Martes, 15 Decembro 2015 09:50 |
Vídeo de bodyboard feito por un rider francés que visitou este Outuno a nosa costa e puido disfrutar dunha sesión moi potente en soidade. Imaxes fermosas que demostran que todavía quedan moitos picos baleiros e de calidade na costa galega esperando polo seu rider. |
Ler máis...
|
Martes, 08 Decembro 2015 21:11 |

Xa está convocada a 1ª Copa Galicia de Bodyboard, un campionato organizado pola Federación Galega de Surf, Karpe North Coast e Amarosa Clube. Este evento vaise realizar o día 19 ou 20 de Decembro e pode ter catro localizacións posibeis dependendo das condicións meteorolóxicas para estas datas. Entre as catro ondas elixidas para o campionato a principal é 'A Curva', unha onda que rompe ao oeste do Porto de Burela, enfronte do paseo marítimo. No caso de ter boas previsións o evento pode ser realizado en Valcovo, Barreiros ou Doniños.
Haberá categorías Sub-16, Sub-18 e Open. Premios en metálico e en material técnico valorado en 1.500€ para a localización principal na Curva.
Este evento está patrocinado por Abanca, Dunes Europe, New Wave, Atlas Distribution, Ya te comeré, Tsp, Kannion Bar, SurfGz, Surfmarket.org e Oxigeno Surf School e Concello de Burela.
|
Ler máis...
|
Mércores, 25 Novembro 2015 15:15 |
Novo traballo de Gabriel Pacheco con este vídeo con imaxes do pasado verán pola costa galega na compaña de boa xente, bo rollo e puro surfing. Música: Holiday de Green Day. |
Ler máis...
|
Xoves, 05 Novembro 2015 09:44 |
Prado Friends é o novo vídeo do colectivo galego Prado BBK con imaxes de varias sesións recentes nos seus spots preferidos das Rías Baixas e tamén na catedral do bodyboard galego na Costa da Morte. Riders: Cristian perez, Nicolas Carpio, Ruben Alves, Jose Vazquez, Ramon Diaz e David Mosquera. |
Ler máis...
|
Venres, 30 Outubro 2015 09:44 |
Velaquí tedes algunhas fotos de Cristian Pérez nunha potente sesión no seu slab preferido das Rias Baixas grazas ao traballo de cámara de ADFoto que non para de sorprender grazas a súa nova carcasa acuática. De novo Cristian mostra porque é un dos bodyboarders máis completos da nosa costa e un dos millores riders europeos |
Ler máis...
|
Domingo, 04 Outubro 2015 21:11 |
No manuscrito irlandés Lebor Gabála Érenn relátase a construccion da identidade nacional irlandesa, mestura de historia, mitoloxía, lendas e folclore... o rei Breogán construíu na cidade de Brigantia, situada no noroeste da Península Ibérica, unha torre de altura tal que os seus fillos, podían ver unha distante beira verde desde a súa cima. A visión desa afastada terra levounos cara ao norte até Irlanda, onde Ith sería asasinado. En vinganza, os fillos de Mil (neto de Breogán e sobriño de Ith) navegaron desde Brigantia a Irlanda e conquistárona. Un grupo de aguerridos guerreiros, hermanados con Irlanda, habitan bosques e pobos perdidos en terras máxicas que se espertan no medio de espesas néboas móstrannos ondas sorprendentes, mutantes, salvaxes, un estilo de vida ligado ao mar, a terra e a liberdade. Sen convencións, o vídeo mostra a liberdade dos fillos do deus Breogán. |
Ler máis...
|
Xoves, 10 Setembro 2015 09:01 |
Sesión de verán na costa de Oia gravada e editada por Keko Vilán de Patos Surf con algunhas pequenas bombas que rompen sobre o escaso fondo de rocha. Un lugar perfecto para o bodyboard.
|
Ler máis...
|
Mércores, 02 Setembro 2015 09:58 |
Pequeno adianto do novo traballo de Gabriel Pacheco con imaxes de sesións de bodyboard e un pouco de surf este verán pola costa galega. Amigos, sol, festa, acampadas e moita praia.
|
Ler máis...
|
Mércores, 05 Agosto 2015 09:08 |
Ángel Fotosplino xa está de novo pola Costa despois da última viaxe polo Oriente e como sempre volve a súa onda preferida na compaña dos seus amigos pra facer instantáneas tan fermosas como esta de Coto nun tubo cristalino. Outra cara deste slab mutante que tamén rompe días de metro cando as condicións son adecuadas. Foto inferior: Cristian Pérez.
|
Ler máis...
|
Martes, 28 Xullo 2015 08:43 |
Resumo dunha boa sesión veraniega nun dos slabs mutantes máis potentes das Rías Baixas na compaña de Jose Casiñas, Carlos Megino, Carlos Romero a.k.a Litos, Pablo González, Pablo Domínguez e Edgar Casal. Vídeo de Rafa Escate. |
Ler máis...
|
|