

 
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seguinte > Final >>

Páxina 30 de 30

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: